Bandeira de Guinea Ecuatorial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Guinea Ecuatorial
Bandeira de Guinea Ecuatorial
Uso
FIAV 111111.svgFIAV normal.png
Proporción 2:3
Adopción 12 de outubro de 1968
Restaurada o 21 de agosto de 1979
Cores      Vermello     Verde     Branco     Azul

A bandeira de Guinea Ecuatorial consta de tres franxas horitzontais verde, branca e vermella, amais dun triángulo azul do lado do pau. No centro, a bandeira está decorada co escudo estatal na banda branca, que representa un bombax, a árbore tradicional da rexióx, sobre un fondo branco, coroado por seis estrelas amarelas de seis puntas que simbolizan o territorio continental e as cinco illas que integran o estado. Baixo o escudo atópase o lema nacional en castelán: Unidade, Paz, Xusticia ('unidade, paz, xustiza').

Historia[editar | editar a fonte]

A bandeira de Guinea Ecuatorial foi adoptada ao proclamarse a independencia do país o 12 de outubro de 1968. O escudo presente no centro da bandeira, na súa franxa branca, foi modificado durante a ditadura de Macías en 1973[1]. Foi restaurada o 21 de agosto de 1979 trala chegada ao poder de Teodoro Obiang Nguema. A cor verde representa a flora do país, o azul o mar, o branco a paz e o vermello a independencia.

A árbore que aparece na bandeira e no escudo nacionais é a árbore de algodón de seda (Bombax).

Bandeiras históricas[editar | editar a fonte]

Máis bandeiras de Guinea Ecuatorial[editar | editar a fonte]

Os bubi da illa Bioko empregan unha variante de bandeira a raias vermellas e verdes cun cantón azul, cun triángulo branco tradicional no centro do cantón. Os independentistas bubi do Grupo Nacionalista Bubi 1 de Abril empregan unha bandeira tricolor azul, branca e verde cunha estrela de catro puntas no centro da franxa branca.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]