Búfalo anano de Mindoro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bubalus mindorensis»)
Búfalo de Mindoro
Estado de conservación
Crítico
Crítico[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Bovidae
Subfamilia: Bovinae
Xénero: Bubalus
Especie: B. mindorensis
Heude, 1888
Área de distribución de Bubalus mindorensis.
Área de distribución de Bubalus mindorensis.

Área de distribución de Bubalus mindorensis.
Un peso filipino de 1985 co búfalo de Mindoro (Anoa mindorensis)

O búfalo anano de Mindoro (Bubalus mindorensis) é unha especie de bóvido de tamaño pequeno que vive unicamente na illa de Mindoro, en Filipinas. Na illa atópase tamén o seu parente o búfalo indio, do que este se diferencia sobre todo polo seu tamaño moito menor. Tamén é máis peludo, de cornos máis curtos e coa cara de cor máis clara que o resto do corpo que o seu parente. Non se coñecen subespecies.[2]

No pasado podía encontrarse tamén na illa de Luzón, pero a caza e destrución do seu hábitat minguou a súa poboación a unhas poucas cabezas en certas chairas herbáceas de Mindoro. A especie, polo tanto, corre un grave perigo de extinción. Na actualidade é unha especie protexida e considérase un símbolo das illas Filipinas. Mesmo figurou nas moedas dun peso que se acuñaron entre 1980 e os primeiros anos 1990.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hedges, S., Duckworth, J.W., Huffman, B., de Leon, J., Custodio, C. & Gonzales, J. (2013). "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. Wilson, D.E.; Reeder, D.M., eds. (2005). Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]