Baía
- Para o nome de muller véxase Baia.
Unha baía, badía ou golfo é unha porción de mar ou océano rodeada pola maioría da súa beira por terra (xusto ó contrario que un cabo). Acostúmase a asignar á baía as formas de maior peche, e ao golfo as de menor. Algúns destes entrantes son creados por penínsulas ou mares (ou lagos) interiores con desaugamento oceánico.
Golfo é o nome máis común en galego, mais entre os falantes do inglés e portugués entre outras linguas, é preferido o nome de baía. A distinción non é de todo clara entre golfo e baía. Así, en galego baía adóitase referir a un golfo pequeno, malia que a baía de Hudson sexa un dos máis grandes golfos do mundo ou en Venezuela, o "golfete de Coro", un golfo pequeno, é dependente á súa vez do golfo de Venezuela, de maior tamaño.
As baías ou golfos que dependen doutros golfos ou baías, ou que son de menor tamaño ou profundidade reciben outros nomes como enseada, rada, cala ou caleta.
As baías tiveron e teñen grande importancia estratéxica e económica: son en xeral lugares ideais para a construción de portos, por ofreceren abrigo contra as mareas, ondas etc.
Baías máis coñecidas
[editar | editar a fonte]África
[editar | editar a fonte]- Golfo de Guinea
- Golfo de Sidra - Costa de Tunisia e Libia
América do Norte
[editar | editar a fonte]- Baía de Hudson, entre as provincias e territorios canadenses de Manitoba, Ontario, Quebec e Nunavut
- Baía de James, Canadá entre Ontario e Quebec
- Golfo de California entre a península de Baixa California e México
- Golfo de Tehuantepec en México
- Golfo de México entre México, Cuba e os Estados Unidos
- Baía de Chesapeake, a maioría limitada por Maryland
- Baía de Monterrey en California
- Baía de San Francisco en California
América Central e Caribe
[editar | editar a fonte]- Baía de Cochinos en Cuba
- Golfo de Batabanó en Cuba
- Golfo de Guacanayabo en Cuba
- Golfo de Panamá
- Golfo de Darién en Panamá
- Golfo de Gonave en Haití
América do Sur
[editar | editar a fonte]- Baía Blanca na Arxentina
- Baía de Guanabara no Brasil
- Baía San Borombón na Arxentina
- Baía Grande na Arxentina
- Golfo de Cariaco en Venezuela
- Golfo de Guaiaquil en Ecuador
- Golfo de Paria en Venezuela
- Golfo de Penas en Chile
- Golfo de San Xurxo na Arxentina
- Golfo de San Matías na Arxentina
- Golfo de Venezuela
Asia
[editar | editar a fonte]- Golfo de Aden no Iemen
- Golfo de Aqaba entre Xordania, Exipto, Israel e Arabia Saudita
- Baía de Bengala
- Golfo de Omán
- Golfo Pérsico
- Golfo de Tailandia
- Golfo de Tonquín en China e Vietnam
Europa
[editar | editar a fonte]- Golfo de Biscaia entre España e Francia
- Golfo de Botnia entre Suecia e Finlandia
- Golfo de Corinto en Grecia
- Golfo de Finlandia entre Finlandia e Estonia
- Golfo de Nápoles
- Golfo de León en Francia
Oceanía
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Baía |