Saltar ao contido

The Big Bang Theory

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Big Bang Theory
Logotipo
Imaxe
(2010)
 Instancia de
 Título
The Big Bang Theory (en) Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
 Caracterizado por
Características
 Xénero artístico
 Formato de distribución
 Ambientado en
 Lingua orixinal
Implicados
 Creador/a
 Director/a
 Guionista
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
 Emisora orixinal
CBS Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de comezo
24 de setembro de 2007 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
16 de maio de 2019 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Nomeamentos
Premio do Sindicato de Actores á mellor actriz de televisión - Comedia (2014)
Premio do Sindicato de Actores ao mellor elenco de televisión - Comedia (2014)
Primetime Emmy ao mellor actor convidado - Serie de comedia (2014)
Kids' Choice Award for Favorite TV Show (en) Traducir (2014)
Primetime Emmy á mellor serie de comedia (2014)
Actor Award for Outstanding Performance by a Male Actor in a Comedy Series (2014)
Predefinição:Prêmio TCA de melhor comédia (pt) Traducir (2014)
TCA Award for Individual Achievement in Comedy (en) Traducir (2014)
Primetime Emmy á mellor actriz secundaria - Serie de comedia (2014)
premiados com o Emmy para melhor ator numa série de comédia (pt) Traducir (2014)
Premio do Sindicato de Actores ao mellor elenco de televisión - Comedia (2013)
Primetime Emmy á mellor actriz secundaria - Serie de comedia (2013)
Actor Award for Outstanding Performance by a Male Actor in a Comedy Series (2013)
Primetime Emmy Award for Outstanding Art Direction for a Multi-Camera Series (en) Traducir (2013)
premiados com o Emmy para melhor ator numa série de comédia (pt) Traducir (2013)
Satellite Award de Melhor série musical ou de comédia (pt) Traducir (2013)
Golden Globe Award de melhor série cómica ou musical (pt) Traducir (2013)
Predefinição:Prêmio TCA de melhor comédia (pt) Traducir (2013)
Directors Guild of America Award for Outstanding Directing – Comedy Series (en) Traducir (2013)
Primetime Emmy á mellor serie de comedia (2013)
Premio Satellite á mellor actriz secundaria - Musical ou Comedia (2013)
Primetime Emmy ao mellor actor convidado - Serie de comedia (2013)
Satellite Award de melhor atriz coadjuvante em uma série, minissérie ou telefilme (pt) Traducir (2012)
Directors Guild of America Award for Outstanding Directing – Comedy Series (en) Traducir (2012)
Satellite Award de Melhor série musical ou de comédia (pt) Traducir (2012)
Premio Satellite á mellor actriz secundaria - Musical ou Comedia (2012)
Golden Globe Award de melhor série cómica ou musical (pt) Traducir (2012)
Primetime Emmy á mellor serie de comedia (2012)
premiados com o Emmy para melhor ator numa série de comédia (pt) Traducir (2012)
TCA Award for Individual Achievement in Comedy (en) Traducir (2012)
Predefinição:Prêmio TCA de melhor comédia (pt) Traducir (2012)
Premio do Sindicato de Actores ao mellor elenco de televisión - Comedia (2012)
Primetime Emmy á mellor actriz secundaria - Serie de comedia (2012)
premiados com o Emmy para melhor ator numa série de comédia (pt) Traducir (2011)
Primetime Emmy Award for Outstanding Art Direction for a Multi-Camera Series (en) Traducir (2011)
Primetime Emmy á mellor serie de comedia (2011)
premiados com o Emmy para melhor ator numa série de comédia (pt) Traducir (2010)
Premio Satellite á mellor actriz secundaria - Musical ou Comedia (2010)
Primetime Emmy Award for Outstanding Art Direction for a Multi-Camera Series (en) Traducir (2010)
Predefinição:Prêmio TCA de melhor comédia (pt) Traducir (2010)
TCA Award for Individual Achievement in Comedy (en) Traducir (2010)
Golden Globe Award de melhor série cómica ou musical (pt) Traducir (2010)
Primetime Emmy á mellor actriz convidada - Serie de comedia (2010)
Primetime Emmy á mellor actriz convidada - Serie de comedia (2009)
Predefinição:Prêmio TCA de melhor comédia (pt) Traducir (2009)
Primetime Emmy Award for Outstanding Art Direction for a Multi-Camera Series (en) Traducir (2009)
premiados com o Emmy para melhor ator numa série de comédia (pt) Traducir (2009)
Premio Satellite á mellor actriz secundaria - Musical ou Comedia (2009)
TCA Award for Individual Achievement in Comedy (en) Traducir (2009)
Satellite Award de Melhor série musical ou de comédia (pt) Traducir (2009) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Nº de episodios
   279 Editar o valor en Wikidata
 Nº de tempadas
   12 Editar o valor en Wikidata
 Formato de imaxe
   16:9 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF184185822 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02r5qtm Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
81% Rotten Tomatoes (16 de febreiro de 2022) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0898266 Filmaffinity: 234364 Allocine: 3247 Rottentomatoes: tv/the_big_bang_theory Metacritic: tv/the-big-bang-theory TV.com: shows/the-big-bang-theory
Facebook: TheBigBangTheory Twitter: bigbangtheory Instagram: bigbangtheory Youtube: UCCxmzh3f-wwRZ-bEdLb80Og BNE: XX5479361 Netlix: 70143830 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

The Big Bang Theory é unha serie de televisión de comedia creada por Chuck Lorre e Bill Prady, ámbolos dous tamén produtores executivos xunto con Steven Molaro. Os tres tamén son os principais guionistas da mesma. A serie comezou a emitirse pola CBS o 24 de setembro de 2007.[1] En marzo de 2014, a serie foi renovada por tres anos máis até unha décima tempada, que se estreou o 19 de setembro de 2016.[2]

A serie céntrase nas vidas de cinco personaxes que viven en Pasadena (California): Leonard Hofstadter e Sheldon Cooper, os dous físicos no Instituto Tecnolóxico de California, que comparten apartamento; Penny, unha camareira aspirante a actriz que se converte en representante farmacéutica e vive na porta de enfronte; e os amigos e compañeiros geeks de Leonard e Sheldon socialmente inadaptados, o enxeñeiro aeroespacial Howard Wolowitz e o astrofísico Raj Koothrappali. A intelixencia e o espírito geek dos catro rapaces contrasta comicamente coas habilidades sociais e o sentido común de Penny.[3][4]

Co tempo, algunhas personaxes secundarias convertéronse en protagonistas: Bernadette Rostenkowski, a moza de Howard (posteriormente a súa muller), unha microbióloga e antiga compañeira de Penny como camareira; a neurocientífica Amy Farrah Fowler, que se une ó grupo despois de coñecer a Sheldon nunha páxina web de citas (despois convértese na moza de Sheldon); Stuart Bloom, o dono dunha tenda de banda deseñada que os personaxes visitan acotío; Leslie Winkle, unha física que saíu con Leonard e Howard; e Emily Sweeney, unha dermatóloga que sae con Raj e sente fascinación polo macabro.

Leonard e Sheldon son dous físicos que comparten traballo e apartamento. Estes dous personaxes, xunto aos seus amigos Howard Wolowitz e Rajesh Koothrappali, representan a uns geeks, moi afastados das inquietudes da xente común.

A serie comeza coa mudanza de Penny, unha veciña nova e atractiva, da que Leonard se encapricha dende o primeiro momento, e que se instala soa no piso de enfronte deles.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Personaxes principais

[editar | editar a fonte]
Jim Parsons interpreta a Sheldon Cooper.
  • Johnny Galecki é Leonard Simeon Leakey Hofstadter, físico experimental. Obtén o seu doutoramento aos 24 anos de idade. Se ben é máis sociable que Sheldon, ao igual que Rajesh e Howard nunca ten moito éxito coas rapazas. Intenta conquistar á súa veciña, Penny, aínda que de momento sen éxito. Vive con Sheldon e apaixónano os cómics e os videoxogos. Ademais é intolerante á lactosa e miope.
  • Jim Parsons é Sheldon Cooper, físico teórico. Foi un neno superdotado proveniente do leste de Texas. Pasou de quinto de primaria á universidade. Agora ten dous doutoramentos e un máster. É moi intelixente, mais extremadamente soberbio, tendo varios defectos de personalidade, como ineptitude social, absoluta falta de empatía, e é incapaz de detectar o sarcasmo, todo isto é debido a que padece a síndrome de Asperger, aínda que isto non se dixo nunca na serie, ao igual que tampouco se dixo a súa orientación sexual. Ademais tamén sofre de trastorno obsesivo compulsivo da personalidade (TOC da personalidade). É fan empedernido de Star Trek, en especial de Spock.
  • Kaley Cuoco é Penny, camareira e aspirante a actriz. É a única amiga feminina do grupo e a única que ten un coeficiente intelectual normal. É camareira no famoso local "The Cheesecake Factory" ("Fábrica das tortas de queixo") e foi o amor platónico de Leonard, durante as primeiras tempadas. Na terceira tempada comezan unha relación estable (até o capítulo 3). O resumo da súas relacións sentimentais é pésimo.
  • Simon Helberg é Howard Wolowitz, enxeñeiro aeroespacial. É xudeu e sempre viste roupa axustada e psicodélica. Vive coa súa nai e é un pouco pervertido coas rapazas, saíndo estas sempre fuxindo de onda el.
  • Kunal Nayyar é Rajesh Ramayan Koothrappali, astrofísico. Representa un estereotipo de indio nos Estados Unidos. A súa familia é adiñeirada. Nas primeiras tempadas padecía un trastorno que lle impedía falar coas mulleres; só se daba comunicado con elas se estaba bébedo.

Personaxes secundarios

[editar | editar a fonte]
  • Sara Gilbert é Leslie Winkle, física. Compañeira de traballo de Sheldon e Leonard. Odia a Sheldon pola súa arrogancia, competindo todo o tempo por demostrar quen é máis intelixente. En varias ocasións solucionou ecuacións que Sheldon era incapaz de resolver.
  • Christine Baranski é a Dra. Beverly Hofstadter, a nai de Leonard. É unha neuróloga e psiquiatra insensible e pedante. Mantén unha relación extremadamente distante con Leonard pero enténdese ben con Sheldon, xa que comparten características de personalidade similares. Analiza psicoloxicamente a todos constantemente. Tivo a súa aparición no episodio The Maternal Capacitance.
  • Mark Harelik é o doutor Eric Gablehauser. É o xefe do departamento onde traballan Leonard, Sheldon, Howard e Raj, entre outros.
  • John Ross Bowie é Barry Kripke, colega físico do Instituto Tecnolóxico de California (Caltech) á que asisten Sheldon, Leonard, Wolowitz e Raj. É arrogante, competitivo e posúe moi poucos modos. Desafiou a Sheldon a unha pelexa de robots, a cal finalmente gañou. Sheldon utilizouno para probar o seu Algoritmo da Amizade.
  • Laurie Metcalf é Mary Cooper, a nai de Sheldon. É unha cristiá devota de Texas. Ten dous fillos ademais de Sheldon, incluíndo a irmá xemelga deste, chamada Missy Cooper. Non é superdotada pero é moi perspicaz, e é a única persoa capaz de controlar a Sheldon.

Nomeamentos e premios

[editar | editar a fonte]
Ano Resultado Categoría Premio Receptor
2009NomeadoMellor actor principal nunha serie de comediaPremios EmmyJim Parsons
NomeadoMellor actor invitado nunha serie de comediaChristine Baranski
GañadorGalardón en comediaTeen Choice Awards
GañadorGalardón individual en comediaJim Parsons
  1. "The Big Bang Theory: Cast & Details". TV Guide. Consultado o 28 de xaneiro de 2013.
  2. Ausiello, Michael (21 de xuño de 2016). TVLine, ed. "CBS Fall Premiere Dates: Big Bang, NCIS, MacGyver, XL Scorpion and More". Consultado o 22 de xuño de 2016.
  3. Gary Strauss (11 de abril de 2007). USA Today, ed. "There's a science to CBS' Big Bang Theory". Consultado o 7 de novembro de 2008.
  4. Scott D. Pierce (8 de outubro de 2007). Deseret News, ed. "He's a genius". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2009. Consultado o 11 de decembro de 2008.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]