José Ángel Antelo
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | (es) José Ángel Antelo Paredes 7 de maio de 1987 Noia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 15 de xuño de 2019 – Electo en: eleccións municipais de 2019 en Murcia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 203 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 102 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2004 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Partido político | Vox | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Ala-pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
José Ángel Antelo Paredes, nado en Noia o 7 de maio de 1987, é un ex xogador galego de baloncesto profesional e político ultradereitista. Xogaba de ala-pivote e mide 203 centímetros.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Formado na canteira do C.B. Noia, aos dez anos marchou para as categorías inferiores do Real Madrid, que era o club propietario do seu contrato. Na campaña 2004-05 xogou cedido no Cáceres CB e na 2005-06 no CAI Zaragoza, xogou posteriormente co Bilbao Basket (ACB): 2006-2007, Club Bàsquet L'Hospitalet (LEB): 2007-2008, Tenerife Club de Baloncesto (LEB Ouro): 2008-2009, Baloncesto Fuenlabrada (Liga ACB): 2008-2010, Baloncesto León (LEB Ouro): 2010 e Cáceres 2016 Basket (LEB Ouro): 2010-2011.
Antelo Paredes formou parte da primeira selección nacional de baloncesto de Galicia, que debutou fronte ao Xapón, o 28 de xuño de 2006. Tamén integrou a segunda convocatoria desta selección, o 21 de xuño de 2007, contra Cuba.
En 2019 retirouse do baloncesto profesional logo de varias lesións no tendón de Aquiles.
Traxectoria política
[editar | editar a fonte]Tras a súa retirada deportiva pasou a militar no partido político Vox[1]. Entrou na corporación municipal de Murcia como concelleiro e presidiu Vox Murcia dende decembro de 2019[2].
Encabezou a lista autonómica da formación ultradereitista ás Eleccións autonómicas de 2023, e conseguiu máis que dobrar os escanos, pasando de 4 a 9. En 2026, no medio dunhas disputas coa cúpula nacional do partido, foi presionado para que presentase a súa dimisión[3]. Ao non o facer, foi expulsado do partido o 6 de marzo[4], se ben conservou o seu escano.
Títulos
[editar | editar a fonte]Vida persoal
[editar | editar a fonte]Está casado[4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "VOX confirma el fichaje de José Ángel Antelo tras su retirada". Marca (en castelán). 12 de abril de 2019.
- ↑ "Abascal nombra a José Ángel Antelo presidente de la gestora de Vox en la Región de Murcia". La Opinión de Murcia. 4 de decembro de 2019.
- ↑ Almagro, Elisa M. (2026-02-27). "El líder de Vox en Murcia reta a Abascal y se aferra al escaño: "Sigo siendo portavoz"". elDiario.es (en castelán). Consultado o 2026-02-27.
- 1 2 Ferrán, Jaime (2026-03-07). "La semana de pasión de José Ángel Antelo". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 2026-03-08.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en Noia
- Nados en 1987
- Ala-pivotes de baloncesto
- Xogadores de baloncesto de Galicia
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Xogadores do Cáceres CB
- Xogadores do Basket Zaragoza 2002
- Xogadores do Bilbao Basket
- Xogadores do CB L'Hospitalet
- Xogadores do Tenerife CB
- Xogadores do Baloncesto Fuenlabrada
- Xogadores do CB Murcia
- Xogadores do Cáceres Ciudad del Baloncesto
- Concelleiros de España
- Políticos de Vox