Estrepsicerotinos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Strepsicerotini»)
Estrepsicerotinos ou Traguelafinos
Strepsicerotini vel Tragelaphini

Rango fósil: mioceno medio – actualidade

Taurotragus oryx
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Suborde: Ruminantia
Infraorde: Pecora
Familia: Bovidae
Subfamilia: Bovinae
Tribo: Strepsicerotini
Simpson, 1945 ou
Tragelaphini
Ellerman et al., 1953
segundo os autores.[1]
Xéneros

A dos estrepsicerotinos (Strepsicerotini), ou traguelafinos (Tragelaphini), é unha tribo de mamíferos artiodáctilos ruminantes da familia dos bóvidos e subfamilia dos bovinos, que comprende especies que se encontran só no continente africano (a diferenza das dos boselafinos e dos bovininos, que son na súa maioría asiáticos).

Os membros deste grupo son antílopes de tamaño grande e constitución lixeira, co pescozo longo, e amosan un considerábel dimorfismo sexual (os machos exhiben grandes cornos enrolados en espiral e as femias carecen deles).

Sete das nove especies (reunidas en dous xéneros) que abrangue a tribo están lixeiramente ameazadas (as do xénero Tragelaphus), dependendo de medidas de conservación para a súa supervivencia, mentres que as outras dúas (as do xénero Taurotragus), o elán común e o grande elán ou antílope de Derby, son seguras.

Taxonomía[editar | editar a fonte]


Controversia taxonómica[editar | editar a fonte]

Como queda dito na nota 1, Leakey, seguindo ao seu colaborador Simpson, considera o nome da tribo como Strepsicerotini, sendo o seu xénero tipo Strepsiceros Frisch, 1774. Porén, o Taxonomicon admite o nome de Tragelaphini, e o seu xénero tipo, Tragelaphus.[7]

Peter Grubb, en "Review of Family-Group Names of Living Bovids", Journal of Mammalogy Vol. 82, No. 2 (maio de 2001), pp. 374–388, revisa os autores e as datas de publicación dos grupos actualmente existentes dentro da familia dos bóvidos. Entre eles, Tragelaphini se debe atribuír a Blyth, 1863, non a Jerdon, 1874. E que Adenotinae (e Eleotraginae), Connochaetini, Nesotragini, Strepsicerotini, Sylvicaprinae e Tetracerini son sinónimos séniores (os primeiros, e que xeralmente deben ser conservados) de Reduncinae, Alcelaphini, Neotragini, Tragelaphini e Boselaphini, respectivamente. Neotragini e Reduncinae son nomena protecta (nomes que deben protexerse) e deben usarse preferentemente aos seus sinónimos séniores menos familiares. E que até que se confirme a súa validez, Boselaphini, Tragelaphini, Cephalophinae e Alcelaphinae tamén deben empregarse preferentemente aos seus sinónimos séniores. Polo tanto, este autor é partidario de usar Tragelaphini no canto de Strepsicerotini.

The Free Dictionary dá como sinónimo de Tragelaphus, a Strepsiceros (ver Tragelaphus no Free Dictionary). Porén, no moi autorizado libro de referencia Mammal Species of the World recóllese o xénero Tragelaphus, para o que non dá sinónimo ningún, strepsicerus recóllese como o nome específico dunha das especies do xénero (incidentalmente, cita a tribo dos Tragelaphini cando comenta que as liñaxes monofiléticas dentro da tribo non se propuxeron sobre a base da morfoloxía).[6]

Pola súa parte, Malcolm McKenna e Susan K. Bell, na páxina 447 da súa obra Classification of Mammals. Above the Species Level, consideran que o xénero Tragelaphsu inclúe a Strepsiceros.[8]

De calquera xeito, se a tribo está formada polos xéneros Taurotragus e Tragelaphus, como aquí se indica, o procedemento normal para construír os nomes das tribos é facelo sobre a raíz do nome do seu xénero tipo, Tragelaphus (ou, na outra opción, Strepsiceros), engadíndolle a desinencia do latín científico -ini.

Filoxenia[editar | editar a fonte]

Bovinos[editar | editar a fonte]

Relacións filoxenéticas dos bovinos, segundo F. Bibi, 2013.[9]

Bovinae

Boselaphini (Antílopes de catro cornos e nilgó)

Tragelaphini (Antilopes de cornos en espiral)

Bovini (saola, búfalos, bisontes e bois domésticos)

Traguelafinos[editar | editar a fonte]

Relaciónes filoxenéticas dos traguelafinos tiradas de análises combinadas de todos os datos moleculares, segundo Willows-Munro et al., 2005.[10]

Grande elán

Elán común

Cudú maior

Niala das montañas

Bongo

Sitatunga

Antílope xeroglífico

Niala

Cudú pequeno

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Leakey, en 1967, considera, seguindo a Simpson, o nome da tribo como Strepsicerotini, sendo o seu xénero tipo Strepsiceros Simpson.
  2. Bovidae en MSW.
  3. Bovinae en MSW.
  4. Véxase, máis abaixo, "Controversia taxonómica".
  5. Taurotragus en MSW.
  6. 6,0 6,1 Tragelaphus en MSW.
  7. Tribe Tragelaphini (Jerdon, 1874) Ellerman, Morrison-Scott & Hayman, 1953 no Taxonomicon.
  8. Tragelaphus
  9. Bibi, Faysal (2013): "A multi-calibrated mitochondrial phylogeny of extant Bovidae (Artiodactyla, Ruminantia) and the importance of the fossil record to systematics". BMC Evolutionary Biology 13: 166.
  10. Willows-Munro, S.; Robinson, T.J.; Matthee, C.A. (2005). "Utility of nuclear DNA intron markers at lower taxonomic levels: Phylogenetic resolution among nine Tragelaphus spp.". Molecular Phylogenetics and Evolution 35 (3): 624–636. doi:10.1016/j.ympev.2005.01.018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]