Dobras gulares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dobras gulares en repouso.
Grupo de xibardos alimentándose a expandiren as dobras gulares.

As dobras gulares son unha serie de pregaduras na pel que se estenden desde o bordo inferior da boca á zona ventral do corpo, até o embigo, que son exclusivas das especies dos cetáceos misticetos da familia dos balenoptéridos, que son coñecidas comunmente como rorcuais.

As dobras gulares constitúen unha adaptación que ten a finalidade de permitir aumentar o diámetro da gorxa, é dicir, a súa superficie, cando os rorcuais se alimentan, estendéndose coma un fol cando o animal enche a boca de auga, materia orgánica e pequenos peixes, para logo, ao pregarse, filtrar o alimento través das barbas.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. RORCUALES en CMMR Leviathan (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]