Conversa usuario:Albert galiza/Arquivo 13
Arquivo de mensaxes antigas: | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Placa de Celso Emilio Ferreiro en Vigo.JPG
[editar a fonte]Espero que non pareza mal que propoña unha imaxe traballada por min. Eu considero que o que fixen non ten maior interese e que o mérito da foto é exclusivamente teu. Espero que che guste como deixei a imaxe. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo 18:41, 21 xullo 2009 (UTC)
50.000 artigos
[editar a fonte]Ei Albert! Desta vez non se vai poñer ningunha foto conmemorativa como noutras ocasións?--Hugo22 21:25, 23 xullo 2009 (UTC).
Grazas x dicirmo nn m dei conta peo paso de cambialo xq nn m dá a puta gana —o anterior comentario sen asinar foi feito por Martinho12 (conversa • contribucións) 24 de xullo de 2009, 00:28
Grazas por desfacer edicións vandálicas
[editar a fonte]Ola Albert galiza. Non sei o que pasou exactamente pero vexo que houbo moitas edicións vandálicas estes días. Poucas veces os colaboradores temos ocasión de agradecer o traballo que fan os administradores, ademais o verán acostuma ser un período moi esixente, de moito traballo para a administración. Aproveito a ocasión para darche as grazas por seguir aí adicando tempo a este proxecto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:17, 26 xullo 2009 (UTC)
"Literatura gallega"
[editar a fonte]Alberte, ¿que sentido ten o artigo Usuario:Ecemaml/Literatura gallega? ¿Un experimento? ¿Un erro? Bótalle un vistazo e xa me contarás. Lembra que xa temos o artigo Literatura galega. Graciñas, Pedro --Lameiro (conversa) 21:24, 26 xullo 2009 (UTC)
Grazas, Alberte
[editar a fonte]Neste caso, polo de usuario:Richy. Un saúdo.--Agremon(contacto) 14:01, 29 xullo 2009 (UTC)
Noraboa > Parabéns
[editar a fonte]Boas, Alberte. Noraboa é unha entrada incorrecta. Parabéns é a forma propiamente galega. Olla para aquí. A ver se o podes modificar no cadriño ese que aparece enriba felicitando ao persoal por termos acadado a cifra de 50.000 artigos. E xa postos, non sei se non sería bo poñelo máis grande, en negriña, con otra letra ou cun texto máis amplo, porque así como está ao meu ver fáltalle algo, non sei dicir ben o que. Un saúdo e graciñas. --Atobar (conversa comigo) 23:56, 29 xullo 2009 (UTC)
mellorar
[editar a fonte]queria contribuir xa que o proxecto estan mellorando o contido e na wiqui do español ten os ultimos termos escritos
Xe te fixas fun cambiando progresivamente xa que teño ainda pouco coñecemento do fucionamento da wikipedia , e o artigo vese melloras
Rógoche que revises a imaxe do título. Foi subida a Flickr e precisa revisión.
Para completar a súa revisión poderías trocar a etiqueta
{{FlickrPendente}} por
{{FlickrRevisada|Lameiro|http://www.flickr.com/photos/40681463@N07/3744022480/|data_da_revisión|Albert Galiza|http://creativecommons.org/licenses/by-sa/2.0/deed.es}}
(Olla Modelo:FlickrRevisada)
Cabería ademais considerala como imaxe da semana pois foi aprobada para tal.
Un cordial saúdo e grazas (calquera dificultade que teñas faima saber)-- Lmbuga / Conversa comigo 12:18, 7 agosto 2009 (UTC)
Correo electrónico
[editar a fonte]Alberte, xa que estás conectado, deixeiche un correo electrónico. Míreo se podes. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23:50, 7 agosto 2009 (UTC)
Modelo Moitas referencias
[editar a fonte]Entendo. Aínda que é unha mágoa, porque o recadriño é ben feituco. E non se poderá argallar un recadriño en grande coas referencias todas? En calquera caso, se cadra levas razón, Alberte, e o mellor é deixar de facer uso do Moitas referencias e empregar os ref|2 ou ref normal. Pero xa digo, é unha pena, que o recadro sae caralludamente e alixeira artigos coma estes de maneira notábel. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21:14, 11 agosto 2009 (UTC)
- pois nada, deixémolo estar que tampouco e cuestión de comer o coco por un detalle que ao cabo tampouco non é fundamental. --Atobar (conversa comigo) 21:28, 11 agosto 2009 (UTC)
Datos da Galipedia
[editar a fonte]Alberte. ¿Onde están os datos das wikipedias noutras linguas? ¿Cantas entradas teñen a inglesa, a española, a francesa, a catalana, a vasca... Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 21:47, 11 agosto 2009 (UTC)
Mea culpa
[editar a fonte]Boas Alberte douche doble traballo : crée o artigo querendo pedir o borrado, non podia saber que eres como Lucky Luke ! Sáudos ElviraConversa comigo 01:08, 15 agosto 2009 (UTC)
Bandeira de Cangas
[editar a fonte]Eu, persoalmente, creo que, se dis que segue sen ser a oficial, non debería estar ningunha das dúas. --Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 17:48, 19 agosto 2009 (UTC)
Nomes en galego ou castelán
[editar a fonte]Hola Albert galiza, recomendoume Atobar falar contigo deste tema... E que teño un problema, non sei se poñer os nomes en galego ou en castelán, estou a facer unhas biografías de escultores galegos e nas miñas pesquisas me atopo biografías en galego pero conservan o nome en castelán e non estou seguro de como trasladalo á Galipedia. Non sei se teño que galeguizar os seus nomes. En xeral, ¿que fago cun José, Juan ou Javier?, ¿que directrices debería seguir para escoller entre o nome castelan ou o galego?
- Se atopo o seu nome na súa web, blog...en galego, pois poreino en galego...
- Biografías en galego, nome en castelán...pois poreino en castelán...
- Súa firma, se está en galego, póñoo en galego, se está en castelán, póñoo en castelán...
De todas formas, ¿pódese cambiar o nome do artigo unha vez publicado? (por se alguén se molesta)
Un saudo La fabrica de nubes (fálame) 09:47, 20 agosto 2009 (UTC)
- Os principais problemas téñoos con José Antúnez Pousa (Monumento ó mariñeiro, porto da Guarda) e Juan José Oliveira Vieitez (Monumento ós cabalos, Praza de España de Vigo)...
- O primeiro asina so como "Antúnez Pousa",tamén como é coñecido, pero na súa web aparece como José Antúnez Pousa...O artigo vaise chamar, ó meu parecer, Antunez Pousa
- O segundo asina so como "Oliveira" pero es conocido como Juan Oliveira, non atopei ninguna páxina persoal na rede, o que si atopei foi o seu nome en galego (Xoán Xosé) en una reseña biográfica nun libro en galego "Historia dos monumentos de Vigo", pero noutros artigos, en galego, como a súa biografía na colección de Caixanova, o seu nome ven en castelán.
- En principio, ó meu parecer, vou titular o artigo Juan Oliveira
- Con respecto ó de Camilo Nogueira, estou nelo...(Eu vou subir, en principio, fotos do Monumento a Don Bosco na Ronda de Don Bosco, Monumento ó empuxe Vigués, Xoves con libros e A roda no Castro)...Xa te avisarei cando faga o artigo.
- Un saúdo e gracias pola túa información. La fabrica de nubes (fálame) 08:57, 21 agosto 2009 (UTC)
Saúdos
[editar a fonte]- Ola, Alberte. Ando a saudar compañeiros da Galipedia, e tocouche. Máis nada amigo, cóidate, alégrome de que esteas neste proxecto. --Xoán Carlos Fraga 05:51, 23 agosto 2009 (UTC)
- Grazas por contestar, ho, que parecía que ninguén me saudaba. Vémonos. --Xoán Carlos Fraga 23:24, 23 agosto 2009 (UTC)
Escudo de Cangas
[editar a fonte]Hola, ao parecer, o Escudo de Cangas carece de oficialidade, deberíase desligar dos artigos e galerías?. --Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 16:21, 26 agosto 2009 (UTC)
- Ríxome por esta fonte: [1]. --Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 16:22, 26 agosto 2009 (UTC)
Comunicación de erros
[editar a fonte]Moitas grazas.--Aprofa (fálame) 17:58, 27 agosto 2009 (UTC)
bot
[editar a fonte]ola Alberte; poderías botar a andar o bot e pedirlle que mude "Universidade de Harvard" a "Universidade Harvard"?
Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 20:36, 29 agosto 2009 (UTC)
Un usuario novo, Karkeixa, subiu unha nova versión desta imaxe animada pisando a versión (subiuna co mesmo nome) de Alexandre Vigo, a cal foi elixida Imaxe da semana.
Creo que debe ser subida con nome diferente, pois as súas variacións non foron elixidas como imaxe da semana. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo 17:47, 31 agosto 2009 (UTC)
- A imaxe non estaba cargada en Commons, e non baixou de calidade. Fixéchelo ben. Repara nos píxeles e no peso da primeira carga e nos da terceira, son imaxes idénticas.
- User:Karkeixa subiu a imaxe na Galipedia e tamén en Commons, pois a imaxe foi subida ós dous sitios a primeira vez. Mañá mirarei de explicarlle por que foi recuperada a versión anterior da imaxe e probablemente mire de subir a súa imaxe de Commons, pois non a podemos empregar por ter o mesmo nome ca esta. Iso si, insisto, fixéchelo ben.-- Lmbuga / Conversa comigo 22:21, 31 agosto 2009 (UTC)
historias das cidades
[editar a fonte]Ola Alberte ! Non me gusta abusar, pero de vez en cando permitome un pouco ! Temos un montón de artigos sobre historias de cidades e para valorar esos artigos pensei que era boó engadiller algo o artigo urbanismo e crear, ainda que sexa curto o artigo historia urbana. A ver si podes botarlle un ollo e a)amañar o galego ; b) corrixir ou borrar o que lle pareza que non se entende, que non está ben etc. Xa sabés, non che pido que te metas no tema, só che pido que o que quede sexa correcto. Saúdos ElviraConversa comigo 14:29, 1 setembro 2009 (UTC)
Edicion de Cántigas da terra
[editar a fonte]Hola Alberte,
Muchas gracias por las modificaciones y las explicaciones de como funciona y lo que no está permitido en la galipedia. Realmente desconocía lo de que no es posible copiar de la web, ya que al ser un trabajo propio nuestro lo de la web, pensé que no habría problema en aprovechas el texto que habíamos expuesto en la misma.
Con vuestras modificaciones ha quedado bien, y poco a poco iremos aumentando y variandola, ya que esto esto es el principio y tenemos que ir aumentando páginas explicactivas de los enlaces que nos remarcateis.
Graciñas por la ayuda --Cantigasdaterra 07:32, 3 setembro 2009 (UTC)Ana. Cántigas da terra
ola albert
[editar a fonte]Ola,
son óliver escobar, espero que non che pareza mal pero cambiei de novo a versión do artigo
xa sei que se supón que non debo intervir no artigo, pero crin que era preciso organizalo un pouco
se che parece que os contidos deben ser modificados paréceme ben, pero por favor considera a posibilidade de ordealo un pouco
moitas grazas pola túa atención,
óliver
Leonés
[editar a fonte]Se continúa a guerra de edicións o mellor sería protexer temporalmente a páxina e que se discutan os cambios na páxina de conversa. Eu pola miña parte modifiquei o comezo do artigo, creo que agora queda algo mellor.--RNC 16:19, 8 setembro 2009 (UTC)
Bloqueo IP
[editar a fonte]Olla para as actuacións deste tipo, o usuario:201.37.55.206. Para min é bloqueo. --Atobar (conversa comigo) 14:00, 11 setembro 2009 (UTC)
borrado entrada de Histagra
[editar a fonte]Hola, ¿por qué foi borrada a entrada de Histagra?
Saúdos e grazas.
--Histagra 11:12, 15 setembro 2009 (UTC)
Robbot
[editar a fonte]Ola, Alberte; Mirei que as edicións de Usuario:Robbot non aparecen como feitas por un bot, senón como as dun usuario normal; Habería que falar co Usuario:Andre Engels (xestor do bot) e dicirlle que cómpre someter o bot ao proceso habitual de votación pola comunidade? Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 09:11, 16 setembro 2009 (UTC)
- Non quero meterme onde non me chaman, pero creo podo achegar algunha información sobre o tema. Robbot é un bot que aparece por aquí esporadicamente e fai poucas edicións, nunha ocasión Banjo falou co operador do bot na Wikipedia en holandés para pedirlle que solicitara o status de bot e non lle pareceu ben. A impresión que deu, non sei se polo inglés, é que a resposta foi un pouco airada, por eses antecedentes e polas poucas edicións que fai quizais sexa mellor deixalo estar. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:19, 16 setembro 2009 (UTC)
- Perdón por iniciar unha discusión nunha páxina de usuario. Atopei aquí a resposta de Andre Engels, e si, parece algo desairada de máis. Certo é que son poucas edicións, pero dun usuario que aínda aparece como administrador. Non me parece serio. Polo que entendín da resposta, indicaba que podería ser a comunidade (ou algún administrador) quen propuxese o bot para concederlle o status. É posible isto? Perdón de novo por marear a perdiz. --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:37, 16 setembro 2009 (UTC)
Historiografía
[editar a fonte]Non creas que non o pensei. Pero o certo é que malia a enorme fiabilidade que de 'Otra mirada de Galicia' se desmprende, o libro non é en si mesmo un libro de consulta ou académico. É algo así coma a Galipedia, é dicir, non unha fonte primaria. Telo que ler, vaiche encantar, estou convencido. Para algunhas cousas si se pode tirar proveito del sen problema ningún, así, sen ir máis lonxe, hai uns días estiven a repasar os artigos de Domingo Fontán e mais o do seu Mapa. O dito, que o libro de Murado é un compendio moi xeitoso e ben trenzado de ideas, pero non un libro de investigación ou que achegue novos datos, simplemente os analiza. Cómpre ao tempo pór de relevo que a bibliografía é estensa coma poucas, con ducias e ducias de títulos. O dito, que o leas, meu, que che vai encher o espírito, e por veces acordar a xenreira. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 09:55, 17 setembro 2009 (UTC)
Hola Albert Galiza
Non entendo porque borras artigos con certa tradución automatica cando estes se poderían simplemente correxir en vez de borralos integralmente.
Grazas —o anterior comentario sen asinar foi feito por Jailender (conversa • contribucións) ás 15:20 do 17 de setembro de 2009 (UTC)
Desde Coristanco intrigados
[editar a fonte]Gustaríame saber por qué eliminas a entrada "Ponte Lubiáns". Si é pola diferencia entre "Lubián" e "Lubiáns" decirche que ninguén na zona o conoce pola primeira denominación.
Ola Albert Galiza. Estamos nun curso sobre Wikipedia e facendo prácticas. Bastantes alumnos estamos a escribir sobre Ponte Lubiáns para ir probando cómo crear artigos. ¿Por que os borras?
Rubians
[editar a fonte]- Creo que o artigo Rubians entra directametne en borrado rápido, copia con tradutor automático desde es., coa toponimia parcialmente castelanizada, así non creo que sexa de recibo crear artigos, concordas?--RNC 13:42, 29 setembro 2009 (UTC)
Sherlock Holmes
[editar a fonte]- Moitas grazas pola información. Eu e que teño mirado en internet e mesmo nalgunha libraría e nada, pero terei que buscar mellor, a ver se atopo polo menos os títulos dos libros.--Adorian 15:37, 30 setembro 2009 (UTC)
- Edito: xa atopei a editorial, están editador por Galaxia, grazas pola axuda de novo.--Adorian 15:41, 30 setembro 2009 (UTC)
Ip Vandalismo
[editar a fonte]Non sei se será a IP dun centro. Bótalle un ollo a estas colaboracións. Se non é dun centro, é para bloqueo inmediato e prologando. --Atobar (conversa comigo) 10:11, 1 outubro 2009 (UTC)
Cal sería o modelo que lhe correspondería o artigo de celtismo
[editar a fonte]Saudos que modelo podo meterlle o meu artigo do celtismo para que teña un índice??--Xeol'oartabro 19:57, 1 outubro 2009 (UTC)
- Moitísimas gracias pola tua pronta resposta.--Xeol'oartabro 22:11, 1 outubro 2009 (UTC)
Botánica
[editar a fonte]Hola Alberte, pois si, ando enredando na botánica, eu tamén o botei de menos cando estudei Bioloxía e a verdade é que mentras edito sorpréndome aprendendo cousas ás que non lles debín prestar atención. Desgraciadamente, estudei a carreira en castelán, así que o meu vocabulario técnico é casi castelán por completo, de ahí que teña problemas ás veces e cando me decato dun erro fago batidas polo resto dos artigos que editei. Por iso, heille sacar partido ó glosario que me pasaches porque é unha moi boa ferramenta, moitas grazas. O dicionarios de frecuencias tómoos como un apoio, mais non me fío a 100% deles. Doutra banda hai uns días vin que propuxeches unha nova estrutura das categorías da botánica (que agora non dou atopado, aínda ando moi verde por estos lares), penso que sí fai faia unha recategorización que está todo a groso modo, a verdade é que ás veces ando pensando qué categoría poñer e poño unha categoría por non deixala en branco. Polo demáis moita sorte ca carreira, é un mundo moi agradecido :) --Pexego(conversa) 11:57, 2 outubro 2009 (UTC)
Artigo do Reino de Galiza
[editar a fonte]Moitisimas grazas polo teu ánimo Alberte, a verdade é levo tempo facendome con bibliografía especialmente adicada ao Imperio/Dinastía dos Habsburgo, Borbóns etc.. e que papel lle deron estes monarcas ao reino de Galiza, tamén as guerras napoleónicas e finalmente o remate formal do reino. Estame levando algo de tempo, e me gustaria que quedara ben compensado, por iso aínda non me decidín a meterlle máis info, pero está no meu proposito e tentarei facelo cando antes mellor. Moitisimas grazas polo teu ánimo e axuda Alberte. Unha aperta.--Alexandre Vigo 12:59, 2 outubro 2009 (UTC)
Xeol'oartabro
[editar a fonte]Hello Albert galiza. I blocked Xeol'oartabro for two hours to stop a series of page blankings, after it was reported by Maximillion in #wikimedia-stewards (freenode IRC channel). Please correct the block if it was incorrect or needs to be extended. (I've also notified Xabier Cid.) —Pathoschild 15:47:17, 02 outubro 2009 (UTC)
Imaxe da semana
[editar a fonte]Alberte, a ver se podes arranxalo, que estamos sen imaxe. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 11:59, 5 outubro 2009 (UTC)
Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Abellón, abázcaro en Bastavales, Brión, 090726.jpg
[editar a fonte]Ola Albert.
Despisteime. Editei nesa votación por mor dun voto mal fundamentado cando estaba xa pechada a votación. Se o desexas borra as miñas palabras. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo 22:07, 5 outubro 2009 (UTC)
- Por certo, creo que conviría pechar as votacións das 7 últimas imaxes propostas como imaxes da semana. A verdade, a situación é conflitiva. Deberiamos amañalo. Tal e como están as cousas, os votos que se producen 15 días despois da proposta deberían ser anulados. Para min, non hai dúbida de que o procedemento de votación que hai (15 días) é un absurdo. -- Lmbuga / Conversa comigo 22:16, 5 outubro 2009 (UTC)
- Quede claro que non o digo por interese persoal. Se se aplicasen as normas -acabo de velo- a imaxe miña da libélula tampouco sairía escollida. E eu dou pé a que se apliquen as normas, só que as considero absurdas-- Lmbuga / Conversa comigo 22:21, 5 outubro 2009 (UTC)
Estiven mirando a páxina Wikipedia:Votacións. Espero non ler mal as políticas. Doume conta de que actualmente este é un asunto menor pois penso que todos estamos de acordo co que se está facendo, pero creo que conviría elaborar unha proposta para dedicarlle temporalmente, mentres non haxa unha maior participación de usuarios, máis tempo a algunhas votacións, como a votación da Imaxe da semana. Supón que un día se anule un voto noutra votación por estar fóra de tempo e que aquí non se faga... Eu proporía que se aprobase temporalmente o que se está a facer, que non se poida pechar unha votación con menos de 15 días, pero que se poida estender no tempo ata que sexa preciso elixir a imaxe ou sexa elixida unha presentada máis tarde. -- Lmbuga / Conversa comigo 09:29, 6 outubro 2009 (UTC)
Cortadeira
[editar a fonte]Como segundo o historial fuches ti quen moveu esa páxina cara ao seu actual nome, poderías dar a túa opinión en conversa:cortadeira, grazas de antemán.--RNC 15:47, 6 outubro 2009 (UTC)
Creo que xa lle podes outorgar o status de bot a TobeBot (conversa · contribucións), semella que ninguén máis vai votar (o último fun eu o 18 do mes pasado). --Toliño Fala aquí comigo 15:54, 6 outubro 2009 (UTC)
Por favor, pido revisión da conversa de Revista Pudingas. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Wikilandia (conversa • contribucións) 9 de outubro, 00:21
Graciñas
[editar a fonte]Ola Alberte, moitas grazas pola túa mensaxe na miña conversa. Aínda que agora mesmo a vista non me permite moitos alardes, de contado anderei de volta para seguir a poñer pedras neste edificio. Graciñas de novo --Pexego(conversa) 13:54, 16 outubro 2009 (UTC)
Movementos de Alberte Nuñez Feijoo
[editar a fonte]Ola Albert galiza. Satesclop é un dos monicreques dun usuario bloqueado para sempre na Wikipedia en español. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:01, 16 outubro 2009 (UTC)
Pregunta
[editar a fonte]Deixáronme isto na páxina de conversa. A ver se ti llo sabes responder. Do they need a template? For the movies? 68.220.175.248 16:39, 25 outubro 2009 (UTC). Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 17:34, 25 outubro 2009 (UTC)
Bot
[editar a fonte]- Podería o teu bot facer a mudanza de Moldova para Moldavia, única forma correcta segundo o VOLGa e o Catálogo da RAG, sonche unha chea de páxinas como para facelo manualmente. Grazas.--RNC 15:04, 11 novembro 2009 (UTC)
- Grazas.--RNC 18:36, 13 novembro 2009 (UTC)
Modelo:Galicia info
[editar a fonte]Desculpas por editar o modelo sen consultar antes. Simplemente non o sabía. O motivo da edición pareceume importante, posto que na información acerca do resto de Comunidades Autónomas sí que aparece unha referencia ao Estado Español, e na información galega non. --AMPERIO 18:46, 13 novembro 2009 (UTC)
Converxencia XXI
[editar a fonte]Albert, se cadra poderías restaurar o artigo borrado e entre ambos os dous podemos axeitalo, porque coido que é de interese telo e sobre todo porque non me apetece poñerme á procura de info. Prefiro ir podando e neutralizando o que había. Que dis? Anímaste? Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 23:14, 29 novembro 2009 (UTC)
- Graciñas. Oíches, o de vinteún é porque eles o poñen así. [2] Olla para o logo e verás. A min tamén me chamou a atención no seu momento. E tamén lles lin algún apuntamento do Facebook e atopei catro ou cinco fallos. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 13:30, 30 novembro 2009 (UTC)
Ola, graciñas po-las respostas, como ben di Atobar, non fun eu o que o puxen mal...é tal como o teñen feito no rexistro, asique pensei que como "nome propio" debe respectarse...non?. Saúdos.--Luimipi 00:22, 1 decembro 2009 (UTC)