Real Betis Baloncesto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Baloncesto Sevilla»)
Coosur Real Betis
Información xeral
Liga LEB Ouro
Fundación 1987
Historia CDB Sevilla (1987–2018)
Cores           Verde, branco
Presidente España Fernando Moral
Adestrador España Luis Casimiro
Patrocinador Coosur
Mascota Jerónimo
Localización
Cidade España Sevilla, España
Pavillón Palacio Municipal San Pablo
Capacidade 7 626
Inauguración 1987
realbetisbaloncesto.com

O Real Betis Baloncesto S.A.D., coñecido tamén coma Coosur Real Betis por motivos de patrocinio, é un equipo profesional de baloncesto da cidade de Sevilla, Andalucía (España). Actualmente o equipo participa na Liga LEB Ouro, a segunda categoría do baloncesto español, xogando os seus partidos como local no Palacio Municipal de Deportes San Pablo, un pavillón con capacidade para 7 626 espectadores. Durante anos, por mor do patrocinio dunha entidade financeira, o equipo foi coñecido popularmente como Caja San Fernando.

Historia[editar | editar a fonte]

As orixes do Club Deportivo de Baloncesto Sevilla remóntanse a 1987, ano no que a entidade hispalense compra os dereitos do club Dribling de Madrid de Primeira B. A compra foi feita co apoio económico da Deputación Provincial de Sevilla,[1] da que tamén dependía a caixa de aforros Caja San Fernando e que patrocinaría ao club.[2] Logrado o obxectivo da praza, encargóuselle a José Luís Sáez, presidente por aquel entón da Federación Andaluza de Baloncesto, e a Guillermo Sierra Molina, primeiro presidente e membro fundador do club, o labor de iniciar as negociacións cos xogadores que posteriormente engrosarían as filas do equipo.

Na temporada 1987−88, co equipo en Primeira División B, o equipo clasifícase para disputar os play-offs de ascenso, sendo eliminado polo Mayoral Maristas. Na temporada seguinte é cando o equipo logra o ascenso á Liga ACB, tras vencer nas eliminatorias finais ao Lagisa Gijón e ao Syrius Patronato de Mallorca. Na temporada 1992−93, a cuarta en Liga ACB, o equipo acada o quinto lugar e logra unha praza para disputar a Copa Korać, debutando así na tempada seguinte en competición internacional. Nas temporadas 1995−96 e 1998−99 consegue a súa mellor clasficiación na historia, conseguindo acadar o subcampionato de Liga. O equipo acadou a segunda praza após perderen na final ante o Barcelona en ámbalas ocasións. Estes segundo postos permitiron ao equipo disputar a máxima competición continental, a Euroliga. Con todo, o maior éxito a nivel europeo non chegaría até a temporada 2010−11, cando o equipo foi subcampión da EuroCup, a segunda principal competición europea.

Porén, en 2016 o equipo está a piques de desaparecer debido a problemas económicos. No verán de 2016, CaixaBank, que era o accionista maioritario da sociedade desde que comprou Banca Cívica, anterior propietario das antigas accións da Caja San Fernando, vendeu a súa participación á empresa Energía Plus e ao Real Betis Balompié.[3] Isto evita a desaparición do equipo, aínda que os problemas continúan coa descenso á Liga LEB en 2018. En Xunta Xeral de Accionistas celebrada o 15 de decembro de 2018, e tras recibir o permiso da Casa Real, o equipo muda o nome da sociedade a Real Betis Baloncesto S.A.D.[4] Despois desta mudanza, o club consegue regresar na mesma campaña á Liga ACB.

Patrocinios[editar | editar a fonte]

Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia. Durante as primeiras dúas décadas do club, recibiu o nome de Caja San Fernando. En 2001, con motivos da posible fusión das caixas de aforro "Caja San Fernando" e "El Monte de Piedad", rumoreouse a posibilidade do nome de "Alcaja". Este proxecto de fusión non se levou a cabo naquela altura, levándose a cabo anos máis tarde e recibindo o nome co cal se lle coñeceu ata xullo de 2011, "Cajasol".

  • Caja San Fernando (1987–2007)
  • Cajasol (2007–2010)
  • Cajasol Banca Cívica (2010–2011)
  • Banca Cívica (2011–2012)
  • Cajasol (2012–2014)
  • Baloncesto Sevilla (2014–2016)
  • Real Betis Energía Plus (2016–2019)
  • Coosur Real Betis (2019–presente)

Pavillón[editar | editar a fonte]

O conxunto hispalense disputa os seus encontros no Palacio Municipal dos Deportes de San Pablo, un pavillón que está situado no barrio sevillano de San Pablo, que foi inaugurado no ano 1987 e que conta cunha capacidade para 7 626 espectadores. Este enclave deportivo albergou a Copa do Rei dos anos 1994 e 2004, e foi sede do Eurobasket celebrado en España en 2007.

Indumentaria[editar | editar a fonte]

Nas súas orixes, en 1987, o Club Deportivo de Baloncesto Sevilla adopta as cores dos dous principais clubs de fútbol da cidade, o Sevilla Fútbol Club e o Real Betis Balompié. O obxectivo era xuntar nun só club de baloncesto os sentimentos dos afeccionados dos dous rivais futbolísticos, empregando o vermello do Sevilla e o verde do Betis. Entre 1987 e 2004, o Baloncesto Sevilla emprega como primeira indumentaria, en pantalóns e en camiseta, a cor vermella con elementos decorativos verdes e como segunda unha indumentaria a inversa, é dicir, verde con elementos decorativos vermellos. Nalgunhas ocasión tamén empregou un equipamento branco con elementos decorativos vermellos ou verdes.

Após dezasete anos de utilización da cor vermella, na temporada 2004−05 suprímese, quedando unha primeira equipación de cor verde, tanto en pantalón como en camiseta, e mantendo a indumentaria de cor branca, tanto en pantalón como en camiseta como segundo equipamento. Dende a entidade alúdese que a eliminación do equipamento vermello débese a motivos de imaxe da entidade patrocinadora, a Caja San Fernando. Na temporada 2007−08 cámbianse definitivamente ambas cores, adoptando equipacións negras e brancas. Este cambio de cores non foi ben recibido pola afección, xa que os seareiros non se sentían representados por eles, sendo habitual o cántico dos afeccionados de "Sevilla es verde y roja" (do castelán: Sevilla é verde e vermella). Esta cor negra mantense até a temporada 2009−10, adoptando esta vez as cores azul e branco con elementos decorativos dourados. Esta mudanza de cores fíxose para adpatarse ás cores da empresa patrocinadora, Cajasol primeiro e Banca Cívica despois.

Para a temporada 2013−14, o club pregunta aos seus seareiros polas súas cores preferidas para o equipo. As cores escollidas maioritariamente foron o verde e o vermello, volvendo así as cores clásicas das orixes do "Caja San Fernando". A partir da temporada 2016−17, con motivo do novo patrocinio do Real Betis, o club comeza a vestir as cores tradicionais do equipamento bético: verde e branco en barras verticais. O segundo equipamento pasa a ser verde ao completo. Isto produciu o enfado dalgúns seguidores, de feito provocou a disolución do principal grupo de animación do club, La Keka.[5]

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Real Betis Baloncesto 2022−2023
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
E 2 Johnson, B. J. 2,01 m (6 ft 7 in) 91 kg (201 lb) Orlando Magic (2021)
B 4 Cvetković, Aleksandar 1,88 m (6 ft 2 in) 75 kg (165 lb) Plateros de Fresnillo (2021)
E 5 Hill, Jeremiah 1,88 m (6 ft 2 in) 77 kg (170 lb) BCM Gravelines-Dunkerque (2022)
P 7 Grecia Tsalmpouris, Georgios 2,16 m (7 ft 1 in) 107 kg (236 lb) Apollon Patras (2022)
A 10 España Almazán, Pablo 2,00 m (6 ft 7 in) 100 kg (220 lb) Melilla (2018)
B 11 Evans, Shannon 1,85 m (6 ft 1 in) 78 kg (172 lb) Bahçeşehir Koleji (2021)
E 13 Bertāns, Dairis 1,93 m (6 ft 4 in) 91 kg (201 lb) Khimki Moscow (2021)
AP 30 España Báez, Eulis 2,01 m (6 ft 7 in) 111 kg (245 lb) Bàsquet Manresa (2021)
AP 43 Senegal Sylla, Amar 2,06 m (6 ft 9 in) 86 kg (190 lb) BC Nevėžis (2022)
B 44 España Pozas, Pepe 1,83 m (6 ft 0 in) 85 kg (187 lb) Monbus Obradoiro (2021)
P 52 Ucraína Gerun, Volodymyr 2,08 m (6 ft 10 in) 104 kg (229 lb) Büyükçekmece Basketbol (2022)
A 00 Kurucs, Rodions 2,06 m (6 ft 9 in) 103 kg (227 lb) KK Partizan (2022)
Adestrador
España Luis Casimiro
Asistente(s)
España Javier Carrasco
España Antonio Pérez

Lenda
  • (C) Capitán
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 23−102022

Dorsais retirados[editar | editar a fonte]

Dorsais retirados polo Real Betis
Xogador Posición Etapa
9 Raúl Pérez Ala 1989–1997, 2002–2006

Destacados[editar | editar a fonte]

Galardóns individuais[editar | editar a fonte]

MVP da ACB

Concurso de triplas da ACB

Concurso de mates da ACB

Estrela emerxente da EuroCup

Primeiro quinteto da EuroCup

Segundo quinteto da EuroCup

Adestradores[editar | editar a fonte]

A seguinte é unha lista dos adestradores do Real Betis desde a fundación do club en 1987.

  • España Arturo Montequi (1987)
  • España Ramón Etchamendi (1987−1988)
  • España Leo Chaves (1988)
  • España José Alberto Pesquera (1988−1995)
  • Croacia Aleksandar Petrović (1995−1997)
  • España Salva Maldonado (1997−1998)
  • España José Alberto Pesquera (1998)
  • España Javier Imbroda (1998−2001)
  • España Javier Fijo (2001)
  • Italia Marco Crespi (2001−2002)
  • España Gustavo Aranzana (2002−2004)
  • Croacia Velimir Perasović (2004−2005)
  • España Javier Fijo (2005)
  • España Óscar Quintana (2005)
  • España Javier Fijo (2005)
  • España Manel Comas (2005−2007)
  • Galicia Moncho López (2007)
  • Arxentina Rubén Magnano (2007−2008)
  • España Manel Comas (2008)
  • España Angel González Jareño (2008)
  • España Pedro Martínez (2008−2009)
  • España Joan Plaza (2009−2012)
  • España Aíto García Reneses (2012−2014)
  • Estados Unidos Scott Roth (2014−2015)
  • España Javier Carrasco (2015)
  • España Luis Casimiro (2015−2016)
  • Croacia Žan Tabak (2016−2017)
  • España Alejandro Martínez (2017)
  • España Óscar Quintana (2017−2018)
  • España Javier Carrasco (2018)
  • España Curro Segura (2018−2020)
  • España Joan Plaza (2020−presente)

Palmarés[editar | editar a fonte]

LEB Ouro

  • Campións (1): 2018–19

Copa Princesa

  • Campións (1): 2019

Copa Andalucía

  • Campións (6): 1998, 1999, 2002, 2005, 2009, 2019
  • Subcampións (12): 1997, 2001, 2003, 2007, 2010, 2011, 2012, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018

Historial[editar | editar a fonte]

Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas Competicións europeas
1987–88 2 1ª B 10º 20–21
1988–89 2 22–14
1989–90 1 ACB 12º 17–23 Oitavos de final
1990–91 1 ACB 12º 18–22 Terceira rolda
1991–92 1 ACB 19º 17–21 Primeira rolda
1992–93 1 ACB 22–14 Cuartos de final
1993–94 1 ACB 17–17 Terceira rolda 3 Copa Korać FG 4–6
1994–95 1 ACB 10º 19–19 Segunda rolda 3 Copa Korać FG 6–4
1995–96 1 ACB 27–21 Cuartos de final
1996–97 1 ACB 19–15 Cuartos de final 1 Euroliga OF 7–11
1997–98 1 ACB 13º 13–21
1998–99 1 ACB 31–15 Subcampión
1999–00 1 ACB 23–15 Semifinais 1 Euroliga FG 6–10
2000–01 1 ACB 12º 13–21 2 Copa Saporta OF 5–7
2001–02 1 ACB 12º 14–20 Cuartos de final
2002–03 1 ACB 12º 16–18
2003–04 1 ACB 12º 15–19 Semifinais
2004–05 1 ACB 10º 14–20
2005–06 1 ACB 11º 14–20
2006–07 1 ACB 13º 14–20 Cuartos de final
2007–08 1 ACB 10º 14–20
2008–09 1 ACB 14º 10–22 2 EuroCup 2RC 0–2
3 EuroChallenge OF 5–7
2009–10 1 ACB 20–17 Cuartos de final
2010–11 1 ACB 11º 16–18 2 EuroCup 10–6
2011–12 1 ACB 18–18 Semifinais
2012–13 1 ACB 15º 12–22 2 EuroCup OF 4–8
2013–14 1 ACB 19–18
2014–15 1 ACB 15º 12–22 2 EuroCup L32 7–9
2015–16 1 ACB 11º 14–20
2016–17 1 ACB 16º 9–23
2017–18 1 ACB 18º 7–27
2018–19 2 LEB 30–4 Copa Princesa C
2019–20 1 ACB 15º 8–15
2020–21 1 ACB 16º 11–25

Filial[editar | editar a fonte]

O Real Betis Baloncesto posúe un equipo filial, o Real Betis B, o cal na temporada 2021−22 milita na cuarta categoría do baloncesto español, a Liga EBA.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fernández, Pepe (20 de xullo de 2016). "Baloncesto Sevilla, la Caixa acaba con una ilusión". Confidencial Andaluz (en castelán). 
  2. Delmás, Alejandro (14 de xaneiro de 2015). "Baloncesto Sevilla: situación límite tras 25 años en la ACB". Diario As (en castelán). 
  3. "CB Sevilla se salva de desaparición con la entrada del Betis y Energía Plus". La Vanguardia (en castelán). 21 de xullo de 2021. 
  4. "El CB Sevilla pasa a denominarse oficialmente Real Betis Baloncesto". ABC (en castelán). 15 de decembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2019. Consultado o 24 de agosto de 2021. 
  5. "Indignación de los sevillistas después de que el equipo de baloncesto de la ciudad pase a llamarse Real Betis". vozpopuli.com (en castelán). 18 de agosto de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]