Soviet das Nacionalidades
O Soviet das Nacionalidades (en ruso: Совет Национальностей) era unha das dúas cámaras do Soviet Supremo da Unión Soviética, creado pola Constitución da Unión Soviética de 1936. Funcionou entre os anos 1938 e 1991. A diferenza do Sóviet da Unión, o Sóviet das Nacionalidades estaba composto polas distintas nacionalidades (repúblicas) da Unión Soviética.
O Sóviet das Nacionalidades gozou dos mesmos dereitos que o Sóviet da Unión, tanto na área das iniciativas lexislativas, coma na resolución doutras cuestións. Tiña autonomía para elixir ao seu presidente, que dirixía as sesións da cámara, así coma aos seus catro vicepresidentes e ás comisións permanentes.
Composición e forma de elección[editar | editar a fonte]
O Soviet das Nacionalidades estaba composto por 625 deputados, e os seus membros eran elixidos de forma universal, igualitaria, directa e secreta, de acordo cos principios da democracia socialista. Coa regra de igualdade de representación das diferentes nacionalidades soviéticas, o soviet estaba formado pola mesma cantidade de representantes de cada unha das Repúblicas da Unión Soviética:
- 32 deputados por cada república (sen contar outras unidades autónomas que podían estar dentro da república, que enviaban membros de forma separada)
- 11 deputados por cada república autónoma
- 5 deputados por cada óblast autónomo
- 1 deputado por cada distrito nacional
Presidentes do Soviet das Nacionalidades[editar | editar a fonte]
Nome | Período |
---|---|
Nikolái Shvérnik | 1938 - 1946 |
Vasili Kuznetsov | 1946 - 1950 |
Zhumabay Shayakhmetov | 1950 - 1954 |
Vilis Lācis | 1954 - 1958 |
Janis Peive | 1958 - 1966 |
Justas Paleckis | 1966 - 1970 |
Yadgar Sadikovna Nasriddinova | 1970 - 1974 |
Vitalijs Rubenis | 1974 - 1984 |
August Voss | 1984 - 1989 |
Rafiq Nishonov | 1989 - 1991 |