Comunismo soviético

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A expresión comunismo soviético adoita designar, na bibliografía e na historia, as distintas variantes do comunismo, baseadas no marxismo-leninismo, e desenvolvidas na teoría ou experimentadas na práctica na Unión Soviética entre 1917 (Revolución de Outubro) e 1991 (disolución da Unión Soviética).[1]

Comunismo e soviético[editar | editar a fonte]

O termo "comunismo" fai referencia ás propostas políticas, económicas e sociais do movemento obreiro. Evolucionaron desde o socialismo utópico da primeira metade do século XIX até o marxismo, co Manifesto Comunista (1848) e O Capital (1867), o bakuninismo ou o anarcocomunismo. Cando se utiliza para referirse ao proxecto xenérico de emancipación do proletariado, é intercambiábel co termo "socialismo". Porén, trátase dunha diferenza moi marcada cando a intención de quen os usa é diferenciar politicamente os partidos comunistas e os partidos socialdemócratas. Nalgúns casos, cada un deles utilízaos de maneira pexorativa para referirse ao seu oposto, e mesmo os asocia a outros conceptos: social-fascista, social-traidor, imperialismo comunista, tiranía comunista etc. Estas últimas expresións son tamén usadas desde o anticomunismo doutras orientacións políticas, xunto a outras, como a irónica paraíso comunista.[2] Desde a terminoloxía propia do comunismo soviético, que desenvolveu unha linguaxe moi estereotipada, era moi usual utilizar como cualificativos despectivos termos como desviacionista, revisionista ou reaccionario.[3]

O termo Soviet (do ruso Совет) designa as asembleas revolucionarias dos obreiros que se apoderaron das súas fábricas e os soldados que desertaran do exército tsarista durante a revolución.

Posteriormente elixíronse as denominacións soviético e comunista como adxectivos definitorios, respectivamente, do estado socialista e do partido único creados a partir do antigo tsarismo. En 1918 denomínase República Socialista Federativa Soviética de Rusia e outras repúblicas soviéticas, e posteriormente, en 1922, Unión Soviética. O partido bolxevique, totalitario, tivo sucesivas redenominaciones: Partido Comunista Ruso bolxevique (1918), Partido Comunista dos Bolxeviques da Unión (1925) e Partido Comunista da Unión Soviética (1952).

Variantes do comunismo soviético[editar | editar a fonte]

Leninismo[editar | editar a fonte]

Foi denominado así por ser desenvolvido por Vladimir Ilich Ulianov Lenin, o primeiro dirixente da revolución e do novo estado. Definiu este de xeito explícito como unha fase transitoria, a "ditadura do proletariado", cara a construción dun estado socialista. Nunha fase futura debería conseguir a desaparición das clases sociais e, xa que logo, o xurdimento dun home novo. O concepto leninista de vangarda revolucionaria e a súa interpretación da nova fase en que entrara o capitalismo (o imperialismo) foron os soportes teóricos dunha revolución que non respondía aos esquemas marxistas decimonónicos. Dous lemas atribuídos a Lenin acabaron por definir o comunismo soviético: Socialismo = electrificación + poder dos soviets; Liberdade para que?[4][5]

Porén, percibiu claramente a necesidade de adecuarse ás condicións reais, polo que non tivo inconveniente en retroceder na construción do socialismo iniciada no período coñecido como comunismo de guerra (1919-1921). Considerou necesario reintroducir nese período elementos capitalistas, de mercado e iniciativa privada no período da Nova Política Económica (1921-1928).

Nos seus últimos anos (maio de 1922-xaneiro de 1924), Lenin foi perdendo as facultades físicas e mentais, a pesar do cal foi mantido en teoría no poder. Este período inaugurouse unha das prácticas de maior continuidade no comunismo soviético: a xerontocracia ou goberno dos vellos. O mecanismo revolucionario de selección das elites conducía á súa perpetuación vitalicia no poder. Noutros réximes comunistas mesmo existía a sucesión biolóxica, con auténticas dinastías comunistas. Terminouse por denominar kremlinoloxía á interpretación de sutís cambios nas mensaxes, moitos deles vinculados ao estado de saúde dos dirixentes. Estes eran expresados nunha terminoloxía estereotipada que constituían a parte esencial da actividade política.

Estalinismo[editar | editar a fonte]

O estalinismo, a política imposta por Iósif Vissariónovich Dzhugashvili Stalin, o segundo dirixente da Unión Soviética, tamén foi denominada o socialismo nun só país. Baseábase en considerar unha posíbel autarquía da URSS fronte ao resto do mundo, dominado polas potencias capitalistas e imperialistas. Nestas, os partidos comunistas locais mantíñanse vinculados ao Partido Comunista da Unión Soviética mediante as sucesivas refundacións da Internacional comunista (o Komintern e, dende 1947, o Kominform) e políticas de alianzas antifascistas.

Trotskismo[editar | editar a fonte]

Esta tendencia foi desenvolvida por Lev Trotski, até 1927 un dos máximos dirixentes da Unión Soviética, e exiliado desde 1929. Os seus enfrontamentos previos con Stalin manifestáronse de forma evidente durante a agonía de Lenin e o período que se abriu trala súa morte en 1924. Discrepaba radicalmente da estratexia que debía seguir a revolución, pois, fronte ao socialismo nun só país, propuña a revolución permanente).

Tras a Gran Purga, o trotskismo acabou por equivaler a unha acusación de delito no seo dos partidos comunistas de calquera país. Converteuse nun escisión da Unión Soviética moi crítico con ela, e fundou a Cuarta Internacional. Os enfrontamentos entre trotskistas (co apoio de parte do anarquismo) e estalinistas (co apoio de parte do socialismo), e posteriormente entre comunistas, anarquistas e socialistas, protagonizaron as disputas internas no bando republicano durante a Guerra Civil española, reflectidas nos sucesos de Barcelona de 1937. George Orwell, presente neses enfrontamentos, inmortalizounos en obras como Homenaxe a Cataluña (1938) ou Rebelión na granxa (1984). Trotski estabeleceuse en México, onde se reproduciron con violencia os enfrontamentos entre trotskistas e estalinistas. Estes litixios culminaron co asasinato do propio Trotski o 21 de agosto de 1940.

Conceptos vinculados ao comunismo soviético[editar | editar a fonte]

Disolución do comunismo soviético[editar | editar a fonte]

Comunismo chinés[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: China, Mao Zedong e Deng Xiaoping.

Comunismo cubano[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Edward Hallett Carr Historia da Rusia soviética
  • E. P. Thompson Historia do século XX

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Uso bibliográfico
  2. Uso bibliográfico
  3. Véase neolingua. É moi reproducida unha táboa irónica de xeración de discursos completamente baleiros de contido, con varios tópicos da linguaxe estereotipada do comunismo soviético (citado por Margarita Recasens, Actividades para mejorar como lectores, p. 57).
  4. Fernando de los Ríos cita esa frase como a resposta de Lenin ao seu cuestionamiento da falta de liberdade no réxime soviético. Mi viaje a la Rusia soviética (1921). Como consecuencia do informe de De los Ríos, o PSOE español non se adheriu á Terceira Internacional, o que causou a escisión do Partido Comunista de España. Outros partidos de orientación socialdemócrata emprenderan andainas similares, e constituíron a chamada Segunda Internacional e Media.
  5. Frase moi citada, aquí mencionada por Slavoj Žižek Lenin ciberespacial: ¿por qué no? Arquivado 03 de decembro de 2021 en Wayback Machine. International Socialism N° 95, 2002.
  6. Uso bibliográfico
  7. Uso bibliográfico