Borneiro, Cabana de Bergantiños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°11′23″N 8°57′10″O / 43.18972, -8.95278

Borneiro
Borneiro, Cabana de Bergantiños.jpg
Igrexa parroquial.
Concello Cabana de Bergantiños
Poboación 342 (163 homes e 179 mulleres) hab. (2016)
Entidades de poboación 8

San Xoán de Borneiro é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o Instituto Nacional de Estatística no 2016 tiña 342 habitantes (163 homes e 179 mulleres), 128 menos que no padrón municipal de 2004 cando tiña 470 habitantes (242 homes e 228 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación. En 1999 tiña 514 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Borneiro é atravesado polo rego dos Muíños, que desemboca no río Anllóns na parroquia de Canduas sendo antigamente aproveitado o seu curso por numerosos muíños que lle deron o nome, e dos que hoxe en día aínda se conservan algúns e restos de outros.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Na parroquia sitúase o dolmen de Dombate (monumento megalítico) e o castro de Borneiro (poboado castrexo).

A capela das Virtudes e do Carme, é un templo do século XVI. Atópase no lugar de Briño, nunha carballeira centenaria.

O cruceiro da carballeira de Briño, a carón da capela anteriormente mencionada, está datado como un dos cruceiros galegos máis antigos, sendo construído segundo a inscrición en 1622. No pedestal ten a inscrición Se retocó, trasladó y pintó siendo cura párroco Francisco Lema Martínez natural de esta parroquia. Año 1899, o que testemuña o costume de mover e policromar os cruceiros.

Festas[editar | editar a fonte]

Nesta parroquia celebrase a romaría do Carme do Briño o 18 de xullo e os 24 de xuño réndeselle honor o santo patrón que é San Xoán.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Borneiro[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Borneiro no concello coruñés de Cabana de Bergantiños

Borneiro | O Briño | Dombate | A Fontefría | A Gándara | A Regueira | Vilaseco | Vista Alegre

Parroquias de Cabana de Bergantiños[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cabana de Bergantiños

Anos (Santo Estevo) | Borneiro (San Xoán) | Canduas (San Martiño) | Cesullas (Santo Estevo) | Corcoesto (San Pedro) | Cundíns (San Paio) | O Esto (San Xoán Bautista) | Nantón (San Pedro) | Riobó (San Martiño) | A Silvarredonda (San Pedro)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]