Saltar ao contido

Baía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  • Para o nome de muller véxase Baia.
Golfo de México.

Unha baía, badía ou golfo é unha porción de mar ou océano rodeada pola maioría da súa beira por terra (xusto ó contrario que un cabo). Acostúmase a asignar á baía as formas de maior peche, e ao golfo as de menor. Algúns destes entrantes son creados por penínsulas ou mares (ou lagos) interiores con desaugamento oceánico.

Golfo é o nome máis común en galego, mais entre os falantes do inglés e portugués entre outras linguas, é preferido o nome de baía. A distinción non é de todo clara entre golfo e baía. Así, en galego baía adóitase referir a un golfo pequeno, malia que a baía de Hudson sexa un dos máis grandes golfos do mundo ou en Venezuela, o "golfete de Coro", un golfo pequeno, é dependente á súa vez do golfo de Venezuela, de maior tamaño.

As baías ou golfos que dependen doutros golfos ou baías, ou que son de menor tamaño ou profundidade reciben outros nomes como enseada, rada, cala ou caleta.

As baías tiveron e teñen grande importancia estratéxica e económica: son en xeral lugares ideais para a construción de portos, por ofreceren abrigo contra as mareas, ondas etc.

Baías máis coñecidas

[editar | editar a fonte]
Baía Cossak, golfo de Balaklava (1855)

América do Norte

[editar | editar a fonte]

América Central e Caribe

[editar | editar a fonte]

América do Sur

[editar | editar a fonte]
Golfo de Riga. (Mar Báltico. Estonia)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]