Saltar ao contido

Estrepsicerotinos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estrepsicerotinos
 Nome taxon
    Strepsicerotini
Edward Blyth 1863 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Subdivisións
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeArtiodactyla
FamiliaBovidae
TriboStrepsicerotini Editar o valor en Wikidata
Blyth, 1863 Strepsicerotini Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de comezo
hai 15 millóns de anos Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/03cttc3 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A dos estrepsicerotinos (Strepsicerotini), ou traguelafinos (Tragelaphini), é unha tribo de mamíferos artiodáctilos ruminantes da familia dos bóvidos e subfamilia dos bovinos, que comprende especies que se encontran só no continente africano (a diferenza das dos boselafinos e dos bovininos, que son na súa maioría asiáticos).

Os membros deste grupo son antílopes de tamaño grande e constitución lixeira, co pescozo longo, e amosan un considerábel dimorfismo sexual (os machos exhiben grandes cornos enrolados en espiral e as femias carecen deles).

Sete das nove especies (reunidas en dous xéneros) que abrangue a tribo están lixeiramente ameazadas (as do xénero Tragelaphus), dependendo de medidas de conservación para a súa supervivencia, mentres que as outras dúas (as do xénero Taurotragus), o elán común e o grande elán ou antílope de Derby, son seguras.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]


Controversia taxonómica

[editar | editar a fonte]

Como queda dito na nota 1, Leakey, seguindo ao seu colaborador Simpson, considera o nome da tribo como Strepsicerotini, sendo o seu xénero tipo Strepsiceros Frisch, 1774. Porén, o Taxonomicon admite o nome de Tragelaphini, e o seu xénero tipo, Tragelaphus.[6]

Peter Grubb, en "Review of Family-Group Names of Living Bovids", Journal of Mammalogy Vol. 82, No. 2 (maio de 2001), pp. 374–388, revisa os autores e as datas de publicación dos grupos actualmente existentes dentro da familia dos bóvidos. Entre eles, Tragelaphini se debe atribuír a Blyth, 1863, non a Jerdon, 1874. E que Adenotinae (e Eleotraginae), Connochaetini, Nesotragini, Strepsicerotini, Sylvicaprinae e Tetracerini son sinónimos séniores (os primeiros, e que xeralmente deben ser conservados) de Reduncinae, Alcelaphini, Neotragini, Tragelaphini e Boselaphini, respectivamente. Neotragini e Reduncinae son nomena protecta (nomes que deben protexerse) e deben usarse preferentemente aos seus sinónimos séniores menos familiares. E que até que se confirme a súa validez, Boselaphini, Tragelaphini, Cephalophinae e Alcelaphinae tamén deben empregarse preferentemente aos seus sinónimos séniores. Polo tanto, este autor é partidario de usar Tragelaphini no canto de Strepsicerotini.

The Free Dictionary dá como sinónimo de Tragelaphus, a Strepsiceros (ver Tragelaphus no Free Dictionary). Porén, no moi autorizado libro de referencia Mammal Species of the World recóllese o xénero Tragelaphus, para o que non dá sinónimo ningún, strepsicerus recóllese como o nome específico dunha das especies do xénero (incidentalmente, cita a tribo dos Tragelaphini cando comenta que as liñaxes monofiléticas dentro da tribo non se propuxeron sobre a base da morfoloxía).[5]

Pola súa parte, Malcolm McKenna e Susan K. Bell, na páxina 447 da súa obra Classification of Mammals. Above the Species Level, consideran que o xénero Tragelaphsu inclúe a Strepsiceros.[7]

De calquera xeito, se a tribo está formada polos xéneros Taurotragus e Tragelaphus, como aquí se indica, o procedemento normal para construír os nomes das tribos é facelo sobre a raíz do nome do seu xénero tipo, Tragelaphus (ou, na outra opción, Strepsiceros), engadíndolle a desinencia do latín científico -ini.

Filoxenia

[editar | editar a fonte]

Relacións filoxenéticas dos bovinos, segundo F. Bibi, 2013.[8]

Bovinae

Boselaphini (Antílopes de catro cornos e nilgó)

Tragelaphini (Antilopes de cornos en espiral)

Bovini (saola, búfalos, bisontes e bois domésticos)

Traguelafinos

[editar | editar a fonte]

Relaciónes filoxenéticas dos traguelafinos tiradas de análises combinadas de todos os datos moleculares, segundo Willows-Munro et al., 2005.[9]

Grande elán

Elán común

Cudú maior

Niala das montañas

Bongo

Sitatunga

Antílope xeroglífico

Niala

Cudú pequeno

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]