Running Brave

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Running Brave
Ficha técnica
Título orixinal Running Brave
Director D.S. Everett
Donald Shebib
Guión Henry Bean
Shirl Hendryx
Baseado en Vida de Billy Mills
Intérpretes Robby Benson
Pat Hingle
Claudia Cron
Jeff McCracken
Montaxe Peter Zinner
Estudio Walt Disney Pictures
Englander Productions
Distribuidora Buena Vista Distribution
Estrea 4 de novembro de 1983
Duración 106 minutos
Orixe Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero Biográfico
Orzamento $8 000 000
Recadación $3 000 000

Running Brave é un filme estadounidense dirixido por D.S. Everett e Donald Shebib que foi estreado no ano 1983. Está baseado na vida de Billy Mills, un atleta nativo americano da tribo síux dos Oglagla Lakota, que se converteu no mellor corredor de longa distancia do mundo nos Xogos Olímpicos de 1964 en Toquio.

Nunha das grandes remontadas da historia do deporte, o corredor Billy Mills esprintou dende a terceira posición para acadar a medalla de ouro na carreira de 10 000 metros nas Olimpiadas de Toquio. Robby Benson interpreta a Mills, e tamén aparecen Pat Hingle e Graham Greene.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]