Saltar ao contido

Aleksandar Cvetković

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAleksandar Cvetković

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de setembro de 1993 Editar o valor en Wikidata (33 anos)
Belgrado Editar o valor en Wikidata
Altura188 cm Editar o valor en Wikidata
Peso75 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2010 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaSerbia Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
– KK Crvena zvezda

Aleksandar Cvetković (en serbio cirílico: Александар Цветковић), nado o 12 de novembro de 1993 en Belgrado é un xogador profesional de baloncesto serbio. Formado nas categorías inferiores do KK Crvena zvezda, cunha altura de 1,88 m xoga na posición de base. No ano 2011 foi nomeado unha das mellores promesas do baloncesto FIBA. Actualmente xoga para o Coosur Real Betis da Liga ACB.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Belgrado, Cvetković formouse nas categorías inferiores do Crvena zvezda (Estrela Vermella). No ano 2010 chega ao primeiro equipo baixo a dirección do técnico Mihailo Uvalin. En febreiro de 2011 é nomeado sétimo Mellor Xogador promesa do mundo da FIBA (quedaron por diante súa Jonas Valančiūnas, Nikola Mirotić, Enes Kanter, Dario Šarić, Alessandro Gentile e Tornike Shengelia).[1][2] No ano 2012 compite no Nike Hoop Summit representando a Serbia. A finais dese mesmo ano, o 21 de novembro, Cvetković xoga o seu partido con maior valoración na EuroCup ao anotar 9 puntos ante o Dinamo Sassari. No ano seguinte debuta en Euroliga, concretamente o 24 de outubro ante o Maccabi Electra Tel Aviv.[3] Nesa mesma edición da competición, anota un mes despois catro puntos en sete minutos ante o Lietuvos rytas na última xornada da fase regular.[4]

A pesar das actuacións anteriores, Cvetković non consegue facerse cun oco no quinteto inicial do Crvena zvezda. Con 20 anos, o 27 de decembro de 2013 sae cedido na procura de máis tempo de xogo ao MZT Skopje macedonio.[5] O 3 de xaneiro debuta co seu novo equipo na Liga do Adriático (ABA) anotando 10 puntos na vitoria por 73–63 ante o Szolnoki Olaj. Na Liga ABA tería outras destacábeis actuacións como os 13 puntos na vitoria fóra da casa ante o Igokea (65-79) ou o case triplo-dobre con 17 puntos, 10 rebotes e 8 asistencias ante o Cibona en Zagreb. Esta actuación levouno a ser nomeado MVP da xornada da ABA. Finalmente, en 12 partidos na competeción, fixo uha media de 8 puntos, 2,3 asistencias e 3,1 rebotes por partido. Tras acabar a cesión, no verán de 2015 fai a pretemporada co Valencia, aínda que finalmente non fica no equipo.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
  • Liga de Serbia
    • Subcampión (3): 2012, 2013, 2016
  • Copa Radivoj Korać
    • Campión (1): 2013
    • Subcampión (2): 2012, 2016
  • Liga de Macedonia
    • Campión (2): 2014, 2015
  • Copa de Macedonia
    • Campión (1): 2014
  • Liga do Adriático
    • Subcampión (1): 2013
  • Nike International Junior Tournament (1): 2011
  • Xogador da xornada da Liga ABA (2): 2014, 2016
  • Medalla de prata no Mundial sub-19 de Letonia 2011
  • Medalla de bronce no Eurobasket sub-16 de Lituania 2009
  • Sétimo mellor xogador promesa do mundo da FIBA 2011.
  • Quinteto ideal do Mundial sub-19 de Letonia 2011.
  1. ↑ "Valančiūnas, Young Men's Player of 2011". fibaeurope.com (en inglés). 13 de febreiro de 2011.
  2. ↑ "Valančijunas najbolji mladi košarkaš Evrope, Cvetković sedmi". blic.rs (en serbio). 13 de febreiro de 2011.
  3. ↑ "Maccabi Electra Tel Aviv–Crvena zvezda Telekom Belgrade 96–82" (en inglés). Euroleague.net.
  4. ↑ "Lietuvos rytas–Crvena zvezda Telekom Belgrade 75–99" (en inglés). Euroleague.net.
  5. ↑ "Cvetković na pozajmici u MZT-u" (en serbio). kkcrvenazvezda.rs. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2013. Consultado o 16 de agosto de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]