Revolución permanente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A revolución permanente é unha teoría socialista que formula que a revolución socialista debe estar baixo o control do proletariado, e debe ser internacional para garantir o seu triunfo.

Un dos seus promotores mais famosos foi Lev Trotski, un revolucionario ruso que axudaría a que a revolución rusa triunfase; a revolución permanente normalmente asóciase con Trotski porque escribiu un libro titulado Revolución permanente. Este libro foi publicado en Alemaña pola oposición de esquerda. Esta teoría contraponse á do "socialismo nun só país" defendida por Iosif Stalin e Nikolai Bukharin, os seus acérrimos inimigos. Xa que Trotski dentro do partido comunista era de esquerda pero Iosif Stalin era de centro e Bukharin de dereita.

Segunda esta teoría a burguesía en países subdesenvolvidos non levaría a cabo a revolución democrática debido a algúns factores: a súa dependencia do sistema capitalista e a súa debilidade histórica. Por esta razón o proletariado debe soportar toda a carga da revolución e esta revolución debe ser internacional para que poida triunfar.

Contexto[editar | editar a fonte]

O libro Revolución permanente foi publicado cando Stalin estaba perseguindo a oposición de esquerda para purgala, xa que a oposición de esquerda era un dos seus inimigos políticos. Mesmo un dos membros desta oposición era Trotski, o seu acérrimo inimigo. Unha das diferenzas xa mencionadas entre Trotski e Stalin era que Stalin cría no "socialismo nun só país" pero Trotski cría na revolución permanente.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]