Conversa usuario:Albert galiza/Arquivo 9

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arquivo de mensaxes antigas:   1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15  

Welcome back[editar a fonte]

Benvido! Que tal por Malta? Aprenderías moito inglés, non? E as maltesas/italianas/guiris en xeral que tal? :D Bueno, xa me contarás :). Cando poidas revisas isto? Moitas grazas meu! --Banjo tell me 18:05, 21 xullo 2008 (UTC)

uma cousinha[editar a fonte]

Poderías propor Nacionalismo galego como artigo destacado? Eu ía facelo, pero é que saen unhas cousas raras. Grazas.

Esquecera firmar -- Norrin_strange (Fala-me) 17:30, 24 xullo 2008 (UTC)

Borrar imaxes ?? coma fago??[editar a fonte]

Ben, hai un par de meses subin unha imaxe que estaba na wiki inglesa, pero hai moi pouco, alguen subiu a mesma imaxe da wiki inglesa a commons e claro para que se quere a imaxe subida na wiki galega se xa se pode pillar dende commons, asi que coma fago para borrar esta imaxe [ http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Imaxe:Xemini_visualizacion_alternativa.PNG xemini visualización alternativa].--Xabier Cancela (fálame 14:13, 26 xullo 2008 (UTC)

Boas, Alberte. Fixen uns trocos en Modelo:País desaparecido para que quedasen as cousas mellor. Podes ver o resultado en URSS - CCCP, en "precedido por" e "sucedido por". O único que non sei facer é poñer unha liña debaixo de moeda para que non se mesture co anterior, a ver se ti sabes. Grazas.-- Norrin_strange (Fala-me) 12:15, 31 xullo 2008 (UTC)

Outra vez eu[editar a fonte]

Boas. Estiven ollando o artigo romanización do ruso, e, empréguese o sistema que se emprege para transliterar, a letra И do alfabeto cirílico sempre se translitera como I. A cousa é que Stalin escríbese en ruso Иосиф Сталин e, consecuentemente, a transliteración correcta é Iosif Stalin e non Josef Stalin. Poderías mover polo tanto Josef Stalin a Iosif Stalin? Grazas. -- Norrin_strange (Fala-me) 13:40, 2 agosto 2008 (UTC)

Ola Albert é que non te gusta que traballe eu para aqui porque eu non traballo para que ti elimines o que eu fago simplemente escrives na miña parte de conversa e me dis que é o que falla para asi eu poder cambiar a información.Espero que si eu volvo a facer o que ti borraches non pase o mesmo só quero que me deixes o que vai mal e corrixireino na miña parte de conversa.Por favor quero levarme ben contigo. --Daniel Pita López 22:08, 3 agosto 2008 (UTC)

Ola Albert estas buscando o motivo de que eu deixe de traballar para aqui porque estas facendo outra vez das tuas e iso ten que rematarse enseguida quero que deixes na miña parte de conversa o problema que tes ti conmigo ou é que non sabes que tamén hai que incluir páxinas de parques acuaticos para esta páxina web e quero que poñas como podo facer que Aqua Park sexa enciclopedico ou é que ti endexamais has estado en Aqua Park.--Daniel Pita López 13:31, 4 agosto 2008 (UTC)

Perdon polo de arriba pero é que non me gusta nada que me eliminen as páxinas que eu fago e con razon porque a ninguén lle gusta que lle fagan algo que lles gusta sen dicir como arranxalo antes de borrar unha páxina o máis sensato é que digas con boas palabras como facer que a páxina non sexa borrada dicindo que é o que cambiar polo que non vale polo que si vale. --Daniel Pita López 14:39, 4 agosto 2008 (UTC)


Pazo de Meirás[editar a fonte]

Porque quitaches a imaxe que subín??--Hugo22 12:39, 5 agosto 2008 (UTC).

ola Alberte; vin no historial que tes o libro na casa; poderías completar os datos relativos ó nome do/a tradutor/a, editorial e ano da edición en galego, e estas cousas? Moitas grazas. Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 03:01, 6 agosto 2008 (UTC)

Ok, poderías corrixir a licenza?--Hugo22 16:05, 7 agosto 2008 (UTC).

Xa ves que son eu outra vez. A cousa é que quería preguntar que facemos con xente como José Luis Álvarez Enparantza, por exemplo. é dicir, os "membros de organizacións ilegais, onde van? Poderíase crear unha categoría de "membros de organizacións ilegais"? A cousa é que é máis sinxelo poñelos dentro dunha categoría "terroristas", pero non sei se é isto neutral. Abofé que estaremos todos d acordo no caso de ETA... pero no caso do EZLN, por exemplo? . Ben, concretando, que se e pode crear unha Categoría:Membros de organizacións armadas dentro de Categoría:Personalidades da política. -- Norrin_strange (Fala-me) 20:30, 8 agosto 2008 (UTC)

  • Grazas, pero eu buscaba unha regra xeral. O que sí que se podería facer é, por exemplo, unha categoría "Membros de ETA" dentro da categoría ETA, de feito eu pensaba nalgo así cando fixen o artigo "Antón Arias Curto". -- Norrin_strange (Fala-me) 06:31, 9 agosto 2008 (UTC)
    • Vouche dar un pouco o coñazo, porque últimamente estiven vendo artigos sobre a ex-URSS, e as transliteracións adoitan ter moitos erros, seica por culpa da prensa internacional. Un exemplo disto é Boris Yeltsin cando o seu apelido transliterado non comeza por Y senón por E. O outro é que gustaría de que botaches unha ollada a isto e me dixeses que pensas: Conversa:Abkhazia do que puxen alí. -- Norrin_strange (Fala-me) 20:04, 13 agosto 2008 (UTC)
      • Grazas Alberte, seguireu os teus consellos. Por certo, gústame o teu blogue. Eu tam´çen teño un. -- Norrin_strange (Fala-me) 15:43, 15 agosto 2008 (UTC)

The Ogre[editar a fonte]

Obrigado! Saúdos! The Ogre 01:02, 26 agosto 2008 (UTC)

Grazas polo saúdo[editar a fonte]

Artefactos é o meu primeiro artigo e como membro do grupo pode que cometera erros debido ao valor sentimental dos datos que teño, nembargantes creo que están corrixidos pra que sexan enciclopédicos e non literarios. --Domato 22:56, 30 agosto 2008 (UTC)

O artigo stoner se atopa fusionado co artigo stoner rock cómpre eliminar o artigo stoner xa que a denominación stoner rock é máis correcto. O motivo de que che poña este comentario é que non sei como facelo ou se eu non teño o permiso para facelo.

Saúdos Domato 21:56, 31 agosto 2008 (UTC)

Ola o meu dominio do galego non pode ser escaso ademáis teño un diccionario de Castelan-Galego e en google esta o traductor de galego ademáis non entendo porque o plural de loitadores non é loitadois sindo o plural de nuclear nucleais non esqueces que eu estudiei galego como para saber que o plural das palabras que rematan en il é is,que a o h en galego é f cando tratase de verbos que non sexa haber tamén sei nomes de animais,que a y no galego non existe e que a j non sempre no galego é ll. Asi que non me fagas rir porque os verbos en galego os que son con doble é en castelan no galego levan unha soa é por exemplo crer e ler,tamén sei que en,con,de,se e me cambian cando estan cos artigos o,a,os,as e igual que con un,unha,uns,unhas,tamén sei abrebiaturas como á,ás,ao,ó,aos,ós ou unha frase eles deixaronno moi mal a el entre outras cousas. Pode que non controle eu de tis pero si controlo de outras cousas no galego.--Daniel Pita López 20:50, 4 setembro 2008 (UTC)

bloqueos[editar a fonte]

ola Alberte! Creo que te precipitaches ó bloquear á IP; no caso do "idioma híbrido", non creo que sexa un vandalismo, senón máis ben unha parvada; no caso da iw inexistente, xa me ten pasado. Presumindo a boa fe, quizais estivese creando o artigo na wiki en asturiano. A min xa me ten pasado, de pór unha wiki a un artigo que estou creando, e que mo borrasen de inmediato (agora xa aprendín e primeiro fago o artigo...).

Lamentablemente, acostumo escribir para dar tiróns de orellas. Por iso, non quero rematar sen darche unhas máis que merecidas boas palabras. Parabéns pola túa labor de administrador, tanto nas tarefas de bloqueo e borrado de artigos, como na de diálogo, paciencia e explicacións cos novos usuarios.

Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 16:37, 14 setembro 2008 (UTC)

Se me permites que te corrixa...[editar a fonte]

Permíteme que che faga unha corrección: tes unha subpáxina chamada "Usuario:Albert galiza/Aportacións", podes comprobar no VOLGa (por exemplo) que "aportacións" non existe en galego, é un castelanismo. A palabra correcta en galego é "achegas". O erro está listado nos Erros de ortografía e dicir que tamén eu o cometía antes e xa mo teñen corrixido (bueno..., eu puxera "aporte"). Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 18:01, 19 setembro 2008 (UTC)


Albert, por que está bloqueada a Taberna?--Galiza por sempre e para sempre 18:15, 26 setembro 2008 (UTC)

Re:Taberna[editar a fonte]

Primeiro, Albert, douche as grazas por decirme onde poñer comentarios na Taberna. E segundo, dende o teu punto de vista do comentario que transladei a Técnica, tes a razón. E terceiro, agora xa coñezo onde estaban os Modelos;ainda que manteño, polo menos, a idea de crear un Portal sobre ese tema. Moitísimas grazas pola túa axuda. Galiza por sempre e para sempre 09:57, 27 setembro 2008 (UTC)

Poboación de Xerusalén[editar a fonte]

Ola. Acabo de fixarme de que, ao actualizar a demografía de Israel, puxera mal a poboación de Xerusalén (puxen o mesmo tanto na poboación do país coma da capital). Graciñas por correxilo. --Iago 12:57, 27 setembro 2008 (UTC)

Coma fago para cambia-lo nome dunha categoría?[editar a fonte]

Trabuqueime a hora de pórlle nome a un par de categorías dentro da Categoria de Constelacións, coma fago para cambiarlle-los nomes?--Xabier Cancela (fálame 13:29, 27 setembro 2008 (UTC)

Xa as marquei son Aquila e Ursa Major, a pena é que non se lle poida engadir o de Constelación de ... , así non faría falla volver a face-la categoría, a ver se más podes borrar entre hoxe e maña, graciñas --Xabier Cancela (fálame 16:22, 27 setembro 2008 (UTC)

Xa esta todo no seu sitio, graciñas.

Enprogreso[editar a fonte]

Albert, porque revertiches a colocación dos Modelos que coloquín?, non estaban ben?, eu creo que sí. Pola razón que fose, se foi unha mala colocación, douche as grazas.XD. Galiza por sempre e para sempre 21:24, 27 setembro 2008 (UTC)

Pontevedra[editar a fonte]

Albert!!!, axudame!!!, no artigo Pontevedra contamos cun escudo que nas demais Wikipeidias non aparece xa, polo cal, piche que me digas como trocar a imaxe. Por favor. Son Galego I love Galiza nas 07:56, do 19 abril 2024 (UTC).

Grazas por atender a miña dúbida do seseo, por agora deixareino así. Un saúdo--mariquinhagz 17:30, 28 setembro 2008 (UTC)

Re:Políticas e Tabernas[editar a fonte]

Albert, sintoo, e que eu non podo ver eso polo meu ordenador, entón non sei se esta ou non cunha cor. Son Galego I love Galiza mírame nas 07:56, do 19 abril 2024 (UTC).

Perdóa, Albert, sinto molestarte tanto coas miñas ideas e preguntas; o que quero e saber se che gusta a proposta de portada que diseñei, de feito, non habería que facer moito se se quixese poñer esa, so con facer o Modelo... e tamén habería que facer outro modelo coa actual, deixoo nas túas mans, e si che gusta, poderíase facer unha enquisa. Galiza por sempre e para sempre 20:12, 28 setembro 2008 (UTC)

Pontevedra78 Galiza Premios[editar a fonte]

Usuario:Pontevedra78/Premios en destaque

Artigo destacado[editar a fonte]

No artigo destacado desta semana observei así por riba erros do estilo "face-los recados". Non podo corrixilo eu mesmo polo bloqueo. A ver se lle podes botar unha ollada. Un saúdo! --GallaecioE logo? 15:06, 3 outubro 2008 (UTC)

Pois tes razón, si. É que eu de pequeno sempre usara esa forma, mais de súpeto desapareceu dos libros de texto. Supuxen que sería porque cambiaran a normativa. Grazas meu, sempre preferín esa forma :-D. --GallaecioE logo? 00:26, 4 outubro 2008 (UTC)

Ola Albert, non cres que a seccion que eliminei é máis propia do artigo sobre a lingua galega? Retirei ese apartado porque creo que pra ser un artigo sobre Galicia o apartado referente á lingua é demasiado grande, mentres outros como Política ou Cultura son ínfimos.--Hugo22 17:48, 5 outubro 2008 (UTC)

vandalismos[editar a fonte]

boa tarde!

cando fagas unha nova recompilación de vandalismos, recolle a do artigo USA da persoa que acabas de bloquear. Vaia edición máis incrible. En fin...

Lémonos! --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 14:05, 6 outubro 2008 (UTC)

Acuicultura[editar a fonte]

Boas, Alberte. Só un par de detalles sobre o que escribiches na versión anterior da sección de pesca e marisqueo da Economía de Galicia.

  • "...bateas... de onde se extraen moluscos bivalvos (mexillón, ostras e vieiras)". Nas bateas non se cultivan as vieiras senón só mexillón e ostra. Tamén se está experimentando con gaiolas flotantes para polbo, e tamén as hai para preengorde de rodaballo, pero a vieira segue recolléndose co raño no fondo do mar.
  • ... ou as cetarias, principalmente de rodaballo. Estas piscifactorías constitúen o 99% ...". unha cousa son as cetarias, nas que se manteñen os crustáceos -non se ceban nin medran- actuando como establecementos reguladores, e outra as piscifactorías, para peixes, onde si que se desenvolve o ciclo completo: reprodutores, ovos, larvas, peixiños e así ata peixes de consumo.

Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:52, 12 outubro 2008 (UTC)

Re: Beramendi[editar a fonte]

Ben, tratarei de facelo nestes días. Saúdos. --Xas (fálame) 22:32, 17 outubro 2008 (UTC)

Illa de San Simón[editar a fonte]

Ola, grazas polo teu comentario, pero explícoche o tema. Cambiei a verba polo senso da frase, non pola forma. Na frase pon "250 metros de longo e 84 de largo", cando longo e largo son o mesmo. Collas por onde collas a illa, sempre terá ou 250 de longo ou largo por 84 de ancho ou se o prefires do revés, 250 de ancho e 84 de longo ou largo, nunca como está actualmente "250 metros de longo e 84 de largo". Se che parece ben, dime algo, ok? --Seelah 10:19, 19 outubro 2008 (UTC)

moitas gracias por resolver o asunto pendente dos homónimos. Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 17:40, 19 outubro 2008 (UTC)

Modelo: Ficha de Álbum[editar a fonte]

Gracias polo aviso. Teño que decirte que xa ó vira cando comecei a facer as miñas primeiras entradas na Galipedia, o que pasa e que quería facer unha plantilla onde poidera poñer o tipo de álbum do que se trataba antes do nome do grupo (como se fai noutros idiomas) e de paso enlazalo coa entrada a esa definición. Agora ben, se estou incumprindo alguna das normas da Galipedia, non dudes en dicirmo, que uso ó outro modelo.

Remarcar que son novo en esto e que aínda estou un poco perdido, así que se pensas que se poden mellorar ás entradas que fixen non dudes en comentalo.

Un saudo. --Jordav 21:41, 19 outubro 2008 (UTC)

¡Hola amisto gallego, un saludo del amigo calabrés! Si puedo permitirme de preguntarte si puedes alargar el artículo sobre el actor campesino del Komissar Rex. Si me ayudas te traduciré en siciliano-calabrés una biografía o un artículo geográfico o un artículo de campo. ¡En la espera de una tuya contestada positiva te agradezco en antelación!--Lodewijk Vadacchino 21:48, 25 outubro 2008 (UTC)


Ola Alberte, subín o modelo que fixeches ao artigo sobre o concello de Vigo pra ver como quedaba. A verdade é que é moito mellor có anterior. Como derradeiro cambio, eu poríalle o nome do concello en negriña, poría o fondo do mapa de Galicia en cor Branco (pra que non quede o fondo azul) e retiraría a palabra concelleiros, que pos ao carón do número de concelleiros do concello. Polo demais está perfecto.--Hugo22 20:48, 27 outubro 2008 (UTC).

Desfixen un bloqueo teu por tres meses para bloquear de por vida[editar a fonte]

Ola Alberte. Desfixen un bloqueo teu por tres meses para bloquear de por vida. Lansbricae. Vou comunicalo na Taberna/novas. Unha acción coma esta debe ser considerada pola comunidade. Desculpa (non se debe a que fixeses algo incorrecto (ó revés, grazas), posiblemente se deba a que eu teño maior ousadía). Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  22:01, 27 outubro 2008 (UTC)

Ola Alberte, eu non eliminei o premio. Simplemente escribín a continuación que o rexeito.

Púxenme en contacto con es:Usuario Discusión:Victormoz para ter claro que é o que ocorre.

Polo momento vou xuntando motivos para bloquealo:

:* A creación dun premio e a concesión do mesmo a un usuario (Victormoz) doutra Wikipedia, que nunca editou na nosa, e que rexeitou un premio outorgado por el na Wikipedia española (motivo dun enfrontamento entre os dous) merece un severo correctivo. :* A súa sinatura (This Galipedia is not stupid) é insultante, especialmente en caso de controversia, e especialmente cando a mudou por haber controversia (véxase a súa sinatura anterior aquí e aquí). Evidentemente un usuario con experiencia suficiente para ter sido bloqueado na Wikipedia española varias veces, a última de por vida, sabe perfectamente que ese acto é punible e ten medo (ou pásase de listo), como demostra a ligazón anterior. :*O feito de que insista en que un usuario non pode renunciar a un dos premios por el concedido é un atentado contra a identidade dos usuarios da Galipedia: http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Conversa_Usuario%3ALmbuga&diff=960143&oldid=959990 . Esixo que o meu nome sexa retirado desa páxina. El di que non hai ningún problema, pero négase.

Só co primeiro destes motivos encontro causa suficiente para bloquealo de 1 a 3 meses. Se ademais, que é o que estou indagando preguntándolle a es:Usuario Discusión:Victormoz puido haber suplantación de identidade, o bloqueo podería ser superior. Polo segundo motivo, consideraría de 3 a 6 meses. Co terceiro, se insiste en non variar unha subpáxina de usuario Usuario:Pontevedra78/Premios en destaque, seis meses. Se se dese ademais que puidese haber unha suplantación de identidade, o bloqueo debe ser de por vida.

Sexa como sexa, vou solicitar o borrado no Taboleiro dos administradores da páxina Usuario:Pontevedra78/Premios en destaque e rogar un bloqueo preventivo de 3 meses a ese usuario polos motivos expresados. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  15:03, 30 outubro 2008 (UTC)

Por mor de non encontrar base a un comentario realizado na Taberna por outro usuario, borro as consecuencias dese comentario aquí. Procedo a facer solicitude no Taboleiro dos Administradores-- Lmbuga / Conversa comigo  15:18, 30 outubro 2008 (UTC)

Sintoo Alberte da molestia pero necesito que me axudes : non dou sacado a grafía que puxo o usuario Pontevedra78 na miña páxina de conversa. Molestame a vista para leer. Se non é posible facilmente dá igual, non hai morte e o caso diste usuario é unha pelicula de risas! Saúdos ElviraConversa comigo 19:00, 31 outubro 2008 (UTC)
Non sei si fixeches algo pero a mensaxe, que semellaba un spam desapareceu ! Todo vai ben ! ElviraConversa comigo 19:04, 31 outubro 2008 (UTC)

modelo "cita"[editar a fonte]

¡Ai, Alberte! Sinto que levaras o traballo de darlle formato cita a tódalas citas do artigo da morte. O caso é que non me gusta ese modelo, non me gustan esas comiñas tan esaxerás, e o formato que empreguei, sangrado e en cursiva pareceume máis estético. Bueno, tampouco non importa. Non te preocupes. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:21, 30 outubro 2008 (UTC)

Non, Alberte, que non te preocupes. Se a Galipedia se dotou dese modelo entendo que haberá que utilizalo. Que a min non me guste (esteticamente) é só problema meu. Ó mellor algún día propoño algo, pero mentres tanto ... sed lex, dura lex. Non penso reverter nada nin ti debes verte na obriga ningunha de facelo. Feito está, ben está. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:01, 30 outubro 2008 (UTC)

Por que borraches o artigo "Reformismo" e revisas o "Centrismo"? Aínda estou traballando neles... —o anterior comentario sen asinar foi feito por Davazpe.94 (conversacontribucións) ás 21:35 do 31 de outubro de 2008 (UTC)

Borrado de páxina[editar a fonte]

Ola Alberte. Por favor borra Wikipedia:Sobre_Galicia/novembro_2008/provisorio, creeina porque vin a mensaxe de Estevoaei no taboleiro e comprobei que era o único que podía ser destacado, porque era o único que cumpría os requisitos. Fixeno para gañar tempo cando comezase a editar un administrador. Desculpa se me precipitei, en ningún caso quixen interferir co procedemento de elección de artigos destacados. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:57, 1 novembro 2008 (UTC)

Ola outra vez. Na imaxe Imaxe:Resumo revisión orixe licenza Galipedia.png podes borrar as versións 1 e 2 (a que debe quedar é a 3)? e na imaxe Imaxe:Resumo corrección Galipedia.png a versión 2 (a que debe quedar é a versión 1). Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:31, 1 novembro 2008 (UTC)
Pódese borrar a primeira versión de Imaxe:Resumo corrección Galipedia.png, as dúas son idénticas. Outra cousa, podes combinar os historias de Usuario:Prevert/manual con Axuda:Fusionar historiais e logo borrar a primeira? Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:01, 1 novembro 2008 (UTC)

Borrados[editar a fonte]

Quero motivos do porque foron borrados o artigo do idioma otomano e de as FARC. Un saúdo e grazas. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Davazpe.94 (conversacontribucións) ás 20:15 do 1 de novembro de 2008 (UTC)

Borrados[editar a fonte]

Vale, grazas, pero iso do castelán poderíase traducir... —o anterior comentario sen asinar foi feito por Davazpe.94 (conversacontribucións) ás 20:24 do 1 de novembro de 2008 (UTC)

Himno de Riego[editar a fonte]

Perdoa, este artigo non estaba mesturado, agás as letras dos himnos, non se poden trocar e os enlaces... Un saúdo... —o anterior comentario sen asinar foi feito por Davazpe.94 (conversacontribucións) ás 20:33 do 1 de novembro de 2008 (UTC)

Seriedade[editar a fonte]

Se quere ser seria, eu non lle vexo moita seriedade deixando que calquera escriba... Iso poderíase correxir... Alguén o edita e punto... Un saúdo...

Pero é moito mellor ter unha estracción traducida dende outra lingua que nada.. Cando consigan algo xa o porán noutra versión... Así a Galipedia non vai dar avanzado...

En 1º lugar, aviso de que nunca empregaría traductor automático, sabe todo o mundo a súa incompetencia. En 2º, non é lixo, é intercambio de información, é unha cualidade que pdoemos aproveitar os que sabemos varias linguas... Un saúdo. --Davazpe.94 16:25, 2 novembro 2008 (UTC)

Bonjour,
You were wrong in deleting Malco (historiador) ; there are at least three « Malco » in Antiquity (see Malchus). Elwikipedista was right in building a new organization.

--Budelberger 14:50, 4 novembro 2008 (UTC) ().

Vin o texto "tes mensaxes novas", clickei nel e ponme "Ola ip, vexo que pides con bo senso o bloqueo dunha ip que realizou diversos vandalismos. Porén non a vou bloquear polo momento xa que todo parece indicar que a ip corresponde a un centro de ensino. Un saúdo, e grazas por andar atento ós vandalismos. Alberte Si, dígame? 13:03, 6 novembro 2008 (UTC)"

Pois ben: non me agradezas nada, porque non fun eu senon alguen con esta dirección. Case que prefiro que me bloquees porque nin participo e daríame vergonza apoiar un proxecto dirixido polos administradores actuais. Pareceme que facedes moito mal en canto á imaxe de Galiza e dos galegos. A intransixencia e a falta de escrupulos en bloquear e non respectar a opinion dos demais é aguda. Fronte a actuacions ao meu xuizo desequilibradas, propoñeche que sexas coherente e bloquees "ad aeternum" a IP coa que escribo. Supoño que algun amigolo desfacerá isto que escribo, dame igual, case mellor, confirmará o que digo.--213.170.46.90 17:30, 6 novembro 2008 (UTC)