Parque Nacional de Yellowstone

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Yellowstone en inverno

O Parque nacional de Yellowstone é un Parque Nacional dos U.S.A situado nas Montañas Rochosas nos estados de Idaho, Montana e Wyoming. Yellowstone é o primeiro e máis antigo dos parques nacionais do mundo (1872) e cobre unha superficie de 8.980 km², a maior parte no noroeste de Wyoming. O parque é famoso pola súas mostras de antigo vulcanismo, os seus géysers e caldas e outros fenómenos xeotermais, e pola súa fauna salvaxe: osos grizzly e lobos, cervos e bisontes.