Caixa de aforros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha caixa de aforros é unha institución financieira de carácter público que ten unha finalidade social aínda que actúa segundo criterios de mercado.

Historia e características[editar | editar a fonte]

As caixas de aforros ofertan os mesmos produtos e servizos ca os bancos comerciais, a diferenza fundamental radica na súa estrutura de propiedade e no reparto dos beneficios. As caixas de aforros son unhas fundacións de caracter especial que poden ser de orixe pública ou privada, non teñen uns accionistas cos que repartir os seus beneficios. Estes beneficios destínanse a reservas para garantir o futuro da entidade e a Obra Social que fai revertir o beneficio da entidade no resto da sociedade.

Caixas de aforros[editar | editar a fonte]