Jordan Sakho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jordan Sakho
Río Breogán  – No. 18
Información persoal
Nacemento 4 de abril de 1997 (27 anos)
Kinshasa, R.D. Congo
Altura 2,07 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 105 kg (231 lb)
Posición Pivote
Información da carreira
Canteira Torrelodones (2013−2015)
Carreira 2015−presente
Historial de equipos
Torrelodones (2015–2016) EBA
Martorell (2016−2017) EBA
Bàsquet Manresa (2016−2021) ACB
San Pablo Burgos (2020−2021) ACB
Río Breogán (2021–2022) ACB
UCAM Murcia (2022–2024) ACB
Río Breogán (2024–presente) ACB

Jordan Djounorou Sakho, nado o 4 de abril de 1997 en Kinshasa, é un xogador profesional de baloncesto congolés. Cunha altura de 2,09 m xoga na posición de pivote. O seu actual equipo é o Río Breogán da Liga ACB.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Kinshasa, República Democrática do Congo, Sakho formouse como xogador nas categorías inferiores do Torrelodones. Tras debutar en Liga EBA, ao seguinte asina co Bàsquet Manresa da Liga ACB, categoría na que debuta o 9 de outubro de 2016 ante o UCAM Murcia. No encontro, disputou 1:40 minutos nos que conseguiu anotar dous puntos. Esa mesma temporada disputa dez xogos máis, sendo a súa mellor actuación na xornada 33 ante o Joventut con 6 puntos e 9 rebotes.[1] Tras ser cedido ao San Pablo Burgos e finalizar o seu contrato en Manresa, o 7 de agosto de 2021 asina polo Río Breogán.[2]

Clubs[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa carreira, Sakho ten xogado para os seguintes equipos profesionais:[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Partidos". ACB (en castelán). Consultado o 7 de agosto de 2021. 
  2. "Jordan Sakho, escolta tirador para o Río Breogán". CB Breogán. 30 de xullo de 2021. Consultado o 30 de xullo de 2021. 
  3. "Jordan Sakho. Trayectoria y logros" [Jordan Sakho. Traxectoria e logros]. ACB (en castelán). Consultado o 7 de agosto de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]