Conversa usuario:Albert galiza/Arquivo 12

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
System-file-manager.svg Arquivo de mensaxes antigas:   1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15  

Igrexa de san Miguel[editar a fonte]

Tendo en conta a fidelidade das primeiras edicións deste artigo non sei ata que punto podemos pedirlle referencias a "Carallo 29" sen pedilas tamén ó primeiro editor. Non atopo por ningures ningunha mención a ningunha capela ou igrexa ; si que se destaca, na web de Pontecaldelas e nunha guía turística que teño, unha capela en Tourón (e románica, do XII) pero non sei se será a mesma ou non. Pode ser que sexa a parroquial de Tourón, aínda que estea situada no lugar, ou pode ser unha fantasmada máis daquel editor. Calquera día vou dar unha volta por Ponte Caldelas, a comprobalo in situ. Pedro --Lameiro (conversa) 17:14, 25 abril 2009 (UTC)

RE: Nivel de risco para as especies[editar a fonte]

O corazón dime que deberiamos indica-la situación en Galicia, pero seguindo o principio de que esta nosa Galipedia non é unha enciclopedia DE Galicia senón EN galego, non nos queda máis remedio que da-lo nivel de risco da especie a nivel mundial (e segundo a UICN, a poder ser, o que nos leva a comproba-la fonte dos actuais niveis de risco nas especies que o teñan no cadro). No caso de que a situación particular da especie en España ou en Galicia sexa diferente, e o caso da pita do monte ou o arao son excelentes exemplos, habería que indicalo no texto, nunha sección de distribución. ¿Váleche como solución? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:27, 29 abril 2009 (UTC)


Destilición fraccionada[editar a fonte]

Ola Albert, o artigo destilación fraccionada contén dúas fotos baixadas directamente de google pola súa autora xa que ela descoñecía que eso non se podia facer, según me dixo. Habería que eliminalas seguindo o procedimento establecido, e como eu non o teño moi claro, poderías encargarte de facelo se non é moita molestia?. Un saúdo--Calrosfking (FÁLAME) 18:58, 30 abril 2009 (UTC)

Aa (planta)[editar a fonte]

Ola. Escribíache para ver se me podías botar unha man. No articulo Aa (planta) quería pór a taxonomía do xénero, pero non son capaz de pór a caixa sen que me faga estraños. ¿Sabes como se debe pór? Un saúdo --Jordav 19:44, 1 maio 2009 (UTC)

Antes de nada agradecerche a rapidez da túa resposta. A verdade é que supoño que o problema da imaxe deberon tela tamén noutras wikis xa que fan uso dunha imaxe para dicir que non hai ningunha dispoñible. O que fai que me pregunte se temos algunha imaxe dese tipo na Galipedia. Un saúdo --Jordav 13:31, 2 maio 2009 (UTC)

Corrección no nome de usuario[editar a fonte]

¿Podes retirar o til do meu nome de usuario? Súalaxe>Sualaxe Creo que tes atribucións para facelo.. De non ser así, ¿podes indicarme a quen debo dirirxime? Grazas --Sualaxe 12:42, 2 maio 2009 (UTC)

Ancho de Banda[editar a fonte]

Ola. Sinto molestarche de novo, pero non sei a quen máis dirixirme para resolver as miñas dúbidas :$ Fixen o articulo de Ancho de banda pero non sei categorizarlo. ¿Tes algunha idea? É que por agora non me manexo moi ben coas categorías e se me sacas da música, non sei cales existen. Un saúdo. --Jordav 18:44, 2 maio 2009 (UTC)

Grazas polas indicacións sobre a categoría, agora póñoa (tamén vou mirar de pór algunha categoría relacionada coa Física). Sobre o nome do articulo, agora fasme dubidar. A verdade é que me baseei na miña propia experiencia persoal, xa que un dos poucos profesores que tiña na Universidade que impartía as clases en galego, usaba ancho de banda, pero iso realmente non significa nada e o feito de en portugués utilícese largura de banda, faime dubidar bastante da forma correcta. Por agora déixoo así, se aparece alguén que o teña claro, que o cambie. Non se se debería polo na pagina de conversa do articulo. Un saúdo--Jordav 17:29, 3 maio 2009 (UTC)

A teima de Contixe[editar a fonte]

Ola, Alberte. Olla para a IP 83.35.182.176.--Atobar (conversa comigo) 13:17, 4 maio 2009 (UTC)

Obrigado[editar a fonte]

--Sualaxe 12:38, 5 maio 2009 (UTC)

Dereito de imaxe[editar a fonte]

Boas, Albert. O usuario Rabalexo está subindo moitas fotos que aparecen nunha web: http://rabalexo.com.sapo.pt/tamega.html Segundo el, son súas. Eu non sei, pero déixocho dito para que actúes se é que cómpre actuar. En calquera caso, parece que a intención do usuario é boa. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 14:16, 5 maio 2009 (UTC)

Fotos de Rabal[editar a fonte]

E como lle poño a paxina unha licenza compatible coa Wikipedia ¿teño que ir foto por foto ?

Fotos de Rabal[editar a fonte]

Poderia valer asi, Rabal fixate abaixo de todo a esquerda

Fotos de Rabal[editar a fonte]

Agora si que deberia de estar,por certo.¿As paxinas institucionais ou as dos concellos consideranse de dominio publico?

bloqueo IP[editar a fonte]

O seu enderezo IP é 85.91.87.250 e o ID do bloqueo é #2753.

Ola Albert, son prof. de informática no IES Pobra do Caramiñal, ó que corresponde este IP que tedes bloqueado. Sinto o problema que tivechedes, con absoluto descoñecemento pola nosa parte, imaxino que algún alumno dende os PCs da biblioteca, que son de uso aberto teríavos amolado. O noso problema agora é que quero engadir contidos con un grupo de alumnos, e temos que estar creando as contas dende a casa, xa que estamos bloqueados. É a primeira vez que abordamos esta actividade, polo que de antemán pido disculpas polas meteduras de pata que cometamos. Agradecería que nos desbloqueases a IP, tentaremos controlar no posible ese tipo de actuacións, ainda que non creo que poida garantizar que non se repitan. O que sí poño á túa disposición un correo: infiespobra@gmail.com e o tfno do centro: 981833900.

Gracias e novamente disculpas en nome do centro.

J. Angel Vidal--Infiespobra 09:27, 6 maio 2009 (UTC)

Toponimia[editar a fonte]

Boas, Alberte. Deixei unha pregunta na páxina de conxersa de Xas que igual ti me sabes responder. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 15:52, 6 maio 2009 (UTC)

Graciñas. É de abondo. Eu creo que vale ben a información que se fornece. Máis ou menos era o que me parecía. Un día hai que se pór coas reformas, pero mellor cando haxa unha liña máis concreta a seguir. Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 16:46, 6 maio 2009 (UTC)

Paxinas do concello[editar a fonte]

Vin que facian faia fotos do concello de Oímbra, que é onde vivo, se falo co alcalde seguro que mas deixa coller da paxina web pero ¿Como se poderia facer isto digamos ca lei na man?--Rabalexo 20:59, 6 maio 2009 (UTC)

Vándalos[editar a fonte]

Alberte, a ip 85.91.86.169 está dando problemas. Sempre cho digo a ti, pero é porque es o que máis axiña aparece por aquí. Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 11:33, 7 maio 2009 (UTC)

Boas[editar a fonte]

Estiven a ollar na web da xunta e atopei isto:

Reprodución

  • A reprodución dos contidos desta web está autorizada sempre que se cite a súa orixe ou se solicite autorización.

(Podes comprobalo na web). Polo tanto, poderíase subir o logo da Xunta? --Norrin_strange (Fala-me) 10:49, 8 maio 2009 (UTC)

Contixe[editar a fonte]

Veño de che enviar un e-mail ao respecto.--Atobar (conversa comigo) 15:11, 13 maio 2009 (UTC)

Xosé María Álvarez Blázquez[editar a fonte]

Ola Alberte. Este usuario vandalizou en tres ocasións a páxina de Xosé María Álvarez Blázquez. Os cambios xa foron revertidos, pero se cadra sería bó bloquealo un tempo, protexer a páxina, ou amboa. Saúdos. --Iago dime 12:19, 18 maio 2009 (UTC)

Licenzas das fotos[editar a fonte]

Boas, Alberte. Confírmame se podo coller estas fotos do Flickr para o artigo Manifesto polo galego en 2009. E bótalle un ollo ao que me dixo Norrin Strange na páxina de conversa, que eu non sei se leva ou non razón, pero dende logo de ser así sería un puntazo. Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 15:24, 18 maio 2009 (UTC)

Vándalos[editar a fonte]

O usuario Ordenes coido que ten que ser bloqueado. Olla para o seu historial de contribucións. Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 11:01, 19 maio 2009 (UTC)

O mesmiño para esta IP: 83.38.150.136.--Atobar (conversa comigo) 12:03, 19 maio 2009 (UTC)

A Pobra e o IES Pobra[editar a fonte]

O artigo A Pobra do Caramiñal está copiado de http://pobra.wikispaces.com/. Cabe supoñer que son os mesmos autores. Xa borrei hai días o texto copiado pero hoxe volvérono repoñer, mesmo cos erros que contén a páxina orixinal (aos númerosos cruceiros") e as referencias ás fotografías que mostra (Ficheiro:Fotos atletismo1.gif width="272" height="330" align="left"). Deste xeito non creo que se favoreza a colaboración dos estudantes nin a calidade da Galipedia. Insisto no borrado destes contidos e nunha advertencia ós usuarios. A web que cito non está mencionada no artigo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17:40, 20 maio 2009 (UTC)

  • De acordo, Alberte. Claro que hai material aproveitable pero o que non sei se darlle nós formato e estrutura é moi didáctico (que sobreentendo que te preocupa). Métome co artigo axiña. Pedro --Lameiro (conversa) 19:04, 20 maio 2009 (UTC)
    • Bueno, xa está, máis ou menos, rematada a corrección e a wikificación. A ve-lo que dura. O caso é que buscando confirmación a algún dato atopei estes rapaces copiaron a sección de Pazos da web da Deputación da Coruña [1], e iso si que non pode ser. A ver se mañán se dou outra volta máis para que quede máis "propio". ¡Vaia traballiño, chacho! A próxima vez tócache a ti aproveitar e reestrutura-lo texto. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:28, 20 maio 2009 (UTC)

Páxina de usuario[editar a fonte]

Por certo, Alberte, acabo de mirar a túa páxina de usuario de pasada e vin que tes posto Caixón desastre. Non sei se está feito a propósito, pero polo si ou polo coméntoche que é caixón de xastre. En castelán Cajón de sastre. Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 13:55, 24 maio 2009 (UTC)

redirección[editar a fonte]

ola Alberte! A ver se me podes axudar cun asunto. Nos modelos de concello de Melide e A Pobra do Caramiñal, en vez de ligar cara a provincia da Coruña (contraído), liga cara a provincia de A Coruña. Sería posible resolvelo?

Unha vez feito, habería que marcar como lixo a redirección provincia de A Coruña, dado que debe facer contracción.

Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 15:46, 24 maio 2009 (UTC)

Imaxes dun artigo ao outro.[editar a fonte]

Olá, Alberte. Vexo que es un galipedista 'pro', ou iso semella. Rexistreime onte, e estaba a botar unha ollada no artido da selección galega da Wikipedia en inglés. Alí vin que a imaxe que debera amosar como é a camisola do equipo non é a correcta, pois aparece como totalmente branca... Cómo podo facer para exportar a imaxe da galipedia cara aló? É posíbel isto? Hai que pedir permiso ao usuario que a subío o artigo da galipedia?

Non me entero moito, a verdade. Estareiche agradecido por todo canto teñas a ben escrarecerme.

Obrigado, e saúdos!

Wikipedia:Bots/Peticións_de_aprobación#Rubinbot[editar a fonte]

Hello! Could you look again, please ? Test edits made... Rubin16 19:12, 26 maio 2009 (UTC)

Toxicidade do paracetamol[editar a fonte]

Boas, Alberte. Veño de ler o teu comentario da taberna. Cando teñas tempo, mira o artigo Toxicidade do paracetamol e corrixe o que sexa necesario, amais de lle pór o Modelo de aviso médico. Creo que foi Lameiro quen lles deu reiterados avisos para que seguisen as normas de Galipedia, e coido que a idea dos editores é boa, que actúan de boa fe e que paga a pena axudarlles ao comezo para se cadra telos colaborando seguido máis adiante. Eu fixenlle unha boa poda ao texto en cuestión, e cando o leas verás que aínda vai pasando. Co engadido do modelo e co aviso médico pódenos quedar un artigo bastante xeitoso con vistas a que sexa un referente á hora de faceren outros cos que xa están encerillados. O dito, que lle botes unha ollada cando teñas tempo. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 20:54, 1 xuño 2009 (UTC)

Correo[editar a fonte]

Alberte, mira o correo. Pedro --Lameiro (conversa) 21:11, 4 xuño 2009 (UTC)

proposta para o bot[editar a fonte]

Ola, Alberte!

Teño unha proposta para o teu bot. Sería posible mudar Suiza por Suíza, e despois eliminar a primeira? Se vai mal ou andas mal de tempo avisa, e faise a man.

Tamén me porei con EEUU -> USA, e cousiñas así, pero con calmiña :)

Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 10:14, 5 xuño 2009 (UTC)

Vandalismo[editar a fonte]

Olla para as actuacións desta IP. 91.116.189.165 . Un sáudo.--Atobar (conversa comigo) 18:08, 5 xuño 2009 (UTC)

Península Ibérica[editar a fonte]

Bótalle un ollo ao que lle escribín a RNC na páxina de conversa. A ver se che interesa. Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 16:47, 6 xuño 2009 (UTC)

Comentario[editar a fonte]

Ola Alberte! Graciñas polo teu comentario. Supoño que viches cousas escritas coa axuda do usuario Atobar, pois son a súa moza... Tedes un proxecto bo, parabéns. Vémonos por aquí. Guldhammer 08:50, 13 xuño 2009 (UTC).

Referencias agrupadas[editar a fonte]

Xa me saiu, moitas grazas!! Un saúdo--Lala Lugo 16:03, 17 xuño 2009 (UTC)

Núremberg[editar a fonte]

Entón, ¿non se deberían borra-las entradas Nuremberg e Nuremberg - Nürnberg, sen til? Pedro --Lameiro (conversa) 20:19, 19 xuño 2009 (UTC)

RE:Francisco Rodríguez[editar a fonte]

Pois trócoo por "voceiro", que che parece? --Norrin_strange (Fala-me) 18:56, 20 xuño 2009 (UTC)

conversas e historiais[editar a fonte]

¡Que me dis! Iso é demasiado para min, así que, se ten solución queda nas túas mans. O caso é que non é exactamente "mover", xa que algún dos vellos arquivos vai parte a un ano e parte a outro. Vamos, que o tiña por paquetes dunhas 50 conversas e agora están por ano natural. Ti verás se ten arreglo, se non haberá que reverter eses borrados e recupera-los vellos arquivos. Un saúdo. Pedro --Lameiro (conversa) 20:23, 20 xuño 2009 (UTC)

Lmbuga[editar a fonte]

Grazas. Renuncio a empregar o usuario Xan de ningures (creo -ademais- que non vou ter problema con fotos que puidese subir con ese usuario; creo que non preciso mudar licenzas; se o precisase, comunícaríao previamente). Espero poder ser construtivo, inda que non teño pensado, polo de agora, facer moita cousa (xa sei que non te refires a iso): quizais crear algún artigo ou, como moito, categorizar algunhas fotos... En nadal quizais asuma algún quefacer de control, mais sen sentirme o responsable de ningún labor. Desexo empezar con calma e distante de votacións e elucubracións de calquera índole.

Procedo ademais a escribir as respostas na miña páxina de usuario para que as miñas conversas poidan ser doadamente seguidas. Grazas de novo-- Lmbuga / Conversa comigo  18:01, 25 xuño 2009 (UTC)

Edicións de Rosamf[editar a fonte]

Boas, Alberte. Bótalle un ollo ás contribucións do novo usuario Rosamf. Non parece que sexa todo fonte limpa, semella máis ben unha posta en marcha persoal de propaganda do reintegracionismo e amais non sei até que punto se pode andar englobando nas categorías aos autores na nova categoría que creou. Olla tamén para a páxina de conversa de Categoría:Reintegracionismo. E outra cousa, sóame que nos pon til non nomes para categorizalos. Así por exemplo, as mudanzas feitas no artigo de Xabier Alcalá, non sei se non estarán tamén mal. Un saúdo e xa me dirás. --Atobar (conversa comigo) 15:26, 26 xuño 2009 (UTC)

Usuario Ibérico[editar a fonte]

Alberte, bota un vistazo á proposta e discusión sobre a actuación de Ibérico en http://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Taboleiro_dos_administradores/Problemas_varios#Usuario:Ib.C3.A9rico. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:44, 27 xuño 2009 (UTC)

Foto Premio Pritzker[editar a fonte]

Ola, estou editando de novo o artido sobre o premio pritzker e decateime de que a imaxe da medalla [2] está sen licenza. Cargeina eu fai anos e penso que debería ser borrada. Como administrador que es, poderíalo facer ti? Un saúdo, --PortoFaládeme aquí 15:23, 27 xuño 2009 (UTC)

Graciñas --PortoFaládeme aquí 15:37, 27 xuño 2009 (UTC)

Ficheiro:Ramón Piñeiro Siro López.jpg[editar a fonte]

http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia%3ATaboleiro_dos_administradores%2FImaxes&diff=1213100&oldid=1195994 -- Lmbuga / Conversa comigo  02:16, 1 xullo 2009 (UTC)

Retiro o expresado conforme o dito en http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Conversa_usuario%3ALameiro&diff=1213120&oldid=1213081-- Lmbuga / Conversa comigo  04:04, 1 xullo 2009 (UTC)

Foto Fjarðaál-Reyðarfjörður[editar a fonte]

Ola Albert, o arquivo "Ficheiro:Fjarðaál-Reyðarfjörður12.JPG" é unha foto do fiordo e da planta de aluminio que mencionas no artigo (concretamente de cando estaba en construcción). Tamén existe o "Ficheiro:Fjarðaál-Reyðarfjörður10.JPG", no que se ve moi ven o fiordo pero non tanto a planta. Un saúdo --Lala Lugo 15:55, 3 xullo 2009 (UTC)

erros de edición[editar a fonte]

Boas. Estiven ampliando unha entrada sobre "os pitufos" e vin o letreiro de aviso que se refire ao uso incorrecto das ligazóns. Son novato nisto e non sei como solucionalo. Poderíame esclarecer como podo amañalo? Perdón polos erros e grazas por adiantado.--{{SUBST:Usuario:Lápisdecores/Lapisdecores}} 22:29, 10 xullo 2009 (UTC)

Comprobar imaxe[editar a fonte]

Ola Albert galiza. Debe estar pasando algo raro co meu navegador, podes comprobar se se visualiza correctamente a imaxe que puxen na Fonsagrada? Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:17, 11 xullo 2009 (UTC)

Pois debe ser cousa do servidor, hoxe houbo problemas. Haberá que comprobalo máis tarde. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:23, 11 xullo 2009 (UTC)

Taxobox[editar a fonte]

Ola Albert, poderías botarme unha man co modelo Taxobox. Cando eu poño a categoría VU (Vulnerable) no modelo, non me aparece a imaxe correspondente que sería Ficheiro:Status iucn3.1 VU gl.svg, no seu lugar aparece Ficheiro:Status iucn2.3 VU gl.svg, porén cando reviso o modelo, nel aparece VU = Ficheiro:Status iucn3.1 VU, polo que non sei de onde sae o outro código de imaxe. Isto só acontece cando se pon VU nas outras categorías non hai erro. Espero que me entenderas--Hugo22 14:29, 19 xullo 2009 (UTC)