Conversa usuario:Albert galiza/Arquivo 7

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
System-file-manager.svg Arquivo de mensaxes antigas:   1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15  

Axudaaa![editar a fonte]

mira, e que estou a facer o artículo do Instituto de Monelos (IES Monelos) e non me "recoñece" os cambios de liñas, quero dicir, que aínda que cando edite quero poñer enumeracións en columnas (non sei se me explico xD) saeme todo seguido, por que?--Percebe 18:39, 17 marzo 2008 (UTC)


Museos[editar a fonte]

A verdade é que esa era a miña intención, facer logo artigos individuais de cada museo. Cando comecei quería escribir unha introdución que remitise logo a un artigo principal, pero esa introdución fíxose longa de máis segundo ía metendo máis e máis museos. Agora mesmo, cando aínda faltan non menos de 60 ou 70 xa me está avisando de que a páxina pesa moito; tanto é así que ata pensei en fracciona-lo artigo en "Museos da Coruña", de Pontevedra, etc. Segundo vou consultando textos e a rede, e visitando museos, para enterarme de qué vai cada un vou archivando información para eses futuros artigos individuais, de xeito que aquela introdución inicial é realmente unha moi pequena parte do que teño. En resumo, que dáme tempo e iremos creando artigos con máis enxundia que o que podía dicir aquel texto breve. O problema é que teño demasiadas frontes abertas e o tempo non me dá para moito máis. Mesmo a área de alimentos e alimentación, que foi a razón de fondo de meterme na Galipedia é do que máis documentación teño e o que máis abandonado está. Outra idea que me propuxen foi deixarme de discusións e correccións ortográficas e dedicarme a crear e editar artigos que me interesaran persoalmente, pero cando vexo os "cambios recientes" non podo deixar de saca-lo meu papel de notiñas e anotar que teño que corrixir isto, comprobar aquilo ou contestar o de máis alá. E así se me van as horas. Vale, logo, farei o que me dis e retomarei o mundo dos museos. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 17:15, 14 febreiro 2008 (UTC)

non o entendo[editar a fonte]

Albert galiza, perdoa pero non o entendo: se eu poño cousas personais resulta que está prohibido por ser un "blog". Non sei se o que poño é un blog, pero vexo na túa páxina que es un estudante de 20 anos nado en Vigo, residente en Parderrubias, Salceda de Caselas e coa Universidade en Madrid, que durante o curso escolar vives en Madrid, que estudas Enxeñaría Forestal na UPMque te rexistrache na Galipedia o 13 de xaneiro do 2006, que xa colaborabas dende antes. ¿iso non é logo blog? ¿e que me dis de faceres publicidade na túa páxina do teu blog personal? ¿iso non rompe ningún piar?

Mira: non paga a pena que discutamos: supoño que o que molesta non é que a páxina sexa blog senón o que digo nela. Iso ten remedio fácil: ti disme se hai algo que che amole e eu borrareino.--QuatriNauta 22:16, 14 febreiro 2008 (UTC)

Grazas pola benvida[editar a fonte]

Ola. Só queríache agradecer as molestias. Pensaba que o termo 'ao' era substitutivo como de 'servicio' a 'servizo'; mais non sei onde o lin, dábase preferencia á forma 'ao' (por aquilo que é máis preto ao portugués). En calqueira caso de agora en adiante serei menos escrupuloso.--Shaqster 00:38, 15 febreiro 2008 (UTC)

Agardar[editar a fonte]

Entendo. Neste caso non muda o resultado desta votación. No entanto, imaxina que o resultado dunha votación fose "a favor 6, agardar 7" - aprobaríase? Si, non? --Xosé (✉) 19:56, 16 febreiro 2008 (UTC)

RE[editar a fonte]

Carezo da información que aportas. Non tiven nunca ese dato polo que o cálculo fíxeno por horas. Só teño visto bloqueo ata o día 19 e despois ata o día 20, non din chegado a ver o primeiro bloqueo. Desculpa e procede como debas. non foi a miña intención saltarme ningún bloqueo, pero carecín da información suficiente a pesares de tela pedido en repetidas ocasións. Un saúdo. Lansbricae

Correcto[editar a fonte]

Recibido, só era por darlle maior información a través das propias verbas dos veciños.

O que si volvín correxir foi o da rúa ¿peonil? Oidor Gregorio Tovar. Son veciño da zona e sei do que falo, a rúa Oidor Gregorio Tovar non é peonil, é unha rúa de tráfico normal perpendicular á rúa peonil Angel Senra, que é a rúa transformada en peonil polo Concello para intentar revitalizar o barrio.

Saúdos.

Arrevoire

floculación[editar a fonte]

¡que paciencia tes, Alberte! Saúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 17:00, 20 febreiro 2008 (UTC)

  • Albert, repasa a páxina de conversa desta floculación e decide qué facer. Unha cousa é que un alumno teña que facer un traballo de clase na Galipedia e outra é que lle admitamos unha tradución dun folleto publicitario. Ou que o traballo llo teñamos que facer nós corrixíndolle a tradución e o estilo. Admitirllo nin é bo para a Galipedia nin para a formación dese alumno. Saúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 19:05, 20 febreiro 2008 (UTC)
    • E non esquezas borra-lo artigo -1800.

Subir imaxes[editar a fonte]

Ola. Quería comenzar a subir fotografías da miña autoría para ilustrar algúns artigos da Galipedia, e non estou seguro de se o fago ben. Subín de proba esta foto:

http://gl.wikipedia.org/wiki/Imaxe:Escultura_de_homenaxe_a_Lu%C3%ADs_Pimentel_na_Praza_Maior_de_Lugo.jpg

... dunha escultura de Luís Pimentel, e gustaríame saber se está ben cubertos os datos necesarios. Ademáis, gustaríame saber se as imaxes que subo as pode engadir calquera aos artigos ou é algo que ten que facer o que as sube. Grazas por adiantado.

--Iago 17:24, 20 febreiro 2008 (UTC)


Grazas pola axuda. Só unha dúbida: onde teño que copiar ese cadro cos datos? No resumo? Saúdos.

  • Grazas por mover a mensaxe á conversa. Intento traballar a máis velocidade da que son capaz--Lmbuga Commons - Galipedia 17:38, 21 febreiro 2008 (UTC)

Grazas pola benvida[editar a fonte]

E polos acalaracións e consellos. E polo atraso nada, porque me acabo de enterar de que existe a páxina de conversa. Estou un pouco verde, pero pouco a pouco. Saúdos--mariquinhagz 14:27, 22 febreiro 2008 (UTC)

Albert galiza, perdoa se entendicheisto como acusación personal, simplemente me limitei a indicar uns feitos. Se ti os interpretas desa forma é outro cantar. Agradézoche que compartas comigo o anoxo que sentes, quizais se non lle buscas terceiras intencións ás miñas palabras te sintirías mellor e comprenderías máis claramente o que intento dicir, que non está relacionado coa túa páxina de usuario senón coa miña e coas reversións arbitrarias que, ao meu entender, foron feitas nela. O problema, no meu entender, non é a miña tímida protesta que eu poda facer (se eu non son ninguén eiquí!) senón os feitos polos que protesto, a arbitrariedade feita ao reverteres a miña páxina de usuario, ao acusaren a unha usuaria de monicreque ou outras actuacións similares, eís o problema. Estamos aquí para colaborar, e podes contar comigo, pero cada un debería poder ter criterios propios. Saúdos moi cordiais. --QuatriNauta 18:56, 22 febreiro 2008 (UTC)

¡Un ano![editar a fonte]

Grazas, Alberte, por estar en todo e polos ánimos que nos dás. Un ano... ¡como pasa o tempo! Será que o chollo é divertido, a compaña agradable e o sitio interesante. Como dicía o meu sogro: "Se non fora por estes momentos e máis outros...". Saúdos, grazas de novo e a por outro. Pedro --Lameiro (conversa) 22:30, 24 febreiro 2008 (UTC)

Grazas pola benvida[editar a fonte]

Mentres non aprenda máis código limitareime a editar grallas. --lx 23:13, 29 febreiro 2008 (UTC)

  • Respecto ao que dis de personalidades da política por países non creo que deba ser como dis, a categoría personalidades da literatura por país son escritores de Arxentina, Brasil, etc. e segundo o teu razoamente tiñan que ser personalidades da literatura de Arxentina, Brasil, etc.--Arco de Rayne 15:18, 1 marzo 2008 (UTC)

categorias[editar a fonte]

Ola Alberte ! Eu concordo que se deben crear as categorias con harmonia pa todos paises, agás estemos tan adiantados nun pais que pasen os artigos dunha cifra que xustifique que se especifque mais. Haber si o falas cos usuarios ou na taberna, eu non me dou conta donde ven esa novidade pa ver como arranxala. Saudos ElviraConversa con mi 15:18, 1 marzo 2008 (UTC)

  • Apoiarei calquera proposta que harmonice as categorías, non sabía que estaban tan descoordinadas.--Arco de Rayne 15:52, 1 marzo 2008 (UTC)

Bandeiras[editar a fonte]

Grazas polo aviso, máis polo que vín algunhas delas non concordan co que lexisla a Xunta e publica no DOG. Un exemplo: Bandeira de Mondoñedo. O que di o DOG: Decreto 336/1999, do 9 de decembro, polo que se aproba a rehabilitación do escudo heráldico e maila bandeira do Concello de Mondoñedo (Lugo). O Concello de Mondoñedo (Lugo) considerou conveniente organizar correctamente o seu escudo heráldico e a bandeira municipal para perpetualos con simboloxía adecuada e conforme as normas de heráldica. Para iso, e de acordo coas facultades que lle confiren as disposicións legais vixentes, elevou o informe histórico-heráldico, co seu correspondente brasonamento e representación gráfica, para a súa aprobación definitiva. A competencia exclusiva en materia de adopción, modificación ou rehabilitación dos emblemas heráldicos e bandeiras dos concellos e doutras entidades locais, correspóndelle á Comunidade Autónoma galega, segundo o disposto polo artigo 27.2º do Estatuto de autonomía de Galicia. O expediente tramitouse conforme as normas do procedemento establecidas na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia; no Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das corporacións locais, aprobado polo R.D. 2568/1986, do 28 de novembro; e mais no Decreto 369/1998, do 10 de decembro, polo que se regula a composición e funcións da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia. Na súa virtude, visto o informe, do 2 de novembro de 1999, emitido pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día nove de decembro de mil novecentos noventa e nove, DISPOÑO:

Artigo 2º Aproba-la rehabilitación da bandeira do Concello de Mondoñedo (Lugo), que quedará organizada do seguinte xeito: sobre pano vermello, o cáliz de amarelo, sumado da Sagrada Forma de branco e acompañado de seis cruces tamén de branco, tres á hasta e tres ó batente. Santiago de Compostela, nove de decembro de mil novecentos noventa e nove. Manuel Fraga Iribarne Presidente Antonio Pillado Montero Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

A bandeira de Mondoñedo que aparece en Commons só ten dúas cruces. Que facemos?--PepedoCouto 18:56, 3 marzo 2008 (UTC)

  • Desculpa que tardase en responder. A túa mensaxe quedou entre dúas e acabo de vela fai un momento. Mañá pensarei en como actuar para borrala (revisarei os termos do borrado rápido por se podo empregalo). Polo de agora editei na páxina de discusion da bandeira e avisei de que debía ser borrada ó usuario que a subiu, ademais de subir a bandeira correcta a Commons. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:08, 3 marzo 2008 (UTC)

esperando[editar a fonte]

Ola Alberte ! Retireime do mantemento dos artigos sobre Galeusca porque non sei ben comunicar e poñome en fonduras que non son boas pa Galipedia, porque salgome de discutir feitos, tal como debe ser a politica wiki. Mais non me retirei do mantemento nas outras wikis e vixio os artigos. Hoxe as interwikis das outras wikis non son bóas, o novo artigo levou os historicos e as outras wikis gardano como ligazon. Os interwikis das outras wikis levan todas direccion o noso GalEusCa, é todas levan polo mesnos o contido dos pactos historicos e algunhas engaden ou non a informacion sobre o congreso. O artigo o mais antigo é o dos bascos e o mais novo o dos franceses. A ver si levades a cabo unha decision pa que poida por a dia os interwikis das outras linguas. Si as cousas quedan esi pois mudarei pa semana os interwikis das outras lenguas, porque pareceme incorrecto, por solo citar dous, que pasando de eu:Galeusca ou ca:Galeusca lleguese o congreso de escritores. Pa iste tipo de mudanzas non conto cos bots. Pa mín como editora nas outras wikis, pode haber un artigo para cada pacto, o do 2004 é un diles, pode haber un artigo po congreso dos escritores e tamen un pa Tribuna Galeuscat. Tamen pode haber un artigo que recolla todo o que abarca Galeusca e logo dirixir a artigos mais especificos, esta, si teño tempo, sera a miña solucion pa wiki en francès, xa que permite o lector de ter un vistazo xeral. Mais polo imediato o meu problema son as interwikis que quero corrixir. Saudos ElviraConversa con mi 17:00, 9 marzo 2008 (UTC)

  • Ola Alberte ! Fixen o que me pareceu ben e fixen informe en Conversa:Galeusca. Poño tamen unha mesaxe a cada usuario que participou. Esi en espera, dalle tempo os usuarios e os interwikis estan correctos. Saudos ElviraConversa con mi 00:54, 11 marzo 2008 (UTC)

Can de palleiro[editar a fonte]

Ola Albert galiza, o artigo do Can de palleiro non é que, O texto é "demasiado" igual á descrición da raza na ficha da web de Medio Rural, é o mesmo, e o mesmiño que o do wwwcandepalleiro.com, que poño como ligazóns no artigo. Por qué? Pois por que todos beben da mesma fonte. Cal é a fonte? Pois a fonte é a Orde de 26 de abril de 2001 (DOG nº. 91, 11/05/2001). Este dato mencioneino no resumo do artigo, sen ocultación nengunha. Creo que o artigo é logo de dominio público, e se estou trabucado, por favor, dime cales son as razóns, xa que eu en ningún momento quixen facer falcatruada algunha. Grazas.--84.78.50.1 17:59, 13 marzo 2008 (UTC) Síntoo, entrara sen rexistrarme.--PepedoCouto 18:01, 13 marzo 2008 (UTC) Ola albert, agradezo os teus ánimos e en verdade que me sacas un peso de enriba, pois non quero de ningun xeito facelo mal. Esta tarde saín a tirar unhas fotos, e pasei pola casa dun criador do Can de palleiro, e ó non estar el, optei por non tirar unha foto ós cans desde a cancela, mais volverei pasar por alí para ter documentación gráfica no artigo. Grazas.--PepedoCouto 19:36, 13 marzo 2008 (UTC)

bloqueos[editar a fonte]

ola Alberte!

creo que te pasaches un pouco bloqueando directamente cun mes. Tendo en conta que ten 13 ou 14 anos, supoño que cun tirón de orellas chegaría pa facerlle saber que non é este o lugar indicado para eses mesteres. Non sei moito como vai a política de bloqueos, que parámetros se seguen, pero creo que foi excesivo, e máis sen explicacións previas.

Lémonos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 19:25, 14 marzo 2008 (UTC)

  • quizais si, teñas razón, e o bloqueo é pertinente. En calquera caso, creo que non estaba de máis unha charliña comentándolle que non se poden escribir esas cousas, as políticas da galipedia, o que si se pode escribir... Tanto ten. Avante! --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 22:08, 14 marzo 2008 (UTC)

Bloqueos para sempre[editar a fonte]

  • Gustaríame saber a normativa existente para aplicar un bloqueo para sempre. Grazas. Alma (fálame eiquí) 21:38, 15 marzo 2008 (UTC)
    • Lin o que escribiu Maañón, non puiden grabar a mensaxe cando te estaba a respostar porque bloqueaches a Ip da miña casa, preguntei pola normativa e se non te importa, a pregunta como non obtivo resposta, reitéroa. Grazas e saúdos. Alma (fálame eiquí) 22:12, 17 marzo 2008 (UTC)

Bloqueos para sempre[editar a fonte]

Creo que no tema que se está a tratar na taberna non foi Maañón o primeiro en facer acusacións nese ton. Creo que para bloquear a un usuario rexistrado para sempre fai falta máis criterio que o de un administrador e que estas a excederte nas túas funcións.

Pídoche que penses que estás a condear a morte galipédica a un usuario rexistrado cando nesa "discusión" hai moita metralla e non fixeches caso dela en ningún momento. É a comunidade quen pode expulsar a un usuario da galipedia non ti ou calquera outro administrador baixo o seu criterio. Se consideras que debe ser bloqueado para sempre propono e que a comunidade decida que apliques ou non o maior castigo posible no proxecto, pero basta xa de execucións, non sodes xestores, só editores con máis funcións habilitadas nada mais, non actúes como xuiz e menos neste caso xa que serías xuiz e parte. Espero que o penses. Lansbricae (Ti dirás) 22:06, 15 marzo 2008 (UTC)


Nova páxina[editar a fonte]

Ola Albert, seguindo as túas indicacións colocamos ao comezo da nosa páxina o indidicativo de que se trata dunha páxina en elaboración, descoñeciamos completamente esta cuestión. Grazas. Quereríamos saber se o título da nosa páxina é o correcto: Xabier Correa Corredoira ou Correa Corredoira. Buscando na Galipedia atopamos unha imaxe da Rosa dos Ventos, na entrada sobre a Torre de Hércules, e alí remítese a un artigo aínda sen escribir "Correa Corredoira". Debemos de modificar o noso título? É isto posible? Podemos redireccionar aquel enlace co noso artigo? Son demasiadas preguntas... Grazas unha vez máis. --LgL 4ºESO IES David Buján 13:24, 16 marzo 2008 (UTC)

  • Ola Albert, necesitamos axuda. Por que non visualizamos os cambios feitos na páxina sobre Xabier Correa Corredoira cando non entramos como usuario rexistrado? Se fago unha busca na galipedia sobre Correa Corredoira aparécenos unha páxina en branco, estamos un pouco desconcertados. Grazas. Un saúdo.

LgL 4ºESO IES David Buján

  • Grazas pola resposta, Albert, clara como sempre. É posible que teña algo que ver coa rede do centro e coa memoria caché dos nosos equipos. Agora os nosos problemas son outros: tivemos unha desas edicións pretendidamente graciosas e houbo que refacer a páxina. Aínda non temos soltura na recuperación de versións anteriores. Seguiremos traballando e procuraremos aproveitar o incidente para aprender algo. Grazas de novo.

--xoandiaz(di-me) 16:34, 31 marzo 2008 (UTC)

Por favor, reconsidera ou polo menos explica os bloqueos inxustificados que fixeche[editar a fonte]

Insisto na petición que che fai Alma máis arriba: Gustaríame saber a normativa existente para aplicar un bloqueo para sempre. Agradeceríache que deras unha completa xustificación ante unha decisión tan tan grave. Non comprendo tampouco en absoluto o bloqueo que fixeche sobre Lansbricae. Deberías de xustificalo en detalle para non dar a impresión de que actúas como xuíz e parte.

Engado ademais: síntome totalmente confundido ao descoñecer que é o que se pode dicir/facer aquí sin que actúes inxustificadamente simplemente bloqueando aos usuarios que parecen discordar.

Grazas.--QuatriNauta 15:58, 16 marzo 2008 (UTC)


Insisto de novo na petición de que xustifiques pormenorizadamente as graves actuacións que fixeches, cales son en concreto os insultos que te levaron a bloquear a Maañón e xustificalos como tales. As xustificacións xenéricas non valen, non se pode bloquear por infinito á xente simplemente porque ti consideres insultos as opinións doutra persoa, máxime cando ti es xuíz e parte neste asunto.

Disme que o meu deber é animar a Prevert. E quen anima a Xosé? Animar a Prevert a que? a que siga descalificando con acusacións infundadas a Xosé? Eu traballo aquí porque quero, animo a quen considero necesario, eu non lle debo nada a ninguén, e non teño porqué rendirlle pelitesía a ninguén.

Non entendo como consideras insultos o que di Maañón e non o consideras para as gravísimas acusacións que fai o usuario Prevert. Se me permites un consello, deberías ser máis coidadoso e mostrar máis imparcialidade da que mostras, porque senón alguén podería pensar que hai algo de verdade en todo iso do "gran lider" e dos peóns.--QuatriNauta 11:59, 17 marzo 2008 (UTC)

o galego e o usuario iberico[editar a fonte]

Ola Alberte ! Vexo que tu e Arco de Rayne andades co Usuarion Iberico. Pareceme oportuno que xa hubo explicacios co usuario, ver a sua paxina de conversa Conversa Usuario:Ibérico, e a de Prevert e a miña nas mismas tmporadas. Saudos ElviraConversa con mi 12:18, 17 marzo 2008 (UTC)

un chamado á calma[editar a fonte]

Alberte, quero que leas o que puxen na páxina de Quatrinauta comentando o que nella lle dixeches hai pouco. Un saúdo, con toda a esperanza do mundo. Pedro --Lameiro (conversa) 12:24, 17 marzo 2008 (UTC)

  • Grazas, Alberte, moitas grazas. Non polo de ter ou non razón (que sei que non sempre a teño e este pode ser un caso, non sei). Grazas por da-lo primeiro paso nese camiño á calma que todos necesitamos. E que cunda o exemplo para chegarmos a bo porto. Pedro --Lameiro (conversa) 16:47, 17 marzo 2008 (UTC)

Resultado votación fusión Galicia-Galiza[editar a fonte]

Hola

Rematou unha votación oficial na que participaches, Wikipedia:Votacións/Fusión dos artigos Galiza e Galicia nun único titulado Galicia, sendo éste o resultado: 13 votos a favor, 0 neutros, 0 en contra.

Saudos Miguel.lima 12:08, 19 marzo 2008 (UTC)

  • Xa fixen eu o que solicitaches a Miguel Lima: Galicia. Adianteime por ver se eu tiñatamén eses problemas. Bo traballo. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 17:35, 24 marzo 2008 (UTC)

Fusión de historiais[editar a fonte]

Non sabía que se podían fusionar os historiais, si non xa o tería feito eu. Grazas Alberte por facelo, e grazas Lmbuga por botarlle unha man. Saudos Miguel.lima 17:49, 24 marzo 2008 (UTC)

Desfacer[editar a fonte]

Que foi o que te levou a desfacer a ampliación do artigo feita por min unhas horas antes? Que foi o que fixen mal? Quero aprender dos meus erros. Un afectuoso saúdo.--O Porrinho 15:39, 28 marzo 2008 (UTC)

caixas de lugares[editar a fonte]

Grazas alberte, xa me parecía a min que non o estaba a facer ben de todo.

disculpas[editar a fonte]

Ola Albert, perdoa por responderche algo tarde, pero preferín deixar pasar un tempo antes de volver a elo, evitando crear aínda máis barullo do que xa había. Gracias polas disculpas, pero o debate estaba acalorado e é comprensible. Como digo na Taberna, necesitamos recuperar o bon rollo, e coido que ti poderías ser unha peza importante se valentemente revertises o bloqueos feitos a Lansbricae e Maañón. Ademais así reforzarías a idea de ecuanimidade, pois senón alguén podería pensar que como eras tan estrito con Lansbricae, Maañón mentres ao mesmo tempo permitías acusacións infundadas contra Xosé por parte de Lmbuga y Prevert.

Pero non quero volver ao porqués senón mirar para diante: o desbloqueo de Lansbricae e Maañón creo que melloraría o ambiente e creo que ti serías o indicado para revertilo.

Gracias e saúdos --QuatriNauta 10:25, 30 marzo 2008 (UTC)

Compañerismo[editar a fonte]

Ola Alberte ! Alegrome de ver a mesaxe de Quarinauta arriba polo o boo xeito que leva, apacigando e dando sencillamente a sua opinion. Debes andar cos estudios, que eso é mui importante pa o teu futuro. Quero aclararxe que eu penso que todos os administradores actuales teñen moito merito (incluso Xosé) xa que a comunidade da Galipedia ainda non ten moitas regras a vosa disposicion. Pa ir millorando o funcionamento, e en espera de regras, pareceme importante que non gardes a responsabilidade do bloqueo definitivo que fixeches a Maañon. A ver si podo convencerte con unha soa razon : un bloqueo definitivo non é sóo unha responsabilidade technica, é unha responsabilidade politica, ainda que non teñamos esas politicas na Galipedia, que van vir gracias o usuario MiguelLima. Por outra banda supoño que se anda falando moito polos canles (IRC etc) e por mail, recorda que todo eso non son feitos da Galipedia e non tes que tomalos en conta pa dar os motivos si fas unha(s) proposta(s) a comunidade sobre o bloqueo (efectivamente podes propor de manter o bloqueo definitivo e podes propor tamen de baixalo a 1 ano, 6 meses, etc). Os teu motivos solo poden estar basados na tu reflecion, e nos comentarios que houbo eiqui. Permitome darte este consello, non pa darche obligacion ninghuna, eres responsable do que fas, douche consello de compañeira a compañeiro, porque gostariame que tu fagas igual conmigo. Saudos Alberte, e traballa ben nos teus estudios ! ElviraConversa con mi 11:43, 30 marzo 2008 (UTC)

grazas[editar a fonte]

Pois iso, grazas polas felicitacións, seguiremos uns anos máis...--Xas (fálame) 20:57, 30 marzo 2008 (UTC)

Imaxes dos escudos nos concellos en modelo:Concello info[editar a fonte]

O asunto está amañado mediante modelo:EscudosConcellosGalicia e imaxe:Escudo_NADA.jpg. Non sen tempo (pero permitiunos chegar a solucionar o tema dos puntos de millar). --Flag of the Sahrawi Arab Democratic Republic.svg Sobreira (parlez) 20:44, 1 abril 2008 (UTC)

Borrar[editar a fonte]

Se me dis como se propoñen para borrar fógoo eu nun segundo, senón vaime levar máis tempo buscar onde esta o método.--Arco de Rayne 15:24, 5 abril 2008 (UTC)

  • Case mellor se o podes facer ti, íao facer eu pero xusto agora acaba de me chegar unha visita e teño que parar e non creo que poida editar ata a noite.--Arco de Rayne 15:32, 5 abril 2008 (UTC)

mesaxe sobre lixo para Xabier.Cid e Alberte[editar a fonte]

Ola ! Fixen unha pouca limpeza cos departamentos e as rexións de Francia. Deixei algunha paxinas vacias : nistes casos na wiki francesa deixase a paxina completamenta branca, no resumen da edicion dase en duas palabras o motivo do branceo ... e entre unhas horas e dous dias un administrador pasa e borra a paxina. Isto non impide que se volva utilizar o titulo con un contido apropriado. Ten o merito de darlle unha mensaxe de advertencia o usuario que volve abrir o titulo, dicindolle que si o artigo nos respetas as normas volvera ser borrado. Como non sei moito cal é a regra na Galipedia, pois puxen a explicacion na paxina, mais isto non me gusta moito. A ver o que me aconsellades ? Saudos a vos ElviraConversa con mi 12:54, 6 abril 2008 (UTC)

Victor Hugo and Cie[editar a fonte]

Ola Alberte ! Claro que conto contigo para corrixirme sempre (lol). Estou empezando Ruta da seda, para aliviarme un pouco de todo o que toca a Galicia e a Francia ! Esique si xa tes traballo feito para Victor Hugo, non me pos competencia : cambia o meu nome polo teu, logo sempre serame posible de ir darlle un vistazo ! (Por gusto propio gustame maís Honoré de Balzac, menos popular, pero monumento capital na literatura). Saúdos ElviraConversa con mi 20:34, 10 abril 2008 (UTC)

Reino da Galiza[editar a fonte]

Ola Alberte!. Estiven facendo uns cambios na páxina do reino, como xa verias teño moita énfase en que quede 100%, e iso que aínda lle queda moitisimo por facer, pero si, teño a teima dese artigo e lle dedico todo o meu tempo libre (dentro de wikipedia), cando entres veras que quitei polo momento o box de historia de galicia porque aínda que o box é util, ao ter unha taboa vertical nova, non sei pareciame que outra a sobresaturaba un pouco, iso no estético, e no realmente importante, que a táboa fala do reino de Galiza como unha unidade temporal, e claro, o reino en si dura ata 1833, logo non se pode cinguir a idade media, senón que chega ata o moderna (como se di na páxina), bueno o da infobox que fixen, en fin, teño pensado perfeccionala pero se podedes todos, botadelle un ollo, porque eu coxeo moito de código.. non teño nin papa, bueno, e iso que vexas, e a ver que che parece. un saudo! Alexandre Vigo

Reino de Galiza 2ª parte[editar a fonte]

Ola de novo Alberte. Grazas pola resposta que me enviaches. Tes razón, é complicado. De todos xeitos comentoche como abordei o tema e porque me inclinei a iso. Vendo un pouco o que se estaba a facer noutros paises, vin o baleiro que tiña o reino de Galiza, tanto o da primeira etapa (V-VIII) como o da segunda ata 1833. O reino de Portugal, Inglaterra, Francia, Escocia, Navarra, Bretaña,etc... Todos estes paises están na mesma situación ca nós, por exemplo en Portugal a bandeira foi diferindo co tempo, dende unha cruz ata o escudo actual, en Inglaterra foi cambiando segundo a dinastia, en Navarra escolleuse o simbolo real despois de séculos de existencia e aínda asi tamén teñen outro simbolo amais das Cadeas, e asi poderiamos continuar.

É dicir hai un cambio constante de estética e símbolos, e todos eles recollen un, un que por asi dicilo consideran o máis representativo ou o máis actual que se empregara. Eu considerei que debiamos seguir nesa dirección onde todos camiñan, por iso escollín representar a bandeira do século XV-XVI, principalmente porque é a única representación que temos no seu formato de bandeira, e no seu formato escudo de igual xeito, daí que considerara moi importante a imaxe que está no final do artigo, ves por onde vou indo. Mirese por onde se mire hai unha documentación rigorosa dunha bandeira real que xa se esquecera practicamente, e que é a única que podemos dicir sen paliativos que é esa esteticamente. Daí a súa validez, o contraste neutral e histórico.

No caso do mapa, tes toda a razón, é verdade que o reino de Galiza foi mudando xeograficamente, de novo tamén mirei o feito polos nosos veciños, León, Portugal, Aragón, etc.., están na mesma situación ca nós, unha xeografía cambiante, finalmente eles recollen o que consideran máis histórico. Para facer o mapa do reino que poño é do X, escollo este momento non por casualidade senón por varios motivos, pero principalmente porque é o territorio que (exceptuando a Galiza actual) cambiou menos durante toda a historia galega, quero dicir que é dificil atopar un periodo onde falte algun deses territorios, e ademáis é practicamente o territorio do reino suevo, da gallaecia romana e do reino de Galiza do século X.

Sobre o tema da bandeira sueva, a ver, o feito de que non teñamos ningunha documentación gráfica da bandeira do reino suevo fai ao meu ver, pouco rigorosa a súa existencia gráfica no artigo, refirome a que para min é moi interesante e recomendable pór que no século XVI un historiador falara dunha posible bandeira sueva, pero se foi asi a bandeira, non temos a documentación axeitada para tal reconstrucción, se miras para a bandeira verás un cálice como o do Cebreiro (que é do século XIII), mentres o reino suevo é do V, o lema do escudo tampouco foi ata finais da idade media cando se puxo, o dragón é un dragón galés, e o león é un león rampante de Escocia, ambas representacións británicas do século XIII-XIV, moi alonxadas no tempo e no espacio de como terian sido (se existiron) as representación suevas. Por outra parte, os heraldistas actuais dan valor a Bernardo de Brito, pero a súa descripción é francamente imposible para un reino do século V, xa que os reinos medievais non dispoñan de escudo senón de pendóns asociados aos gobernantes. Total, para rematarrr! :), non é que esa representación sexa inventada sen máis, simplemente é unha representación actual dunha lenda recollida por alguén que viviu máis de 1000 anos despois da existencia do reino suevo, e iso é bo, pero non pasa a peneira de ningún historiador ou licenciado en historia da arte..

O que propoño é, seguir ampliando o artigo e unificar o Reino de Galiza, sinalando as súas dúas etapas a sueva e a puramente medieval, é obvio que o periodo suevo é de suma importancia e xa era tratado como reino de Galiza polos seus coetaneos, aí estou dacordo nunha unificación ben feita e paulatina. Para tostón que che acabo de enviar Alberte, desculpa por todaaa esta parrafada, e gustariame saber que opinas de todo isto, grazas pola túa paciencia para ler!. Alexandre Vigo

Conversa:Galicia[editar a fonte]

Ola Alberte ! ¿ Parece-che que se podria arquivar a parte superior da páxina Conversa:Galicia, de tal xeito que primeiro vexase "arquivo das conversas ata o ..." e logo directamente Conversa:Galicia#Contidos que temos que consensuar ? É un rollo ir ata tan baixo para poder leer e falar dos arranxos que temos que facer. Saúdos ElviraConversa con mi 16:00, 13 abril 2008 (UTC)

Charlas en Ordes[editar a fonte]

Hai novidades sobre o tema das charlas en Ordes. --Flag of the Sahrawi Arab Democratic Republic.svg Sobreira (parlez) 21:56, 15 abril 2008 (UTC)

Hola Alberto, muchas gracias por retocar el artículo de Luis Sánchez-Harguindey, y gracias por traducir partes que, por mi desconocimiento, por desgracia, del gallego, tuve que dejar en castellano.

Me he permitido poner como país de nacimiento España, para que quede coherente con la versión castellana y sabiendo que él, un gallego que defendía su tierra por donde iba, lo habría querido así.

Un fuerte abrazo y gracias otra vez por tu colaboración, Manuel.

re[editar a fonte]

Xa non teño máis que opinar. Sinto que a miña opinión che pareza unha coña. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 22:41, 16 abril 2008 (UTC). O que si che pido é que se anulas os meus votos o aclares nas páxinas onde o fas. Non teño intención de escomezar ningunha nova polémica. Se non consideras a miña opinión válida ben estará. Boa noite. Non vou seguir, sobre todo facendo o que dis que pretendo facer. Boa noite Lansbricae (Ti dirás) 22:58, 16 abril 2008 (UTC)

Para rematar. Onte deixei de editar como me pediches pese a non estar a facer nada distinto do que sempre fixen e facemos todos.Cando voto as imaxes da semana, como artigos destacados adoito facelo en bloques, os concordos, os desacordos... supoño que por estar nese momento todo xunto e comodidade. Se iso é interpretado como malintencionado prefiro retirar o voto ou que se me anule. Quedábame por votar nalgunhas imaxes máis:

Non vou a valorar as explicacións que alegas para a anulación porque non considero construtivo o facelo. Lansbricae (Ti dirás) 08:19, 17 abril 2008 (UTC)

  • Simplemete sinalar que estou completamente de acordo coa túa actuación --Lmbuga Commons - Galipedia 15:31, 18 abril 2008 (UTC)

Posible infracción do copyright[editar a fonte]

Ola Alberte ! Vai ver iste aviso Pazo de Meirás, poño unha mensaxe a todoos os editores do artigo. Saúdos ElviraConversa con mi 20:46, 17 abril 2008 (UTC)

  • Revisei artigo e fontes. Eliminei dúas liñas que eran textualmente idénticas ás da dunha fonte e que eran prescindibles por mr da expresividade das seguintes (mesmo me pareceron 2 liñas pouco enciclopédicas). Polo demais, eu non vexo problema. Non se abriu votación, así que retirei a etiqueta de copyvio. Avisei ó usuario que colocou a etiqueta de copyvio dicíndolle que respecto que volva colocala, pero que abra a votación e fundamente o copyvio. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 15:45, 18 abril 2008 (UTC)

Borrado de contas[editar a fonte]

Ola Albert. Non entendo ou non sei que é o que quere dicir "borrado de conta" (Wikipedia:Taboleiro dos administradores#Solicitude de borrado de Usuario:Lancebot). Nas páxinas especiais non existe tal cousa. Non creo que se refira a borrar a páxina dun usuario e a súa páxina de conversa.

Por outra banda, non me parece posible que se poida facer desaparecer un usuario: ¿que pasaría co historial das páxinas en que editou?

Podo responder iso, pero temo que que eu non saiba facelo poida ser por descoñecemento, por non telo feito nunca. Respondo iso? Sabes ti algo máis?. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 14:39, 18 abril 2008 (UTC)

Modelo:Link[editar a fonte]

Ola Alberte. Pareceume penoso o artigo Descubrimento de América (fora creado onte) e decidín traducilo de wp.es (metinme nun bo sarillo). Creei Modelo:Ref-internet traducíndoo do castelán e creei traducíndoo do castelán Modelo:Link. Pero este último, como podes ver nas referencias de Descubrimento de América non funciona (espero que non sexa cousa do caché, pois intentei actualizar varias veces). O malo é que nnn entendo a linguaxe con que foi creado e non sei o que debo facer. ¿Sabes de alguén que me bote unha man?. Grazas--Lmbuga Commons - Galipedia 09:57, 20 abril 2008 (UTC)

Xa está arranxado, se non foi alguén, foi cousa de que non me actualizaba a páxina--Lmbuga Commons - Galipedia 10:16, 20 abril 2008 (UTC)

Xeografía de Francia[editar a fonte]

Ola Alberto ! Estamos facendo unha guerra de edicions ! A IP usuario:86.198.92.195 son eu pasando de presa. Antes o artigo que se llamaba Xeografía de Francia sóo levaba mapas das divisións de Francia con case todos os nomes en francés. Anduven facendo traballo dandolle os nomes en galego tal como estan nas caixas de navegacion de departamentos franceses e rexións de Francia. Logo mudei o artigo co titulo Divisións de Francia, sacondolle a redireccíon para que o titulo Xeografía de Francia sirva para un artigo de tipo Xeografía de España, por exemplo traducindo fr:Géographie de la France. Esique non sei si é que non te deches conta de isto, ou si é que non concordas co que contaba facer eu . Xa sabes, non teño ningunha intención de facer guerra de edicións e deixo a redrección que queda agora por a tua conta. Saúdos ElviraConversa comigo 20:46, 24 abril 2008 (UTC)

Gracias Alberte ! O borrado é a millor solución en canto non se abre un artigo con un minimo de contido correcto. Saúdos ElviraConversa comigo 16:50, 25 abril 2008 (UTC)

Wikipedia:A Taberna#Wikipedia:Votacións[editar a fonte]

Nomeeite nesa entrada. Nomeeite con tódolos meus respectos e parabéns pola túa actuación. A miña intención é demostrar que actuacións como a túa ou como outras que eu podo ter como admnistrador son lícitas inda que non se ateñan ás políticas. Creáronse políticas restritivas, irresponsables coa comunidade, e absurdas. Abaixo con elas--Lmbuga Commons - Galipedia 02:01, 26 abril 2008 (UTC)

  • Non podo deixar de meter baza. Actuacións como as de Alberte ou as de Lmbuga son, polo de agora, perfectamente lícitas e beneficiosas para a Galipedia. É certo que non se ativeron á letra das políticas aprobadas pero igualmente certo que respectaron o espíritu desas mesmas políticas. E o feito é que ninguén protestou. Non creo que se lles poida acudar de restritivas, irresponsables nin absurdas. Dicir iso paréceme moi forte, pensando nos que votamos nelas (a favor ou en contra, daría o mesmo). Pedro --Lameiro (conversa) 10:06, 26 abril 2008 (UTC)
  • Fixen unha nova votación, nas imaxes a destaque, mentres esperaba que me respostaras, bótalle un ollo por se non é válido. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 11:23, 26 abril 2008 (UTC)

imaxe da semana[editar a fonte]

graciñas, Alberte! comenteillo a Xabier porque vin que andaba conectado. No futuro haberá que evitar chegar a estas situacións. Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 12:23, 28 abril 2008 (UTC)