Bovininos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bovininos
Bovini
Búfalo acuático
Búfalo acuático
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Suborde: Ruminantia
Familia: Bovidae
Subfamilia: Bovinae
Tribo: Bovini
Gray, 1821
Xéneros
Bisonte americano (Bison bison).
Vaca rubia galega (femia de Bos taurus).
Cebú (Bos indicus).
Saola (Pseudoryx nghetinhensis).

A dos bovininos (Bovini) é unha tribo de mamíferos artiodáctilos ruminantes da familia dos bóvidos e subfamilia dos bovinos.

Esta tribo comprende de grandes a moi grandes herbívoros, entre eles animais domésticos de grande importancia económica para os seres humanos, como o búfalo doméstico e o iac, así como parentes asiáticos máis pequenos e grandes bóvidos de vida libre como o búfalo africano e os bisontes americano e europeo.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A tribo foi definida en 1921 polo zoólogo británico John Edward Gray, na súa obra "On the natural arrangement of Vertebrose Animals" (publicada en London Medical Repository 15: 296–310).

O termo do latín científico Bovini adáptase aquí como bovininos para non confundilo co nome da subfamilia, bovinos (Bovinae), adaptando a desinencia empregada para formar os nomes das tribos, -íni, como -inini, igual que se fai noutros idiomas romances, como o portugués,[1] ou o castelán.[2]

A continuación faise unha relación dos actuais xéneros e especies:[3]

Tribo Bovini

Evolución[editar | editar a fonte]

As relacións máis próximas a esta tribo son coas tribos Boselaphini e Tragelaphini. O antepasado común de todas as especies dos Bovini parece ser que viviu hai uns 5 millóns de anos.
Os primeiros clados que diverxeron foron os das especies dos búfalos (xéneros Bubalus e Syncerus). A continuación separáronse os clados das especies banteng e gauro e o touro doméstico.
É posíbel que tamén existira un cuarto clado que comprendería aos bisontes e os iacs.[4]

Árbore filoxenética[editar | editar a fonte]

Recentes estudos de filoxenia permitiron establecer a árbore filoxenética seguinte:[5][6]

 Bovini 
  
  Bubalina    
 Syncerus 

 (búfalo cafre)


 Bubalus 

 (búfalo acuático)




  
 Pseudorygina 

 (saola)


 Bovina 
  

 Bos taurus (boi doméstico) e Bison bonasus (bisonte europeo)


  
  

 (iac e Bison bison (bisonte americano)


  

 (banteng, (cuprei e gauro/gaial)






Nótese que a posición do xénero Bison está en discusión.

Importancia económica[editar | editar a fonte]

Os bovininos están presentes en todos os continentes. A súa poboación global ascende a 1,5 billóns cabezas (das que 1,4 billóns son vacúns e 150 millósnes cebús).

Empréganse para o traballo agrícola, aspecto importante aínda nos países subdesenvolvidos, para o aproveitamento do leite, que ademais de ser un fundamental alimento é unha fonte importante de graxa (manteiga), e da carne (excepto na India). Tamén se utiliza a súa pel (para a fabricación do coiro), os seus cornos, e a bosta, como fertilizante, ademais de utilizarse, seca, como combustíbel nalgúns países, e mesmo para a construción de vivendas (cabanas), como entre os masai de Kenya.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bovininos en Campoagro.com.br
  2. Bovinos en Universidad de Salamanca. Diccionario médico-biológico, histórico y etimológico.
  3. Coa excepción, por razóns didácticas, do uro.
  4. Maceachern S.; McEwan J. & Goddard M. (2009): "Phylogenetic reconstruction and the identification of ancient polymorphism in the Bovini tribe (Bovidae, Bovinae)", BMC Genomics 10 (1): 177. Resumo
  5. Alexandre Hassanin & Anne Ropiquet (2004): "Molecular phylogeny of the tribe Bovini (Bovidae, Bovinae) and the taxonomic status of the Kouprey, Bos sauveli Urbain 1937
  6. Jonathan D. Margot (2007): "Molecular phylogeny of terrestrial artiodactyls". En Donald R. Prothero et Scott E. Foss, dir. The Evolution of Artiodactyls. ISBN 978-0-8018-8735-2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
  • Wilson, D. E. & D. M. Reeder, editors (2005): Mammal species of the world: a taxonomic and geographic reference. Third edition. The Johns Hopkins University Press. Baltimore, Maryland, USA. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]