Kiko da Silva
(2011) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 20 de xuño de 1979 Vigo |
| Residencia | Pontevedra |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Educación | campus de Pontevedra Facultade de Belas Artes de Pontevedra |
| Actividade | |
| Ocupación | debuxante de banda deseñada, artista de banda deseñada, ilustrador |
| Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
| Sitio web | kikodasilva.blogspot.com |
Francisco Javier da Silva Irago, coñecido artisticamente como Kiko Da Silva, nado en Vigo o 20 de xuño de 1979, é un autor de banda deseñada historietista, ilustrador e director editorial galego.[1] [2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Xa de novo, con 17 anos, acadou o premio Ourense de Banda Deseñada ó mellor autor afeccionado. Licenciouse en Belas Artes pola Universidade de Vigo, na facultade de Pontevedra.
En 2002 comezou a publicar a serie Fiz nos biosbardos no semanario infantil Golfiño, distribuído por La Voz de Galicia, con historietas autoconclusivas dunha páxina a cor. Fiz, o protagonista, era un cativo cunha estraña afección aos residuos orgánicos.
Dirixe a revista de historietas semestral BD Banda, ademais de publicar algunhas historietas. A publicación naceu promovida polo propio Da Silva e Cano Paz, e contou con apoio institucional do concello de Pontevedra a partir do segundo número. En 2007 a publicación profesionalizouse coa colaboración da Editorial Kalandraka, sendo relanzada cun novo número un e distribución estatal cunha dobre edición en galego e castelán.
Participa na revista de historietas infantís Mister K con dúas series fixas: "Clases con guasa" (peripecias de Guasa, un estudante lacazán e non moi intelixente) e "TurisTeo" (relacionada co mundo das viaxes e con Teo como "presentador" da serie). Tamén debuxaba con frecuencia historietas da sección de actualidade ou tema de portada. Logo de colaborar nesta publicación, pasou a publicar de xeito esporádico en El Jueves, co personaxe Emilio Eurista.
Dirixiu a revista cómica Retranca e colabora habitualmente con La Voz de Galicia nas edicións locais de Pontevedra e Vigo, amais de ilustrar os monólogos de Róber Bodegas. No 2012 fundou a primeira Escola Profesional de Banda Deseñada e ilustración de Galicia, coñecida como O Garaxe Hermético, na que traballa como mestre.[3]

Nas Eleccións xerais de España de abril de 2019 foi candidato na lista do BNG ao Congreso dos Deputados pola Provincia de Pontevedra.[4] Repetiu candidatura nas de novembro do mesmo ano.
Ilustracións e obras
[editar | editar a fonte]- Laia, a nena da illa, de Ánxela Loureiro (1998). Vigo: Xerais. ISBN 9788483022481.
- O cumpreanos do rei Pericón, de Dolores Rial Fernández (1998). Vigo: Ir Indo. ISBN 978-84-7680-284-7.
- A verdadeira historia do pirata Xocas, de Milagros Oya Martínez (1999). Vigo: Ir Indo. ISBN 978-8476802816.
- A memoria das árbores, de Marcial del Adaliz e Xosé A. Neira Cruz (2000). Pontevedra: Kalandraka. ISBN 9788495123992.
- Moncho e a mancha (2002). Pontevedra: Kalandraka. ISBN 978-84-1343-098-0.
- Rato de Campo e rato de cidade, de Eva Mejuto (2004). Pontevedra: Kalandraka. ISBN 9788484641391
- Dez contos de Andersen, de Hans Christian Andersen (2005). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-8288-799-9.
- Fiz (2005). Faktoría K de libros. ISBN 978-84-934641-4-1.
- La noche de la reina Berenguela, de Xosé A. Neira Cruz (2005). Oxford University Press España, S.A. ISBN 978-84-9811-005-0.
- Que contan as ovellas para durmir? (2007). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-9151-100-7.
- O humor non engorda (2008). Biblos Clube de Lectores. ISBN 978-84-935609-9-7.
- Fiz. O neno máis porco do mundo (2013). Retranca Ed. ISBN 978-84-941632-1-0.
- El infierno del dibujante (2015). Dibbuks. ISBN 978-84-15850-80-9.
- O inferno do debuxante (2016). Deputación da Coruña. ISBN 978-84-9812-285-5.
- Verne imaxinado (2016). Deputación de Pontevedra. ISBN 978-84-8457-453-8.
- O picoto do pai (2017). Deputación de Pontevedra. ISBN 978-84-8457-474-3.
- Intraterra (2018). Deputación de Pontevedra. ISBN 978-84-8457-485-9.
- Aprende banda deseñada con Fiz (2019). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9121-493-9.
- Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis, de Chema Heras (2019). Pontevedra: Kalandraka. ISBN 978-8484644385.
- Orestes perde o sentido, de Rosa Aneiros (2019). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9121-474-8.
- A silveira (2021). Retranca Ed. ISBN 978-84-122411-5-0.
- "Castelao XXI", en Meu Castelao! (2025). Concello de Pontevedra. ISBN 978-84-09-80825-0.
Outros
[editar | editar a fonte]- En 2007 foi galardoado co Premio Xoán Manuel Pintos do Concello de Pontevedra polo "seu compromiso constante co galego, sendo un exemplo de normalidade no uso da nosa lingua desde o mundo da ilustración, do humor gráfico e da banda deseñada".[5]
- Tamén pintou un mural para unha biblioteca pública en Pontevedra.
- En 2018 estaba traballando na realización da súa primeira novela gráfica, Baixo a sombra das pedras flotantes.[6]
- Gañador do premio Castelao 2014 coa obra O inferno do debuxante, publicada en 2016.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "autor/a. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-05-26.
- ↑ Marta. "Kiko da Silva". Kalandraka TV (en castelán). Consultado o 2025-12-30.
- ↑ "Kiko da Silva. Dibbuks". www.dibbuks.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-26.
- ↑ "Candidatura por Pontevedra". BNG - Bloque Nacionalista Galego. Arquivado dende o orixinal o 31/03/2019. Consultado o 9/3/2019.
- ↑ "Kiko da Silva". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-26.
- ↑ "«Baixo a sombra das pedras flotantes» (trailer). Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2019. Consultado o 2019-05-26.
- ↑ "Kiko da Silva, Premio Castelao por “O inferno do debuxante”". Sermos Galiza. 30/6/2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kiko da Silva |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Blog do autor
- Kiko da Silva en Culturagalega.org
- Páxina oficial do Garaxe Hermético