Cocaína

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estrutura química da cocaína

(1R,2R,3S,5S)-3-(benzoiloxi)-8-metil-8-azabiciclo[3.2.1]octano-2-carboxilato de metilo

Número CAS
50-36-2

Código ATC
N01BC01

Fórmula química C17H21NO4
Peso molecular 303,35 g/mol
Metabolismo Hepático
Excreción Renal
Estado legal Psicotrópico:

Lista I (Estados Unidos)

A cocaína é un alcaloide cristalino, que se extrae da folla de coca, planta coñecida como Erythroxylum coca, oriunda de Sudamérica, que medra no Perú, Bolivia e Colombia. Esta planta emprégase como planta medicinal para cólicos abdominais, dor de cabeza, mal de altura e tamén como vigorizante.

Clasificada dentro das drogas ilegais, é un potente estimulante. É empregada por vía respiratoria, baixo a forma de clorhidrato de cocaína, po de cor branco cristalino, que actúa a nivel do sistema nervioso central, causando hiperactividade, locuacidade, maior actividade física e psíquica.

A súa fórmula química é C17H21NO4

Historia[editar | editar a fonte]

A cocaína foi descuberta por Albert Niemann e Friedrich Wahler en 1860, pero foi Angelo Mariani o primeiro en intentar cultivar os arbustos de coca no seu xardín. Ao non conseguir que arraigara importou varias toneladas de follas desta planta e elaborou unha bebida, o viño Mariani. A primeira receita da bebida refrescante Coca-Cola tamen contiña extracto de follas de coca.

A planta foi usada polos Incas dende o século III a.C. como planta medicinal. Durante un tempo a Igrexa prohibiuna porque dicía que era cousa do Demo. Máis tarde volvéuselle dar un uso medicinal e recreativo ata que se viu que o seu abuso creaba adicción.

Consumo[editar | editar a fonte]

Nasal

A cocaína pode ser consumida por distintas vías:

  • Oral: mascando follas frescas da planta de coca.
  • Nasal: por inhalación de "raias" de clorhidrato de cocaína pulverizada, empregando un tubo oco.
  • Aspiración: fumada da pasta de coca. O efecto por esta vía é máis rápido, intenso e breve.
  • Intravenosa: inxectando clorhidrato de cocaína disolto en auga mediante quecemento nunha culler ou similar.
  • Fumada: absórbese moi rapidamente polos tecidos intrapulmonares producindo un efecto moi potente.

O consumo da cocaína provoca unha diminución nas dendritas e unha menor densidade de espiñas das células piramidais, que se atopan no córtex cerebral. Estas neuronas son básicas para a plasticidade do cerebro ou, o que é o mesmo, para manter a capacidade de cambio do sistema nervioso central.

Efectos[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Toxicidade da cocaína.
Principais efectos do uso prolongado da cocaína (información en inglés)

A cocaína ten efectos estimulantes, acompañados de:

O suxeito experimenta unha esaxeración das súas capacidades e habilidades, e de todas as sensacións pracenteiras normais, pero o efecto mais importante é unha intensa euforia que se experimenta como unha intensa sensación de pracer que dura varios segundos.

Estes efectos aparecen de forma case inmediata e a intensidade con que son experimentados depende da dose, da vía de administración e da forma de consumo.

A cocaína é unha droga enormemente aditiva como resultado da súa habilidade para impedir a reabsorción da dopamina polas células nerviosas. O cerebro emite unha anormal e elevada cantidade de dopamina como parte do seu sistema de gratificación, o que está directa ou indirectamente involucrado nas propiedades aditivas das principais drogas.

Outro efecto da cocaína é o desenvolvemento de tolerancia co uso habitual: non se obtén o mesmo efecto coa mesma dose ao cabo dun tempo. Por este motivo, os adictos van aumentando cantidade e frecuencia de forma progresiva.

O efecto da droga pode conducir á ansiedade extrema de consumir máis. No caso extremo a dinámica do consumo pode ter como consecuencia que dure algunhas horas ou días. Un caso especial do consumo de cocaína de larga duración é a aparición da chamada loucura dermatozoica, na que o consumidor está convencido de que os insectos se moven debaixo da súa propia pel. Ademais coa dependencia de cocaína tense a miúdo unha deterioración da conciencia do adicto.

Perfil do consumidor de cocaína[editar | editar a fonte]

O informe Perfil psicosocial de los usuarios de cocaína, elaborado polo proxecto Home en 2008, pon de manifesto que o número de persoas que seguiron tratamentos de desintoxicación no 2000 foi de 767, mentres que no 2007 ascenderon a 3427. O perfil típico do consumidor de cocaína é o seguinte:

  • Home (91,6% fronte ó 8,4% de mulleres)
  • Duns 30 anos (o 76% dos consumidores teñen entre 18 e 35 anos)
  • Solteiro ou divorciado (52% e 12%, respectivamente) que vive cos pais
  • Con traballo (o 90% tiñan traballo no momento de inicia-la desintoxicación)

O 46% consumía a diario e o 9% só durante as fins de semana. O 45% restante non tiña patrón fixo de consumo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibilografía[editar | editar a fonte]

  • Escritos sobre la cocaína - Sigmund Freud. Editorial Anagrama. Colección Argumentos. (1980)
  • "El consumo de cocaína se multiplicó por cuatro en los últimos ocho años", en La Voz de Galicia, 25.06.2008.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cocaína