Saltar ao contido

Bernard-Henri Lévy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBernard-Henri Lévy

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de novembro de 1948 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Béni Saf (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónÉcole Normale Supérieure (1968–1971)
Liceo Louis-le-Grand
Lycée Pasteur (Neuilly-sur-Seine) (pt) Traducir
Instituto de Estudos Políticos de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, empresario, actor, produtor de cinema, novelista, guionista, xornalista, director de cinema, editor Editar o valor en Wikidata
Período de tempoFilosofía contemporánea Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoNovos filósofos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJacques Derrida e Louis Althusser Editar o valor en Wikidata
Influencias
Participou en
década de 2010Euromaidan Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeArielle Dombasle (1993–)
Isabelle Doutreluingne (–1974) Editar o valor en Wikidata
ParellaDaphne Guinness Editar o valor en Wikidata
FillosJustine Lévy
 () Isabelle Doutreluingne
Antonin Lévy
 () Editar o valor en Wikidata
IrmánsVéronique Lévy Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webbernard-henri-levy.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0529717 Allocine: 18550
Facebook: BHLofficiel Twitter: BHL Instagram: bernardhenrilevy BNE: XX978102 Dialnet: 1345719 iTunes: 132992672 Discogs: 4083626 Editar o valor en Wikidata
Bernard-Henri Lévy

Bernard-Henri Lévy, nado en Béni-Saf, Alxeria, o 5 de novembro de 1948, é un escritor e filósofo francés, tamén coñecido como BHL.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ademais de escritor, Lévy é director de teatro e cinema, empresario e editorialista de revistas e xornais. É unha personalidade coñecida e polémica a nivel francés e internacional. Dende 1976 é un dos líderes do movemento denominado «novos filósofos» (nouveaux philosophes), corrente intelectual crítica co pensamento asociado ao Maio do 68.

Lévy naceu en 1948 en Béni Saf, en Alxeria, aínda baixo dominio francés, no seo dunha familia de xudeus sefardís. Logo de pasar varios anos en Marrocos, mudouse para Neuilly-sur-Seine, Francia, en 1954. Seu pai, André, fundou La Becob, unha empresa de importanción de madeiras africanas, comprada en 1997 polo grupo empresarial Pinault-Printemps-Redoute.

Logo de estudar no Lycée Louis-le-Grand de París ingresou en 1968 na Escola Normal Superior onde se licencia en Filosofía en 1971. Entre os seus profesores cóntanse intelectuais como Jacques Derrida ou Louis Althusser. Simpatizante das ideas maoístas en 1969 visitou Chiapas e, en 1970, Bangladesh.

Lévy foi profesor na Universidade de Estrasburgo, onde impartiu epistemoloxía. Tamén foi docente na Escola Normal Superior.

É considerado, por Pierre Bourdieu, como intelectualmente deshonesto e cuxo traballo compromete o auténtico debate intelectual.[1]

Os novos filósofos e "BHL"

[editar | editar a fonte]

Dende o 1 de xullo de 1976, a revista Les Nouvelles littéraires publicou un número especial titulado «Os novos filósofos » que ten a Bernard-Henri Lévy como redactor-xefe. A revista foi voceiro dun grupo de intelectuais que, desencantados coas correntes comunistas e socialistas, desenvolveron unha crítica moral dos "dogmas" marxistas.

A publicación do libro La Barbarie á visage humain (A barbarie con rostro humano) en maio de 1977 (Editora Grasset), deulle unha grande notoriedade entre o público nacendo o chamado "fenómeno BHL". La Barbarie á visage humain denuncia o que considera como unha tentación totalitaria inerente a toda ideoloxía progresista. El denuncia ao mesmo tempo o fascismo e o comunismo histórico, querendo mostrarse como o representante dunha xeración nacdida logo deses modelos e desexosa de repensar a política alén dos esquemas totalitarios do fascismo e do estalinismo.

De 1980 a actualidade

[editar | editar a fonte]

En 1979, participou con Marek Halter, Jacques Attali, Françoise Giroud e, algúns outros a organización non gobernamental Action Contre La Faim no contexto na invasión soviética de Afganistán. En 1980, BHL e Marek Halter crearon o Comité dos Dereitos do Home, que defendeu o boicot dos Xogos Olímpicos de Verán de 1980. Nese mesmo ano, casou con Sylvie Bouscasse, de cuxa unión naceu seu fillo Antonin.

Durante a Guerra de Bosnia foi moi activo na defensa dos bosníacos denunciando as accións de serbios e croatas contra os veciños musulmáns. Foi convidado polo presidente bosníaco Alija Izetbegović en varias ocasións e participou na filmación da película "Bosna" que retratou o sitio de Saraxevo.

En 2011 tamén se manifestou favorable á intervención francesa en Libia para rematar co réxime de Gadafi así como en Siria contra Bashar al-Assad.[2][3] En 2021, amosou a súa solidariedade coa resistencia afgá fronte os talibáns e entrevistou a un dos seus líderes.[4][5]

O 12 de abril de 2024, nunha investigación pechada en Tunisia, Bernard-Henri Lévy foi acusado de manter relacións co lobby tunisiano Kamel Eltaïef e de ter intervido para impedir a produción de fosfato en Tunisia en beneficio doutros países da rexión. Bernard-Henri Lévy tamén está acusado de propagar a ideoloxía "masónica" a través de organizacións benéficas e personalidades tunisianas imputadas neste asunto, ademais de traballar para normalizar as relacións entre Tunisia e Israel e ser "membro do Mossad", a organización israelí. . servizos de intelixencia, considerando o xuíz instrutor que contaba con elementos suficientes para iniciar dilixencias.[6]

Críticas

[editar | editar a fonte]

Bernard-Henri Lévy é considerado un impostor intelectual por diversos xornalistas e filósofos.[7] Algúns dos libros que atacan as súas posicións son, por exemplo, "Le B.A. BA du BHL" de Jade Lindgaard e Xavier de La Porte, "Une imposture française" de Nicolas Beau e Olivier Toscer, ou "Un nouveau théologien" de Daniel Bensaid.

Lévy foi criticado polo sociólogo Pierre Bordieu pola súa proximidade con homes influentes do mundo dos negocios e os medios de comunicación, como Jean-Luc Lagardère, empresario da industria dos medios e o armamento. Administrador da empresa madeireira fundada polo seu pai, tamén foi atacado polo que se considera actuacións antiéticas nas antigas colonias francesas en África. Estas cuestións están descritas no libro de Nicolas Beau e Olivier Toscer titulado "Une imposture française", publicado pola editora Les Arènes en 2006 (p. 59).

Bernard-Henri Lévy tamén sufriu diversos ataques público en que recibiu tortas na cara.[8] Entre 1985 e 2015, Lévy recibiu oito tortas na cara en eventos públicos.

  • 1973 - "Bangla-Desh, Nationalisme dans la révolution"
  • 1977 - "La Barbarie á visage humain" (A barbárie con rostro human), Grasset, ISBN 2-246-00498-5
  • 1978 - "Le Testament de Dieu" (O Testamento de Deus),
  • 1981 - "L’Idéologie française"
  • 1983 - "Questions de principe I"
  • 1984 - "Le diable en tête"
  • 1985 - "Impressions d'Asie"
  • 1986 - "Questions de principe II"
  • 1988 - "Eloge des intellectuels"
  • 1988 - "Les derniers jours de Charles Baudelaire"
  • 1990 - "Questions de principe III"
  • 1990 - "Frank Stella, les années 80"
  • 1991 - "César, celui qui était trop gai"
  • 1991 - "Les aventures de la liberté, une histoire subjective des intellectuels"
  • 1992 - "L'art de Piero della Francesca et de Mondrian"
  • 1992 - "Le jugement dernier"
  • 1992 - "Questions de principe IV, Idées fixes"
  • 1993- "Les hommes et les femmes" (con Françoise Giroud)
  • 1994 - "La pureté dangereuse"
  • 1995 - "Questions de principe V"
  • 1996 - "Le Lys et la Cendre"
  • 1997 - "Comédie"
  • 1998 - "Questions de principe VI" con Salman Rushdie
  • 2000 - "Le siècle de Sartre"
  • 2001 - "Questions de principe VII", Mémoire vive
  • 2002 - "Réflexions sur la Guerre, le Mal et la fin de l’Histoire"
  • 2002 - "Rapport au Président de la République et au Premier Ministre sur la participation de la France á la reconstruction de l’Afghanistan"
  • 2002 - "Ce grand cadavre á la renverse"
  • 2003 - "Qui a tué Daniel Pearl?"
  • 2004 - "Questions de principe III,jours de colère",
  • 2004 - "Questions de principe IX Récidive"
  • 2006 - "American Vertigo"
  • 2006 - "Questions de principe X, Ici et ailleurs"
  • 2008 - "Ennemis publics" (Correspondance entre Michel Houellebecq et BHL)
  1. "Entrevista com Pierre Bourdieu". Consultado o 13 de xullo de 2021. 
  2. "SYRIE. Embarrassant BHL". Courrier international (en francés). 2011-07-25. Consultado o 2021-08-26. 
  3. "Bernard-Henri Levy: Turning to Syria". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 26 de agosto de 2021. 
  4. "Chagrin, pitié et résistance en Afghanistan". La Règle du Jeu. 2021-08-24. Consultado o 2021-08-26. 
  5. Match, Paris. "Exclusif - Ahmad Massoud: "Reddition est un mot qui ne figure pas dans mon dictionnaire"". parismatch.com (en francés). Consultado o 2021-08-26. 
  6. Monia Ben Hamadi, Paris. "En Tunisie, la justice accuse des opposants, des journalistes et BHL de « complot »". lemonde.fr (en francés). Consultado o 2024-04-27. 
  7. "L'imposture Bernard-Henri Lévy". 2008-10-10. Consultado o 2016-09-17. 
  8. "Les Inrocks - Pourquoi BHL est l’homme le plus détesté du web". 2014-12-07. Consultado o 2016-09-17. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]