Pradolongo (filme)
| Pradolongo | |
|---|---|
|
Título
| |
|
Instancia de
| |
|
Xénero
| |
|
Lingua orixinal
| |
|
Cor
| |
| Autoría | |
|
Director/a
| |
|
Compositor/a
| |
|
Guionista
| |
|
Editor/a de cine
| |
| Temática | |
|
Ambientado en
| |
| Publicación | |
|
Data de publicación
| |
|
País de orixe
| |
|
Recadación
| |
|
Custo
| |
|
Premios
| |
| Dimensións | |
|
Duración
| |
| Localizacións | |
|
Localización rodaxe
| |
| Fontes e ligazóns | |
|
Páxina WEB
| |
| Wikidata |
Pradolongo é un filme galego dirixido por Ignacio Vilar que se estreou no 2008. Rodado integramente en galego, a rodaxe fíxose na comarca de Valdeorras. Está protagonizado por Tamara Canosa, Rubén Riós, Mela Casal e Roberto Porto.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Pradolongo é a historia de tres amigos da infancia que ven como a súa amizade se deteriora a raíz das diferenzas de clase e dos conflitos amorosos que xorden nas súas vidas. Raquel, Martiño e Armando son tres amigos que acaban de cumprir a maioría de idade. O verán preséntase como todos os demais, con festas ou tardes no río, pero esta vez nada vai ser igual. O amor que os dous rapaces comezan a sentir por Raquel e a posible venda de Pradolongo (un prado de alta montaña pertencente á familia de Martiño) á empresa do pai de Armando, obrígaos a reconsiderar os soños e vencellos que os mantiveron unidos dende a infancia.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Rubén Riós como Martiño
- Tamara Canosa como Raquel
- Roberto Porto como Armando
- Mela Casal como Maruxa
- Gonzalo Rei Chao como Xervasio
- Carlos Sante como Roi
- Antonio Mourelos como Lourenzo
- Cristina Rodríguez como Loli
- Laura Álvarez como Neves
- Belén Constenla como Lurdes
- Pepo Suevos como Xosé Manuel
- Ricardo de Barreiro como Celestino
- Fernando Dacosta como Pedro
- Marcos Viéitez como Ramón
- Antón Olmos como Pepe
Recepción
[editar | editar a fonte]Pradolongo estreouse nos cines galegos o 14 de marzo de 2008, cunha distribución limitada de 6 copias en salas comerciais, e no ano da estrea tivo 17.879 espectadores e recadou € 82.715,80. A súa recadación total dende a súa estrea ascende a €153.487,30.[1] Ademais, saíu á venda cunha edición en DVD e Blu Ray, sendo o primeiro filme galego comercializado neste formato de alta definición.[2]
Por outra banda, estreouse na TVG o 31 de marzo de 2009, sendo un dos filmes con maior audiencia da TVG, con 190.000 espectadores e un 20,0% de audiencia.[3]
O 17 de abril de 2010, estreouse nas salas Cinemax de Braga, converténdose no primeiro filme en galego estreado en Portugal.[4]
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]A música do filme, obra de Zeltia Montes, gañou o premio Jerry Goldsmith en 2008, e en 2009 foi candidata aos premios Hollywood Music in Media Awards, na categoría de mellor composición novel. O filme recibiu en 2008 o IV premio cidade de San Sebastián Film Comission, galardón integrado na sección Made In Spain do Festival de San Sebastián.
- Premio Cidade de San Sebastián 2008. Film Commission. 56 Edición do Festival de Cine de San Sebastián.
- Premio Especial na XIII Edición do Festival de Cine Internacional de Ourense, 2008.
- Premio Jerry Goldsmith Mellor Banda Sonora e Mellor Composición Novel, Zeltia Montes. IV Congreso Internacional de Música de Cine Cidade de Úbeda 2008.
- Premio “Director’s Choice Gold Medal for Excellence. Park City Film Music Festival. Utah. USA. 2009
- Premio Moondance Atlantis Award de la Banda Sonora Moondance International Film Festival de Colorado. (USA). 2009
- Premio “Hollywood Music in Media Awards", Pradolongo nomeada na categoría "Best New Composer" (Mellor Compositor Novel/ Revelación). Os Ánxeles. USA. 2009.
Nos Premios Mestre Mateo 2008 da Academia Galega do Audiovisual (entregados en 2009) a actriz Tamara Canosa recibiu o galardón de mellor interpretación feminina protagonista por este filme.
| Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2ª edición | Mellor filme | Ignacio Vilar | Nomeado |
| Mellor director | Ignacio Vilar | Nomeado | |
| Mellor actriz | Tamara Canosa | Gañadora | |
| Mellor montaxe | Guillermo Represa | Nomeado | |
| Mellor música orixinal | Zeltia Montes | Nomeada | |
| Mellor fotografía | Alberto Díaz "Bertirxi" | Nomeado |
Galería de eventos promocionais e actores do filme
[editar | editar a fonte]-
Ignacio Vilar, Rubén Riós, Sabela Arán
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ mecd.gob.es (ed.). "Axudas á Cinematografía 2010" (PDF). Ministerio de Educación Cultura e Deporte de España. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de abril de 2015. Consultado o 3 de marzo de 2015.
- ↑ "Producións de Vía Láctea". Vía Lácta Filmes. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2015. Consultado o 3 de marzo de 2015.
- ↑ "Pradolongo na TVG". Fórmula TV. Consultado o 3 de marzo de 2015.
- ↑ "'Pradolongo' triunfa en Portugal fronte ás superproducións". www.vieiros.com. Consultado o 2020-04-11.