Bandeira da República de Macedonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Macedonia
Bandeira de Macedonia
Uso
FIAV 011100.svgFIAV normal.png
Proporción 1:2
Adopción 5 de outubro de 1995
Cores      Vermello     Amarelo

A bandeira da República de Macedonia é un pano de color vermella no que aparece representado un sol de ouro con oito raios da mesma cor que se estenden cara os bordes.

O amarelo e o vermello son as cores nacionais do estado macedónico, a figura do sol evoca o desexo de liberdade no himno nacional Denes nad Makedonija (Hoxe sobre Macedonia). A relación entre o ancho e o longo da bandeira é de 1:2.

Versión anterior[editar | editar a fonte]

En 1995 tivo que retirarse a versión anterior da bandeira, adoptada en 1991, cando se produciu a independencia do país, na que figuraba o sol de Verxina. O sol (ou estrela) de Verxina é o elemento central da rexión grega do mesmo nome en bandeiras non oficiais, representacións gráficas etc. e a súa adopción por parte da República de Macedonia como símbolo nacional xerou protestas en Grecia.

Deseño[editar | editar a fonte]

A proporción da bandeira é 1:2 (alto/ancho), con dúas cores:

Sistema Vermello Amarelo
RGB 210-0-0 255-230-0
Hex #D20000 #FFE600
Construción da bandeira.

Outras bandeiras[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bandeira da República de Macedonia

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]