Saltar ao contido

Cogombro do demo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cogombro do demo
Ecballium elaterium
Achille Richard Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
    E. elaterium (mul)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Basónimo
Características
 Fonte de
elaterium (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 OrdeCucurbitales
 FamiliaCucurbitaceae
 TriboBryonieae
 XéneroEcballium
 EspecieEcballium elaterium Editar o valor en Wikidata
A.Rich. Ecballium elaterium Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/0dqmrx Editar o valor en Wikidata
UNII5BPF8C5CJ4 Editar o valor en Wikidata
ITIS502196 Editar o valor en Wikidata
OTT238160 Editar o valor en Wikidata
CoL38DKH Editar o valor en Wikidata
EOL487852 Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-0000659225 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons
Flor e follas.
Elatérico inmaturo de Ecballium elaterium, o cogombro do demo.

O cogombro do demo,[1] ou elatérico[2] (Ecballium elaterium) é unha planta herbácea perenne da familia das Cucurbitáceas, única especie coñecida do xénero Ecballium, xénero que se caracteriza - entre outras cosas - por ser o único da familia que non ten gabiáns.

Descrición

[editar | editar a fonte]

De talos rastreiros, follas en forma de corazón, triangulares, grosas e irregularmente dentadas, cuxo envés é áspero polos seus duros pelos, desagradábeis ao tacto mais non espiñentos. Flores amareladas, lixeiramente acampanadas, duns 2,5 cm de diámetro e cinco pétalos. Froito ovoide pénsil, moi característico, de 4 a 5 cm de lonxitude, sostido por un longo pedúnculo que vai inchando aos poucos até que a presión interior o creba. Polo burato, sairán a presión as sementes, chegando a acadar unha distancia de até tres metros. Cando o froito está maduro, a máis mínimo rozada provoca o estralo pola presión hidroestática.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Circum-Mediterráneo, e até Armenia e Macaronesia; en barbeitos, beirís de camiños etc...; algo nitrófila.

Sinónimos

[editar | editar a fonte]
  • Momordica elaterium L., Sp. Pl., 2, 1010, 1753 . Basiónimo
  • Bryonia elaterium (L.) E.H.L.Krause
  • Ecballium agreste Rchb.
  • Ecballium officinaleT.Nees
  • Ecballium officinarum Rich. ex M.Roem.
  • Ecballium purgans Schrad.
  • Elaterium cordifolium Moench
  • Momordica aspera Lam. Sen arranxar
  • Momordica ecirrhata Stokes Sen arranxar
  • Momordica elastica Salisb. Sen arranxar[3]

Toda a planta é tóxica xa que contén elaterina e cucurbitacina que son compostos moi tóxicos de acción purgante. Antigamente os seus froitos foron usados coma menciñas.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cogombro.
  2. E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia
  3. Sinónimos en The Plant List

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]