Iac
Aparencia
(Redirección desde «Bos grunniens»)
Iac | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Iac de Sikkim. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Distribución do iac salvaxe.
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Bos grunniens |
O iac[2] (Bos mutus) é un bóvido que habita as montañas do Himalaia e o Tíbet chegando a súa distribución ata Mongolia e Rusia.
O iac salvaxe (Bos mutus) é de cor escura, de la longa sobre as patas e abdome.
O doméstico (Bos mutus grunniens) pode ser tamén de cor branca, do tamaño dun boi de corpo tronchudo, curto pescozo e cabeza máis ben pequena.
Os habitantes da Asia central, apréciano moito como animal de carga e aproveitan a súa la para fiar e facer teas, así como o leite, do que obteñen unha excelente manteiga. A carne sérvelles de alimento e da pel fan vestidos contra o frío.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Buzzard, P. & Berger, J. "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para iac.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Vacas, bisontes y búfalos (en castelán) Consultada o 12/5/2012.