Saltar ao contido

Debbie Reynolds

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDebbie Reynolds

(1970) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Mary Frances Reynolds Editar o valor en Wikidata
1 de abril de 1932 Editar o valor en Wikidata
El Paso, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte28 de decembro de 2016 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Cedars-Sinai Medical Center, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehemorraxia cerebral Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgreja do Nazareno (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónBurbank High School (en) Traducir
John Burroughs High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura1,57 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, actriz de dobraxe, actriz de televisión, guionista, actriz, emprendedora, actriz de cinema, autobiógrafa, escritora, actriz de teatro, concursante en certames de beleza, bailarina, humanitaria Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1948 Editar o valor en Wikidata - 2016 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorWarner Bros. Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica pop, música pop tradicional e Jazz Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoMGM Records Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeRichard Hamlett (1984–1996)
Harry Karl (1960–1973)
Eddie Fisher (1955–1959) Editar o valor en Wikidata
FillosCarrie Fisher
 () Eddie Fisher
Todd Fisher
 () Eddie Fisher Editar o valor en Wikidata
PaisRaymond Reynolds Editar o valor en Wikidata  e Maxine Reynolds Editar o valor en Wikidata
ParentesBillie Lourd Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webdebbiereynolds.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001666 Allocine: 5200 Rottentomatoes: celebrity/debbie_reynolds Allmovie: p59782 37307 TV.com: people/debbie-reynolds IBDB: 57578
BNE: XX1315809 Spotify: 4Zf0pLGYwNB86Y97kisvkn iTunes: 17129939 Musicbrainz: d0cd6a06-dc19-4fa8-9664-0d96534ef1db Songkick: 508467 Discogs: 262458 WikiTree: Reynolds-5838 Find a Grave: 174613427 Genius: Debbie-reynolds Editar o valor en Wikidata

Mary Frances "Debbie" Reynolds, nada en El Paso o 1 de abril de 1932 e finada nos Ánxeles o 28 de decembro de 2016, foi unha actriz, cantante e empresaria estadounidense, cunha carreira de case setenta anos. Foi candidata ao Globo de Ouro á mellor promesa pola súa interpretación de Helen Kane no filme de 1950 Three Little Words, e revelouse pola súa primeira protagonista, Kathy Selden en Singin' in the Rain (1952). Outros éxitos seus foron The Affairs of Dobie Gillis (1953), Susan Slept Here (1954), Bundle of Joy (1956, candidata ao Globo de Ouro), The Catered Affair (1956, mellor actriz secundaria pola National Board of Review) e Tammy and the Bachelor (1957), en que interpretou a canción "Tammy", que alcanzou o número un da clasificación da revista Billboard.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Reynolds protagonizou Singin' in the Rain (1952), A conquista do Oeste (1962) e The Unsinkable Molly Brown (1964), filme biográfico sobre a célebre Molly Brown.[1] A súa interpretación de Brown supúxolle unha candidatura ao Óscar á mellor actriz. Outros dos seus filmes foron The Singing Nun (1966), Divorce American Style (1967), ¿Que lle pasa a Helen? (1971), A arañeira de Charlotte (1973), Mother (1996), pola que obtivo unha nova candidatura aos Globos de Ouro, e In & Out (1997). Reynolds tamén foi intérprete de cabaré. En 1979, fundou Debbie Reynolds Dance Studio en North Hollywood.[2]

En 1959, publicou o seu primeiro álbum de música pop, titulado Debbie.[3]

En 1969, protagonizou na televisión The Debbie Reynolds Show, pola que foi candidata aos Globos de Ouro. En 1973, Reynolds protagonizou unha versión para Broadway do musical Irene e foi candidata ao premio Tony á mellor actriz de musical. Tamén optou ao premio Daytime Emmy Award polo seu traballo en A Gift of Love (1999) e ao Primetime Emmy por interpretar a nai de Grace, Bobbi, en Will & Grace. No inicio do século XXI, Reynolds chegou a unha xeración máis nova polo seu papel de Aggie Cromwell na serie de Disney Halloweentown.

En 1988, publicou a súa autobiografía, titulada Debbie: My Life. En 2013, publicouse unha segunda autobiografía, Unsinkable: A Memoir.[4]

Reynolds realizou tamén varias aventuras empresariais, incluída a propiedade dun estudio de danza e un hotel e casino en Las Vegas, e foi unha coleccionista de memorabilia cinematográfica, que comezou cos obxectos adquiridos na poxa de MGM de 1970. Foi presidenta de The Thalians, organización dedicada á causa da saúde mental.[1]

Reynolds continuou a actuar con éxito no teatro, na televisión e no cinema cumpridos os oitenta anos. En xaneiro de 2015, recibiu o premio honorífico do Screen Actors Guild.[1] En 2016, recibiu o premio Jean Hersholt.[5] Ese mesmo ano, estreouse un documental sobre a súa vida titulado Bright Lights: Starring Carrie Fisher and Debbie Reynolds, que resultou a súa última aparición no cinema; o filme estreouse en HBO o 7 de xaneiro de 2017.[6][7]

Reynolds faleceu o 28 de decembro de 2016 tras sufrir un infarto. O seu pasamento sucedeu un días despois do da súa filla, Carrie Fisher.[8][9]

Vida privada

[editar | editar a fonte]
Reynolds e Eddie Fisher o día da súa voda, 1955

Reynolds casou en tres ocasións. O primeiro matrimonio foi co cantante Eddie Fisher en 1955.[10] Foron pais de Carrie (1956–2016) e Todd Fisher (1958). A parella divorciouse en 1959 cando se descubriu que pouco despois da morte do marido de Elizabeth Taylor, Mike Todd, Fisher mantivo unha relación con Taylor. Nese momento Taylor e Reynolds eran boas amigas. O asunto foi un grande escándalo público que provocou a cancelación do programa de televisión de Eddie Fisher.[11]

En 2011, Reynolds apareceu en The Oprah Winfrey Show poucas semanas antes do falecemento de Elizabeth Taylor e explicou que as dúas coincidiran viaxando no cruceiro Queen Elizabeth a finais dos sesenta ou principios dos setenta cando se reconciliaron.[12] Reynolds enviou unha nota ao cuarto de Taylor e esta respondeulle cunha proposta para cear xuntas e rematar coa súa disputa. Reynolds describiuno como "un serán marabilloso con moitas risas".[13]

O segundo matrimonio de Reynolds, co empresario millonario Harry Karl, durou de 1960 a 1973.[12] Durante un período na década de 1960, deixou de traballar no estudio o venres pola tarde para asistir ás reunións das Girl Scout, xa que era a líder da tropa da que formaban parte a súa filla Carrie e a súa fillastra Tina Karl, ambas de trece anos.[14] Reynolds viuse posteriormente en dificultades financeiras a causa das apostas e os malos investimentos de Karl.[1] O terceiro matrimonio de Reynolds foi co investidor inmobiliario Richard Hamlett entre 1984 e 1996.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Personaxe Notas Referencias
1948 June Bride Boo's Girlfriend at Wedding Sen acreditar [15][16][17]
1950 Daughter of Rosie O'Grady, TheThe Daughter of Rosie O'Grady Maureen O'Grady [15][16][17]
Three Little Words Helen Kane [15][16][17]
Two Weeks with Love Melba Robinson [15][16][17]
1951 Mr. Imperium Gwen [15][16][17]
1952 Singin' in the Rain Kathy Selden [15][16][17]
Skirts Ahoy! Ela mesma Sen acreditar [15][16][17]
1953 I Love Melvin Judy Schneider / Judy LeRoy [15][16][17]
Affairs of Dobie Gillis, TheThe Affairs of Dobie Gillis Pansy Hammer [15][16][17]
Give a Girl a Break Suzy Doolittle [15][16][17]
1954 Susan Slept Here Susan Beauregard Landis [15][16][17]
Athena Minerva Mulvain [15][16][17]
1955 Hit the Deck Carol Pace [15][16][17]
Tender Trap, TheThe Tender Trap Julie Gillis [15][16][17]
1956 Meet Me in Las Vegas Ela mesma Sen acreditar [15][16][17]
Catered Affair, TheThe Catered Affair Jane Hurley [15][16][17]
Bundle of Joy Polly Parish [15][16][17]
1957 Tammy and the Bachelor Tammy [15][16][17]
1958 This Happy Feeling Janet Blake [15][16][17]
1959 Mating Game, TheThe Mating Game Mariette Larkin [15][16][17]
Say One for Me Holly LeMaise, aka Conroy [15][16][17]
It Started with a Kiss Maggie Putnam [15][16][17]
Gazebo, TheThe Gazebo Nell Nash [15][16][17]
1960 Rat Race, TheThe Rat Race Peggy Brown [15][16][17]
Pepe Cameo [15][16][17]
1961 Pleasure of His Company, TheThe Pleasure of His Company Jessica Anne Poole [15][16][17]
Second Time Around, TheThe Second Time Around Lucretia 'Lu' Rogers [15][16][17]
1962 A conquista do Oeste Lilith Prescott [15][16][17]
1963 My Six Loves Janice Courtney [15][16][17]
Mary, Mary Mary McKellaway [15][16][17]
1964 Unsinkable Molly Brown, TheThe Unsinkable Molly Brown Molly Brown [15][16][17]
Adeus, Charlie Charlie Sorel/Virginia Mason [15][16][17]
1966 Singing Nun, TheThe Singing Nun Sister Ann [15][16][17]
1967 Divorce American Style Barbara Harmon [15][16][17]
1968 How Sweet It Is! Jenny Henderson [15][16][17]
1969 Debbie Reynolds and the Sound of Children Ela mesma Telefilme
1971 ¿Que lle pasa a Helen? Adelle [15][16][17]
1973 A arañeira de Charlotte Charlotte A. Cavatica (voz) [15][16][17]
1974 Busby Berkeley Documental
1982 That's Entertainment! Filme recompilatorio [15][16][17]
1987 Sadie and Son Sadie Telefilme [15][16][17]
1989 Perry Mason: The Case of the Musical Murder Amanda Cody Telefilme [15][16][17]
1992 Battling for Baby Helen Telefilme [15][16][17]
O escolta Ela mesma Cameo [15][16][17]
1993 Jack L. Warner: The Last Mogul Documental [17]
Heaven & Earth Eugenia [15][16][17]
1994 That's Entertainment! III Filme recompilatorio [15][16][17]
1996 Mother Beatrice Henderson [15][16][17]
Wedding Bell Blues Ela mesma [15][16][17]
1997 In & Out Berniece Brackett [15][16][17]
1998 Fear and Loathing in Las Vegas Ela mesma (voz) [15][16][17]
Majo no Takkyūbin Madame (voz, dobraxe en inglés de Disney) [15][16][17]
Zack and Reba Beulah Blanton [15][16]
Rudolph the Red-Nosed Reindeer: The Movie Mrs. Claus / Mitzi – Rudolph's Mother / Mrs. Prancer – School Teacher (voz) [15][16][17]
Halloweentown Splendora Agatha "Aggie" Cromwell Telefilme [15][16][17]
Christmas Wish, TheThe Christmas Wish Ruth Telefilme [15][16]
1999 A Gift of Love: The Daniel Huffman Story Shirlee Allison Telefilme [15][16][17]
Keepers of the Frame Documental [15][16][17]
2000 Rugrats in Paris: The Movie Lulu Pickles (voz) [15][16][17]
Virtual Mom Gwen Telefilme
Rugrats: Acorn Nuts & Diapey Butts Lulu Johnson (voz)
2001 These Old Broads Piper Grayson Telefilme [15][16][17]
Halloweentown II: Kalabar's Revenge Splendora Agatha "Aggie" Cromwell Telefilme [15][16][17]
2002 Cinerama Adventure Ela mesma (entrevistada) Documental
Generation Gap Telefilme
2004 Connie and Carla Ela mesma [15][16][17]
Halloweentown High Splendora Agatha "Aggie" Cromwell Telefilme [15][16][17]
2006 Return to Halloweentown Splendora Agatha "Aggie" Cromwell Telefilme
Cameo
[15][16][17]
Lolo's Cafe Mrs. Atkins (voz) Telefilme
2007 Mr. Warmth: The Don Rickles Project Ela mesma (entrevistada) Documental [15][16][17]
2008 Light of Olympia Queen (voz)
Jill & Tony Curtis Story, TheThe Jill & Tony Curtis Story Ela mesma Documental [17]
Brothers Warner, TheThe Brothers Warner Documental [17]
Fay Wray: A Life Documental
2012 One for the Money Grandma Mazur [15][16][17]
In the Picture Aunt Lilith Curtametraxe
2013 Behind the Candelabra Frances Liberace Telefilme [15][16][17]
2016 Bright Lights: Starring Carrie Fisher and Debbie Reynolds Ela mesma Documental [18]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Lowry, Brian (28 de decembro de 2016). "Debbie Reynolds, 'Singin' in the Rain' star, dies at 84". CNN. Consultado o 29 de novembro de 2016. 
  2. "About". Debbie Reynolds Dance Studios. Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2015. Consultado o 27 de agosto de 2015. 
  3. "Obituary: Debbie Reynolds, a wholesome Hollywood icon". BBC News (Londres). 29 de decembro de 2016. Consultado o 29 de decembro de 2016. 
  4. "Debbie Reynolds Memoir: 'Unsinkable' To Highlight Divorces". The Huffington Post. Associated Press. 31 de xaneiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 5 de marzo de 2016. Consultado o 29 de decembro de 2016. 
  5. Reynolds to Receive Award. Consultado o 27 de agosto de 2015
  6. Littleton, Cynthia. "Inside Debbie Reynolds and Carrie Fisher's Upcoming HBO Documentary: 'It's a Love Story'". Variety. Consultado o 29 de decembro de 2016. HBO will carefully consider the appropriate timing given the tragic developments 
  7. de Morales, Lisa (30 de decembro de 2016). "HBO Moves 'Bright Lights' Debut In Wake of Carrie Fisher, Debbie Reynolds Deaths". Deadline Hollywood. Consultado o 30 de decembro de 2016. 
  8. Almasy, Steve (28 de decembro de 2016). "Debbie Reynolds dies one day after daughter Carrie Fisher passes". CNN. Consultado o 28 de decembro de 2016. Reynolds had complained of breathing problems, an unidentified source told The [Los Angeles] Times. 
  9. "Photo of Debbie Reynolds and Carrie Fisher". Los Angeles Times. 28 de decembro de 2016. 
  10. Grimes, William (24 de setembro de 2010). "Eddie Fisher, Singer and Actor, Dies at 82". The New York Times. ISSN 0362-4331. Consultado o 29 de decembro de 2016. 
  11. Foster, James F. (11 de febreiro de 2014). The Fabulous Fifties (en inglés). Page Publishing Inc. ISBN 9781634172073. 
  12. 12,0 12,1 "Debbie Reynolds on How Elizabeth Taylor Stole Her Husband". ABC News. 21 de xaneiro de 2015. Consultado o 29 de decembro de 2016. 
  13. "Debbie Reynolds Reveals How She Forgave Elizabeth Taylor". The Hollywood Reporter. Consultado o 29 de decembro de 2016. 
  14. "Where Does Debbie Reynolds Go Every Friday Afternoon?". The San Bernardino County Sun. 23 de novembro de 1969. 
  15. 15,00 15,01 15,02 15,03 15,04 15,05 15,06 15,07 15,08 15,09 15,10 15,11 15,12 15,13 15,14 15,15 15,16 15,17 15,18 15,19 15,20 15,21 15,22 15,23 15,24 15,25 15,26 15,27 15,28 15,29 15,30 15,31 15,32 15,33 15,34 15,35 15,36 15,37 15,38 15,39 15,40 15,41 15,42 15,43 15,44 15,45 15,46 15,47 15,48 15,49 15,50 15,51 15,52 15,53 15,54 15,55 15,56 15,57 15,58 15,59 15,60 15,61 15,62 15,63 "Filmography for Debbie Reynolds". Turner Classic Movies. Consultado o 3 de xaneiro de 2017. 
  16. 16,00 16,01 16,02 16,03 16,04 16,05 16,06 16,07 16,08 16,09 16,10 16,11 16,12 16,13 16,14 16,15 16,16 16,17 16,18 16,19 16,20 16,21 16,22 16,23 16,24 16,25 16,26 16,27 16,28 16,29 16,30 16,31 16,32 16,33 16,34 16,35 16,36 16,37 16,38 16,39 16,40 16,41 16,42 16,43 16,44 16,45 16,46 16,47 16,48 16,49 16,50 16,51 16,52 16,53 16,54 16,55 16,56 16,57 16,58 16,59 16,60 16,61 16,62 16,63 "Debbie Reynolds - Credits". TV Guide. Consultado o 19 de febreiro de 2017. 
  17. 17,00 17,01 17,02 17,03 17,04 17,05 17,06 17,07 17,08 17,09 17,10 17,11 17,12 17,13 17,14 17,15 17,16 17,17 17,18 17,19 17,20 17,21 17,22 17,23 17,24 17,25 17,26 17,27 17,28 17,29 17,30 17,31 17,32 17,33 17,34 17,35 17,36 17,37 17,38 17,39 17,40 17,41 17,42 17,43 17,44 17,45 17,46 17,47 17,48 17,49 17,50 17,51 17,52 17,53 17,54 17,55 17,56 17,57 17,58 17,59 17,60 17,61 17,62 17,63 17,64 "Debbie Reynolds Filmography". Rotten Tomatoes. Consultado o 19 de febreiro de 2017. 
  18. "'Bright Lights: Starring Debbie Reynolds and Carrie Fisher': Cannes Review". The Hollywood Reporter. 14 de maio de 2016. Consultado o 11 de xuño de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]