Mamo Wolde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mamo Wolde
El etiope Mamo Wolde 'Gacela Negra' en el cross de Elgoibar - Fondo Marín-Kutxa Fototeka.jpg
Nacemento12 de xuño de 1932
Lugar de nacementoRexión de Oromia
Falecemento26 de maio de 2002
Lugar de falecementoAdís Abeba
Causacancro de fígado
NacionalidadeEtiopía
Ocupaciónmaratoniano, fondista e atleta
Na rede
IAAF: 243633 Olympic.org: mamo-wolde Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Cadro de medallas
Atletismo masculino
Xogos Olímpicos
Ouro México 1968 Maratón
Prata México 1968 10.000 m
Bronce Múnic 1972 Maratón

Degaga ("Mamo") Wolde, (en amhárico: ደጋጋ ("ማሞ") ዎልደ) nado o 12 de xuño de 1932 en Diri Jille (Etiopía) e finado o 26 de maio de 2002 en Addis Abeba, foi un atleta, vencedor nos Xogos Olímpicos.

Participou por vez primeira nos Xogos de 1956, en Melbourne, Australia, correndo nos 800 metros e nos 1.500 metros, así como nos relevos de 4x400 metros. Oito anos despois, nos Xogos de Toquio, ficaría en cuarta posición na carreira dos 10.000 metros. Neses mesmos xogos participou na maratón, mais non puido terminar a competición, que sería gañada polo seu compatriota Abebe Bikila.

Cando os Xogos Olímpicos de 1968, en México D.F. tiña xa 36 anos. Conseguiu unha primeira medalla, de prata, nos 10.000 metros, para logo obter a de ouro na maratón.

Na súa última participación olímpica, nos Xogos de 1972, en Múnic, Alemaña, conseguiu aínda a medalla de bronce na maratón, tendo xa 40 anos de idade.