Saltar ao contido

Universidade de Zaragoza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Universidade de Zaragoza
Logotipo
Imaxe
 Nome orixinal
Universidad de Zaragoza (es) Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
 Cargo dirixente
Características
 Lingua usada
Implicados
 Reitor/a
Datas
 Fundación / creación
1542 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substitúe
Localización
 Situado en
 Enderezo
Calle de Pedro Cerbuna, 12, 50009 Zaragoza, Spain Editar o valor en Wikidata
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Código postal50009 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap5606825 Editar o valor en Wikidata
VIAF129607930 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000121560064 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0b1jmg Editar o valor en Wikidata
WordLiftdata.wordlift.io… Editar o valor en Wikidata
OpenAlexP4310321084 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: unizar.es Twitter: unizar Instagram: universidaddezaragoza Youtube: UCbSrZp81aYVpnjyqPStXaaA BNE: XX245075 Dialnet: 3720055 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons
Edificio Paraninfo - Antiga Facultade de Medicina e Ciencias

A Universidade de Zaragoza é un centro de educación superior público, repartida xeograficamente entre os campus de Zaragoza, Huesca, Jaca, Teruel e La Almunia de Doña Godina, todos eles na Comunidade Autónoma de Aragón (España).

Fundada en 1542, reúne en 2008 a máis de 32.000 estudantes e 3.500 membros docentes[1] entre os seus 22 centros e 74 titulacións e estudos propios. O seu actual reitor é Manuel López Pérez.[2]

As orixes da ensinanza superior en Aragón remóntanse á lendaria Academia fundada en Huesca por Quinto Sertorio (século I  a.C). En 1354 Pedro IV de Aragón funda a Universidade Sertoriana de Huesca, que desaparecerá en 1845. Máis tarde, grazas á Igrexa e por man do bispo Braulio, formaríanse as Escolas eclesiásticas con sede en Zaragoza. Estas evolucionarán entre os séculos XII e XIV até que, en 1474, créase o chamado «Estudo xeral de artes» de Zaragoza. Con todo, e debido á oposición encontrada, non foi até 1583 cando, da man do seu fundador (Pedro Cerbuna), se aproban os estatutos da nova Universidade de Zaragoza.

Algúns dos seus profesores ilustres foron Gaspar Lax, matemático; o humanista Juan Lorenzo Palmireno; o xurista José de Sessé; o pedagogo Pedro Simón Abril; o historiador Diego de Espés; o helenista Lorente; o xurista Portolés; o canonista Ejea; o botánico Florencio Ballarín Causada; o médico Ricardo Royo Villanova; o bibliógrafo Félix Latassa; e o xeógrafo Antillón y Montiano, primeiro director da Real Academia da Historia.

Entre os seus alumnos estiveron o humanista Miguel Servet; o historiador Jerónimo Blancas; o arcebispo Pedro Apaolaza Ramírez; o matemático Julio Rey Pastor; o político e escritor cubano José Martí; Santiago Ramón y Cajal, Premio Nobel de Medicina en 1906; Manuel Azaña, presidente da II República; a bibliotecaria María Moliner, autora do famoso Diccionario de uso del español; o cantautor e político José Antonio Labordeta e o debuxante Antonio Mingote.

Escolas e facultades

[editar | editar a fonte]

A Universidade de Zaragoza ten as seguintes escolas efacultades:

  • Escola de Enxeñaría e Arquitectura
  • Escola Politécnica Superior
  • Facultade de Ciencias
  • Facultade de Ciencias Humanas e da Educación de Huesca
  • Facultade de Ciencias da Saúde
  • Facultade de Ciencias da Saúde e do Deporte de Huesca
  • Facultade de Ciencias Sociais e Humanas
  • Facultade de Ciencias Sociais e do Traballo
  • Facultade de Dereito
  • Facultade de Economía e Empresa
  • Facultade de Educación
  • Facultade de Empresa e Xestión Pública
  • Facultade de Filosofía e Letras
  • Facultade de Medicina
  • Facultade de Veterinaria
  • Escola Universitaria Politécnica de Teruel

Centros adscritos

[editar | editar a fonte]
  • EU de Enfermería de Huesca
  • EU de Enfermería de Teruel
  • Escola Universitaria Politécnica de La Almunia de Doña Godina
  • EU de Turismo de Zaragoza
  • Centro Universitario da Defensa

Lista de reitores da Universidade de Zaragoza.

Manuel López, reitor desde 2008.
  1. "Censo Electoral 2008" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 31 de xaneiro de 2013.
  2. "Manuel López Pérez, Rector electo de la Universidad de Zaragoza". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 03 de novembro de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]