Saltar ao contido

Consello de Ministros de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Consello de Ministros en 2021.

O Consello de Ministros de España é un órgano colexiado político constitucional formado polo presidente do Goberno, os vicepresidentes e máis os ministros. Habitualmente reúnense os martes laborables ás 10:00 horas no Palacio da Moncloa, en Madrid, non obstante con carácter excepcional pódese celebrar en calquera día e hora e en calquera outra parte do territorio nacional. Tamén con carácter excepcional pode ser presidido polo rei de España, a petición do presidente do Goberno, en cuxo caso o Consello delibera en presenZa do rei sobre os asuntos de Estado, de acordo co disposto no artículo 62 da Constitución, non podendo en ningún caso tomar acordos en presenZa do xefe do Estado.

A convocatoria e a presidencia do Consello de Ministros corresponde ao presidente do Goberno, actuando como secretaria a vicepresidenta primeira do Goberno e ministra da Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática.As súas reunións, das que se levantará acta pública, poderán ter carácter deliberante e/ou decisorio. Nas actas figurarán, exclusivamente, as circunstancias relativas ao tempo e lugar da súa celebración, a relación de asistentes, os acordos adoptados e os informes presentados. Non poderán recollerse, por tanto, nin os votos particulares nin as deliberacións que manteñan os distintos membros do Goberno, xa que estas por ley son de carácter secreto.

En canto ao réxime de funcionamento, ás reunións do Consello de Ministros poderán asistir os secretarios de Estado cando sexan convocados. En tal caso, os secretarios de Estado convocados, con carácter previo ao inicio da reunión, deberán prestar xuramento ou promesa de manter o secreto das deliberacións do Goberno.

Funcións e control

[editar | editar a fonte]

Exerce a función executiva e ostenta potestade reglamentaria:

  • Ten iniciativa lexislativa, aproba os proxectos de lei e somete a aprobación do Congreso dos Deputados e do Senado.
  • Dicta normas con rango de lei que as Cortes Xerais lle delegan.
  • Dicta decretos leis por urxente necesidade.
  • Garantiza o cumprimento dos tratados internacionais e resolucións de organismos internacionais e supranacionais.
  • Elabora os proxectos de planificación (Presupostos Xerais do Estado), que serán á súa vez aprobados polas Cortes Xerais.

Ao igual que sucede en casi todos os demais países, en España o Goberno é o órgano predominante do Estado, pero Isto non implica que non estea sometido a ningún tipo de control. De feito o Goberno, segundo establece o artículo 108 da Constitución, debe responder solidariamente na súa xestión política ante o Congreso dos Deputados; e pode ser interpelado por esta última e polo Senado cando estas llo reclamen.

Estrutura e composición

[editar | editar a fonte]
Goberno de Pedro Sánchez
(13 de xaneiro de 2020 - ...)
Partido político Partido Socialista Obrero Español
Partido dos Socialistas de Cataluña
Podemos
Partido Comunista de España/Izquierda Unida
Independente
Presidencia
Presidente Pedro Sánchez Pérez-Castejón
8 de xaneiro de 2020 -
Vicepresidencias
Cargo Titular
Vicepresidencia primeira
María del Carmen Calvo Poyato
13 de xaneiro de 2020 - 10 de xullo de 2021
Vicepresidencia segunda Pablo Iglesias Turrión
13 de xaneiro de 2020 - 31 de marzo de 2021
Nadia María Calviño Santamaría[a]
31 de marzo de 2021 -
Vicepresidencia tercera Nadia María Calviño Santamaría[a]
13 de xaneiro de 2020 - 31 de marzo de 2021
Yolanda Díaz Pérez
31 de marzo de 2021 -
Vicepresidencia cuarta Teresa Ribera Rodríguez
13 de xaneiro de 2020 -
Ministerios
Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación María Aránzazu González Laya[a]
13 de xaneiro de 2020 - 10 de xullo de 2021
Xustiza Juan Carlos Campo Moreno
13 de xaneiro de 2020 - 10 de xullo de 2021
Defensa María Margarita Robles Fernández[a]
13 de xaneiro de 2020 -
Facenda
Portavoz do Goberno
María Jesús Montero Cuadrado
13 de xaneiro de 2020 -
Interior Fernando Grande-Marlaska Gómez[a]
13 de xaneiro de 2020 -
Transportes, Movilidade e Axenda Urbana José Luis Ábalos Meco
13 de xaneiro de 2020 - 10 de xullo de 2021
Educación e Formación Profesional María Isabel Celaá Diéguez
13 de xaneiro de 2020 - 10 de xullo de 2021
Traballo e Economía Social Yolanda Díaz Pérez
13 de xaneiro de 2020 -
Industria, Comercio e Turismo María Reyes Maroto Illera
13 de xaneiro de 2020[1]-
Agricultura, Pesca e Alimentación Luis Planas Puchades
13 de xaneiro de 2020[1]-
Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática María del Carmen Calvo Poyato
13 de xaneiro de 2020 - 10 de xullo de 2021
Política Territorial e Función Pública Carolina Darias San Sebastián
13 de xaneiro de 2020 - 27 de xaneiro de 2021
Miquel Iceta Llorens
27 de xaneiro de 2021 - 10 de xullo de 2021
Transición Ecolóxica e Reto Demográfico Teresa Ribera Rodríguez
13 de xaneiro de 2020 -
Cultura e Deporte José Manuel Rodríguez Uribes
13 de xaneiro de 2020 - 10 de xullo de 2021
Asuntos Económicos e Transformación Dixital Nadia María Calviño Santamaría[a]
13 de xaneiro de 2020 -
Sanidade Salvador Illa Roca
13 de xaneiro de 2020 - 27 de xaneiro de 2021
Carolina Darias San Sebastián
27 de xaneiro de 2021 -
Dereitos Sociais e Axenda 2030 Pablo Iglesias Turrión
13 de xaneiro de 2020 - 31 de marzo de 2021
Ione Belarra Urteaga
31 de marzo de 2021 -
Ciencia e Innovación Pedro Francisco Duque Duque[a]
13 de xaneiro de 2020 - 10 de xullo de 2021
Igualdade Irene María Montero Gil
13 de xaneiro de 2020 -
Consumo Alberto Carlos Garzón Espinosa
13 de xaneiro de 2020 -
Inclusión, Seguridade Social e Migracións José Luis Escrivá Belmonte[a]
13 de xaneiro de 2020 -
Universidades Manuel Castells Oliván[b]
13 de xaneiro de 2020 -
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 A proposta do PSOE.
  2. A proposta de Catalunya en Comú.
  1. 1,0 1,1 "Real Decreto 8/2020, de 12 de enero, por el que se nombran Ministros del Gobierno". BOE-A-2020-416 (11). 13/1/2020.