Balaenoptera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Balaenoptera
Balaenoptera physalus
Balaenoptera physalus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Cetacea
Suborde: Mysticeti
Familia: Balaenopteridae
Subfamilia: Balaenopterinae
Gray, 1864 [1]
Xénero: Balaenoptera
Lacépède, 1804 [2][3]
Especies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

Balaenoptera e un xénero de cetáceos misticetos da familia dos balenoptéridos, único da subfamilia dos balenopterinos (Balaenopterinae).

Este xénero comprende oito especies de rorcuais, todas as da familia excepto o xibardo (Megaptera novaeangliae) que, por si só, constitúe a outra subfamilia, a dos megapterinos (Megapterinae).

A especie Balaenoptera omurai foi descrita en 2003.[4]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero Balaenoptera foi descrito en 1804 polo zoólogo francés Bernard-Germain de Lacépède na páxina 114 da súa obra Hist. Nat. Cetacees.[5]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Lacépède construiu o termo Balaenoptera a partir dos elementos do latín científico Balaen-, tirado do latín bālæna, 'balea' (que, á súa vez, deriva do grego antigo φάλαινα phálaina), e -ptera, derivado do grego antigo πτερόν pterón, 'á' (intercalando un -o- para facilitar a pronuncia), en alusión ás longas aletas pectorais das súas epecies. Literalmente: 'as baleas con ás'.

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome cuñado por Lacépède, o xénero coñécese tamén polos sinónimos seguintes:[3]

Clasificación[editar | editar a fonte]

O xénero Balaenoptera comprende as sete especies (oito, para algúns autores) seguintes:[3]

En Galicia[editar | editar a fonte]

En augas próximas ás nosas costas, segundo a biibliografía dispoñíbel, pódense encontrar varias especies do xénero Balaenoptera.

Na Lista patrón de vertebrados de Galicia da SGHN, publicada no Tomo I da Xeografía de Galicia dirixida por Pérez Alberti,[8] aparecen as dúas especies seguintes (indícanse os nomes vulgares galegos propostos):

  • Balaenoptera physalus – rorcual de Bryl [9]
  • Balaenoptera borealis – rorcual boreal

Pola súa pare, no Vocabulario multilingüe dos profesores Lahuerta e Vázquez,[10] cítanse (o que no quere dicir que forzosamente teñan que frecuentar augas galegas, senón só que teña nome no noso idioma), relaciónanse as seguintes:

  • Balaenoptera acurrostrata – rorcual alibranco
  • Balaenoptera musculus – rorcual azul
  • Balaenoptera edeni – rorcual de Bryde ou balea de Bryde
  • Balanoptera physalis [11] – rorcual común
  • Balaenopterus borealis [12] – rorcual de pintas

Finalmente, na moderna Guía dos mamíferos de Galicia, os seus autores, Díaz d'a Silva e Cartelle,[13] consideran catro especies (e inclúen os catro mapas de distribución correspondentes):

  • Balaenpotera acurrostrata – balea alibranca
  • Balenoptera borealis – balea de pintas
  • Balaenoptera musculus – balea azul
  • Balaenoptera physalus – balea común

Nota: sobre os nomes galegos destes rorcuais (ou baleas) véxase o artigo Balenoptéridos e a súa páxina de conversa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Balaenopterinae Gray, 1864 no WoRMS.
  2. Balaenoptera Lacépède, 1804 no WoRMS.
  3. 3,0 3,1 3,2 Balaenoptera Lacépède, 1804 no SIIT.
  4. Wada, S.; Oishi, M. e Yamada, T. K. (2003): "A newly discovered species of living baleen whale". Nature 426: 278–281. Resume
  5. Balaenopteridae no MSW.
  6. Balaenoptera brydei Olsen, 1913 en WoRMS.
  7. Balaenoptera brydei na Lista da UICN.
  8. Pérez Alberti, A. (1982), p. 210.
  9. Probabelmente erro de imprenta por rorcual de Bryde.
  10. Lahiuerta e Vázquez (2000), p. 309.
  11. O nome correcto é Balaenoptera physalus.
  12. O nome correcto é Balaenoptera borealis.
  13. Díaz d'a Silva e Cartelle (2007), pp. 130-133.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikispecies
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Balaenoptera

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]