Esther F. Carrodeguas
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1979 (44/45 anos) Rianxo, España |
Actividade | |
Ocupación | dramaturga |
Premios | |
| |
María Esther Fernández Carrodeguas, nada en Rianxo en 1979, é unha dramaturga, escritora, actriz e directora teatral galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Xornalismo e Técnica Superior en Imaxe. Formouse en interpretación en Espazo Aberto, na Escola Internacional da Comicidade e estudou Dramaturxia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Membro da compañía ButacaZero xunto a Xavier Castiñeira, dirixe o Grupo de Teatro Airiños desde 2010.
Estreas
[editar | editar a fonte]- Voaxa e Carmín. Auditorio do Castelo (MIT de Ribadavia). Dirección de Xavier Castiñeira. Compañía ButacaZero. Ribadavia, 2016.
- Na butaca (Fantasía nº 3 en Dor Maior). Teatro Principal. Dirección de Esther F. Carrodeguas. Compañía ButacaZero. Santiago de Compostela, 2017.
- Barbarie en branco e negro. Aula Capella, Edifici Històric, Facultade de Filoloxía da Universidade de Barcelona. Dirección de Esther F. Carrodeguas. Barcelona, 2018.
- Loló e Mamá. Auditorio Municipal. Dirección de Esther F. Carrodeguas. Compañía De Ste Xeito Producións. Vigo, 2018.
- #camiños. Salón Teatro (Centro Dramático Galego). Dirección de Xavier Castiñeira. Compañía ButacaZero, Santiago de Compostela, 2018.
- Running. Auditorio Municipal. Dirección de Esther F. Carrodeguas. Compañía De Ste Xeito Producións. Vigo, 2019.
- Fantasía nº 5 en Sol ou Non en Neorretranca e Posmorriña. Salón Teatro (Centro Dramático Galego). Dirección de Gena Bahamonde. Santiago de Compostela, 2019.
Publicacións
[editar | editar a fonte]- Collage, Edicións Barbantesa, Cangas do Morrazo (2011). ISBN 978-84-937330-9-4
- República, Revista Núa das Artes Escénicas nº 8, Vigo (2013).
- Voaxa e Carmín, Difusora de Letras Artes e Ideas, Ourense (2016). Limiar Fabrice Corrons. ISBN 978-84-92958-38-2
- Na butaca (Fantasía nº 3 en Dor Maior), Editorial Galaxia, Vigo (2017). ISBN 978-84-9151-074-1[1]
- Barbarie en branco e negro, Madrygal Revista de Estudios Gallegos vol. 21, Universidade Complutense de Madrid (2018). ISSN: 1138-9664
- Loló e Mamá en Dramaturxia galega actual. Vol I. Á Feira, Vigo (2018). Limiar Javier Lojo. ISBN 978-84-09-00858-2
- Fantasía nº 5 en Sol ou Non en Neorretranca e Posmorriña, Edicións Positivas, Compostela (2019). Limiar Fefa Noia e Manuel Lourenzo. ISBN-13 978-84-453-5322-6
- República sideral (2021). Vilaboa: Baía. 80 páxs. ISBN 978-84-9995-370-0.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Libres e vivas (2021). Galaxia. ISBN 978-84-9151-586-9
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Premios
[editar | editar a fonte]- 2015: X Premio Abrente de Textos Teatrais da MIT de Ribadavia. Voaxa e Carmín.
- 2020: XIV PREMIO Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, modalidade adultos. República sideral.
Candidaturas
[editar | editar a fonte]- 2019: Finalista ao mellor texto orixinal nos XXIII Premios de Teatro María Casares. #camiños.
- 2017: Finalista ao mellor texto orixinal nos XXI Premios de Teatro María Casares. Voaxa e Carmín.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Na butaca. Fantasía nº 3 en Dor Maior na páxina de Galaxia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Recitando Na butaca. Fantasía nº 3 en Dor Maior |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Esther F. Carrodeguas". Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Outubro de 2017.
- Ficha en Dramaturga.org
- Esther F. Carrodeguas en Contexto Teatral
- Web da compañía ButacaZero