Balaenoptera bonaerensis
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Balaenoptera bonaerensis Rorcual austral | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Datos insuficientes[1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Distribución de Balaenoptera bonaerensis.
| |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
|
O rorcual austral, Balaenoptera bonaerensis, é un unha especie de mamífero mariño da orde dos cetáceos, suborde dos misticetos e familia dos balenoptéridos, unha das sete que integran o xénero Balaenoptera.
É un cetáceo de pequeno tamaño estreitamente emparentado coa especie Balaenoptera acutorostrata que habita nas augas do hemisferio austral, de aí o seu nome vulgar.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita por primeira vez en 1867 polo naturalista, paleontólogo e zoólogo alemán, nacionalizado arxentino, Hermann Burmeister, en Actas Soc. Paleo., Buenos Aires: XXIV.[2]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome que lle deu Burmeister, e actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[3]
- Balaenoptera acutorostrata bonaerensis Deraniyagala, 1960
- Balaenoptera huttoni Gray, 1874
- Balaenoptera racovitzai Lahille, 1905
- Physalus antarcticus Hutton, 1874
Nome vulgar
[editar | editar a fonte]O nome específico, bonaerensis, significa 'bonaerense', é dicir, 'de Buenos Aires'. Porén, o epíteto vulgar co que se coñece, austral, é debido a que é común velo nos meses de verán en augas da Antártida. Ademais, dise así por oposición ao seu próximo parente (durante moitos anos pensouse que eran conespecíficos), o Balaenoptera acutorostrata, que se distribúe polo hemisferio boreal.
Características
[editar | editar a fonte]O rorcual austral, xunto co Balaenoptera acutorostrata son sas especies máis pequenas de rorcuais (a balea anana é o cetáceo misticeto máis pequeno que existe).
A súa lonxitud varía de 7,2 a 11 m, e o seu peso oscila entre 5,8 e 9,1 t. De media, as femias son aproximadamente 1 m máis longas que os machos.
A coloración do seu dorso é gris escura, e o ventre, branco.
Poboación e distribución
[editar | editar a fonte]O rorcual austral habita en todos os océanos do hemisferio sur. Durante o verán se encontra cerca da Antártida, pero se move máis cata ao norte en inverno, superponendo parcialmente así a súa área de distribución coa do Balaenoptera acutorostrata.
Caza e conservación
[editar | editar a fonte]É unha especie que foi cazada extensivamente pola frota baleeira xaponesa, que tiña, a cambio da derrogación da moratoria sobre a caza de baleas (un "permiso especial") a cambio de ofrecer métodos máis 'humanos' para a morte deste animal, e de subministrar información científica sobre a especie, especialmente sonre a súa saúde e o contido na súa carne e en certos órganos de metais pesados e compostos organoclorados.[4][5][6][7]
Os datos sobre o estado de conservación do rorcual antártico considéranse insuficientes na lista vermella da UICN, por seren «incapaces de proporcionar estimacións confiábeis e actualizada».[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Reilly, S. B.; Bannister, J. L.; Best, P. B.; Brown, M.; Brownell Jr., R. L.; Butterworth, D. S.; Clapham, P. J.; Cooke, J.; Donovan, G. P.; Urbán, J. & Zerbini, A. N. (2008): Balaenoptera bonaerensis na Lista vermella de especies ameazadas da UICN.
- ↑ Balaenoptera bonaerensis en MSW.
- ↑ Balaenoptera bonaerensis no WoRMS.
- ↑ Shikawa, H. & Shigemune, H. (2005): "Improvements in more humane killing methods of Antarctic minke whales, Balaenoptera bonaerensis, in the Japanese Whale Research Program under Special Permit in the Antarctic Sea (JARPA)". Japanese Journal of Zoo and Wildlife Medicine 10 (1): 27-34.
- ↑ Ohishi, K. el al. (2003): "Pathological and serological evidence of Brucella infection in baleen whales (Mysticeti) in the western North Pacific. Comparative immunology, microbiology and infectious diseases 26 (2): 125-136.
- ↑ Yasunaga, G.; Fujise, Y.; Zenitani, R.; Honda, K. & Kato, H. (2005): "Yearly trend of trace element accumulation in liver of Antarctic minke whales, Balaenoptera bonaerensis" (Vol. 5). Paper JA.
- ↑ Yasunaga, G.; Fujise, Y.; Zenitani, R.; Tanabe, S. & Kato, H. (2006): "Spatial and temporal variations in organochlorine contaminants in the Antarctic minke whale, Balaenoptera bonaerensis (Vol. 6). Paper SC.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Balaenoptera bonaerensis |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Balaenoptera bonaerensis |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carwardine, M. (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Guía visual de todos los cetáceos del mundo. Barcelona: Omega. ISBN 978-84-282-1037-3.
- Perrin, William F., Bernd Würsig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9
- Schokkenbroek, Joost C. A. (2008): Trying-out: An Anatomy of Dutch Whaling and Sealing in the Nineteenth Century, 1815-1885. Amsterdam: Aksant Academic Publishers. ISBN 978-90-5260-283-7.
- Tönnesen, J. N. & Arne Odd Johnsen (1982): The history of modern Whaling. Londres: C. Hurst & Co. ISBN 978-0-905838-23-6; Canberra: Australian National University Press. ISBN 978-0-7081-0749-2; Berkeley, California, USA: University of California Press. ISBN 978-0-520-03973-4.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Balaenoptera bonaerensis Burmeister 1867 Arquivado 28 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- Balaenoptera bonaerensis Burmeister 1867 no ITIS.
- Balaenoptera bonaerensis na ADW.
- Balaenoptera bonaerensis Arquivado 18 de agosto de 2016 en Wayback Machine. na EOL.