Autódromo do Estoril

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Autódromo do Estoril
Plano do Circuíto
Datos
Carreiras
Localización Portugal Estoril, Portugal
Lonxitude 4,182 km.
Curvas 13
Volta rápida (1993) 1:14.859
Piloto récord Damon Hill
Escudería récord Williams-Renault
Coordenadas Coordenadas: 38°45′03″N 9°23′39″O / 38.750833333333, -9.3941666666667
Vista do Circuíto
Vista

O Autódromo do Estoril, cuxo nome oficial é Autódromo Fernanda Pires da Silva, é unha pista de carreiras de 4,36 km en Portugal, e foi a sede do Gran Premio de Portugal de Fórmula 1 entre 1984 e 1996.

Actualmente, e desde a tempada do 2000, é sede do Gran Premio de Motociclismo de Portugal nas súas tres categorías (Moto3, Moto2 e MotoGP).

Características[editar | editar a fonte]

O circuíto de Estoril foi construído en 1972 nunha meseta rochosa preto de Estoril, Portugal. O circuíto ten dúas curvas moi pechadas, en forma de grampa, subidas, baixadas e unha longa recta onde se sitúa a meta. Nos primeiros anos realizáronse moitas competicións nacionais e ocasionalmente carreiras de Fórmula 2. Con todo, a falta de mantemento quitoulle posibilidades de ser utilizada para a Fórmula 1 ata 1984, ano en que de novo estivo a punto.

A través dos anos o circuíto de Estoril adoeceu de problemas de seguridade, e varias veces non logrou aprobar as inspeccións. Ademais, os ventos son frecuentes no autódromo.

Cabe destacar que este foi o último circuíto de Fórmula 1 no que non había chicanes. Con todo, tras a morte de Ayrton Senna no Gran Premio de San Marino de 1994, en Imola, decidiuse pór unha chicane na curva de "tanque", pasándose a chamar "chicane Gancho".

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Estoril[editar | editar a fonte]

Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1984 Francia Alain Prost McLaren-TAG-Porsche 1:41:11,753 h 4´350 km 70 180´541 km/h 21. outubro Portugal Portugal
1985 Ayrton Senna Lotus-Renault 2:00:28,006 h 4´350 km 67 145´160 km/h 21. abril
1986 Nigel Mansell Williams-Honda 1:37:21,900 h 4´350 km 70 187´644 km/h 21. setembro
1987 Francia Alain Prost McLaren-TAG-Porsche 1:37:03,906 h 4´350 km 70 188´224 km/h 20. setembro
1988 Francia Alain Prost McLaren-Honda 1:37:40,958 h 4´350 km 70 18´034 km/h 25. setembro
1989 Austria Gerhard Berger Ferrari 1:36:48,546 h 4´350 km 71 191´418 km/h 24. setembro
1990 Nigel Mansell Ferrari 1:22:11,014 h 4´350 km 61 193´725 km/h 23. setembro
1991 Italia Riccardo Patrese Williams-Renault 1:35:42,304 h 4´350 km 71 193´626 km/h 22. setembro
1992 Nigel Mansell Williams-Renault 1:34:46,659 h 4´350 km 71 195´521 km/h 27. setembro
1993 Alemaña M. Schumacher Benetton-Ford 1:32:46,309 h 4´350 km 71 199´748 km/h 26. setembro
1994 Damon Hill Williams-Renault 1:41:10,165 h 4´360 km 71 183´589 km/h 25. setembro
1995 David Coulthard Williams-Renault 1:41:52,145 h 4´360 km 71 182´328 km/h 24. setembro
1996 J. Villeneuve Williams-Renault 1:40:22,915 h 4´360 km 70 182´423 km/h 22. setembro

Récord: N.Mansell / A.Prost (3 Veces)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]