Hiva Oa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Hiva'Oa")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Hiva Oa
HIVA OA, TAHUATA.JPG
Localización
Localización
Situación
País Francia
Colectividade de ultramar Polinesia Francesa
Arquipélago Illas Marquesas
Mar Océano Pacífico
Coordenadas 9°45′S 139°0′O / -9.750, -139.000
Xeografía
Superficie 316 km²
Longura máxima 35 km.
Largura máxima 12 km.
Punto máis alto 1.213 m. Monte Temetiu
Demografía
Capital Atuona
Poboación 2.190 (2012)
Densidade 6´9 hab./km²
Vista do interior de Hiva´Oa

Hiva´Oa é unha illa das Marquesas, na Polinesia francesa. É a máis grande do grupo sur do arquipélago.

A illa é montañosa e alargada, con 40 km de longo e 10 km de ancho, e 320 km² de superficie total. A capital é Atuona situada ao sur da illa ao pé do monte Tematiu de 1.276 metros de altitude. Atuona era antigamente a sede do goberno das marquesas ata que foi substituída por Taiohae na illa de Nuku Hiva, deixándoa como sede do goberno rexional das illas do sur.

De acordo coa relixión local, os deuses crearon as Marquesas como o seu fogar. Polo tanto, todas as illas teñen nomes que están relacionados coa construción dunha casa, o nome Hiva´Oa en marquesano significa «cumio longo».

Xeografía[editar | editar a fonte]

Hiva Oa é a maior e máis fértil das illas Marquesas do sur e a segunda en extensión de todas as illas Marquesas, só detrás de Nuku Hiva. Do mesmo xeito que en todas as Marquesas máis grandes, Hiva Oa conta con acantilados que ascenden abruptamente desde o océano a unha columna interior agreste de montañas volcánicas, cumios e profundos vales illados. A diferenza da maioría das outras illas da Polinesia cerca do ecuador, non hai franxa de arrecife de coral que protexan a Hiva Oa dos embates do océano e só uns poucos ancoraxes protexidas e praias de area atópanse diseminadas pola costa. As viaxes ao longo da costa fanse en barco xa que a maioría dos terreos costeiros son demasiado escabrosos para facer estradas. Uns camiños de terra atravesan o interior unindo as aldeas e os asentamentos da costa.[1] O Aeroporto de Atuona está situado a unha altura de 451 m. nunha meseta cerca do centro da illa e ten unha pista de superficie de asfalto de 1.215 m. de longo con voos diarios a outras illas Marquesas e Tahiti.[2]

A característica xeolóxica máis sobresainte de Hiva Oa é o volcán colapsado Temetiu. A baía semicircular de Ta'a Oa, tamén chamada a Baía dos Traidores, atópase no cráter do volcán, cuxas paredes soben bruscamente a 1000 m. por encima da baía. Dentro de Ta'a Oa está a Baía Atuona e aadxacente Taha Uku, que son os mellores ancoraxes da illa. Taha Uku ten un dique de protección construído en 1981..[3]

Hiva Oa está separada da próxima illa de Tahuata cara ao sur por unha ancha canle de 4 km. chamada Ha'ava ou a Canle de Bordelais.

Historia[editar | editar a fonte]

Existen numerosos restos arqueolóxicos que fan pensar que a illa estaba densamente poboada na época pre-europea. Hiva´Oa foi descuberta por Álvaro de Mendaña e Neira en 1595, que a chamou Dominica en honra a Santo Domingo. Ata o século XIX foi pouco frecuentada polos navegantes debido á poboación belixerante e agresiva. Finalmente a illa foi pacificada polo francés Dupetit-Thouars nos anos 1880. O pintor Paul Gauguin morreu en 1903 logo de pasarse os últimos anos fuxindo do ambiente colonial de Tahití.

Entre 1904 e 1940 Atuona foi a sede da administración francesa das Marquesas, e sé do obispado entre 1893 e 1961. Tamén foi o lugar onde se retirou o cantante belga Jacques Brel, que morreu en 1978. Atuona dispón dun museo dedicado a Gauguin con copias das súas obras, a reconstrución da súa casa e unha reprodución da escultura de bronce Oviri. O cemiterio do Calvario, onde están enterrados Gauguin e Brel, converteuse nun lugar de peregrinación turística.

Poboación[editar | editar a fonte]

Estas estatuas de pedra chámanse Tikis, e son abundantes en Hiva Oa, especialmente preto da localidade de Puama'u na costa nordés.

En 2012, a poboación de Hiva Oa era 2.190 habitantes, dos cales 1.845 vivían na comuna de Acounda e 345 na aldea de Puama'u.[4] Os habitantes falan a lingua marquesana do sur, en relación con outras linguas polinesias, e o francés.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gillespie, Thomas W. "Marquesas Islands: Tropical Dry Forests of the Pacific" http://www.sscnet.ucla.edu/geog/tdfpacific/marquesas_islands.html, accessed 4 Dec2013; Google Earth
  2. http://www.airgorilla.com/airports/pacific/french-polynesia/hiva-oa-marquesas-hix.html, accessed 4 Dec 2013
  3. "Hiva Oa" http://www.crwflags.com/fotw/flas/pf-mq-ho.html, accessed 4 Dec 2013
  4. La population légale au 22 août 2012

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]