Saltar ao contido

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Consellería de Cultura e Turismo»)
Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura e Turismo entre 2018 e 2020

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude é unha consellería da Xunta de Galicia con competencias na xestión e promoción da cultura, así como da protección do patrimonio, a promoción e protección de lingua e da promoción de políticas de cara á mocidade. Noutros tempos encargouse do fomento do deporte, da área de turismo e estivo fusionada coa consellería de Educación. O seu actual titular é José Carlos López Campos.

A consellería de Cultura viviu ao longo dos anos diversas modificacións, tanto en competencias como en denominacións. Os principais elementos de variación foron o turismo (unha área que tamén correspondeu á consellería de Industria e o deporte (que ás veces correspondeu a outras consellerías, como Familia e outras veces dependeu directamente do presidente da Xunta co rango de secretaría xeral. O primeiro conselleiro foi Xosé Filgueira Valverde, en calidade de asesor especial do presidente Xerardo Fernández Albor. Posteriormente consolidouse como unha das consellerías fundamentais. Ademais, durante o período dun ano ao remate da era Albor, asociouse con Benestar social.

Ademais. entre 1983 e 1986 foi integrada na estrutura da consellería de Educación, fusión que volveu repetir a partir de 2012. Dende 2018 ata 2020 recupera a súa independencia como Cultura e Turismo, pasando a partir de 2020 a ser fusionada de novo con Educación e Universidade. En 2024 recuperou a súa independencia como Cultura, Lingua e Xuventude.

Conselleiros

[editar | editar a fonte]
  1. Xosé Filgueira Valverde (1982–1983). Como conselleiro adxunto ao presidente en materia cultural.[1] A partir de finais de 1982 fíxoo co nome de conselleiro para a Cultura.[2]
  2. Alejandrino Fernández Barreiro (1986–1987). Como conselleiro de Cultura e Benestar Social: .
  3. Alfredo Conde (1987–1990). Como conselleiro de Cultura e Deportes.
  4. Daniel Barata Quintas (1990–1993). Como conselleiro de Cultura e Xuventude.
  5. Víctor Manuel Vázquez Portomeñe (1993–1996). Como conselleiro de Cultura.
  6. Xesús Pérez Varela (1996–2005). Como conselleiro de Cultura e Comunicación Social. A partir de 1997 como conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
  7. Ánxela Bugallo (2005–2009). Como conselleira de Cultura e Deporte.
  8. Roberto Varela (2009–2012). Como conselleiro de Cultura e Turismo.
  9. Xesús Vázquez Abad (2012-2015). Como conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
  10. Román Rodríguez González (2015-2020). Como conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (2015-2018), conselleiro de Cultura e Turismo (2018-2020) e conselleiro de Cultura, Educación e Universidade (2020-2024)
  11. José Carlos López Campos (2024- ). Como conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude.
  1. Decreto, DOG. n.º 1 22 de xaneiro de 1982.
  2. Decreto, DOG. n.º 33 17 de decembro de 1982.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]