August Pi i Sunyer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAugust Pi i Sunyer

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de agosto de 1879 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de xaneiro de 1965 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio municipal de Roses Editar o valor em Wikidata
Deputado das Cortes
22 de marzo de 1918 – 6 de abril de 1923
← Carles Cusí i de Miquelet (en) TraducirManuel Rius i Rius →
Circunscrición electoral: Figueres
Q116980123 Traducir
16 de xaneiro de 1918 – 10 de marzo de 1920
← Josep Maria Astell Gilabert (pt) TraducirJaume Garcia i Alsina (pt) Traducir →
Presidente Societat Catalana de Biologia (en) Traducir
1913 – 1918 – Jesús Maria Bellido i Golferichs (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBarcelona, París, Caracas e México.
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona
Tese académicaVida anaeróbia
Actividade
Lugar de traballo Barcelona
Caracas Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , fisiólogo , médico , profesor universitario , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorCongreso dos Deputados
Universidade de Sevilla
Universidade Central de Venezuela
Partido políticoEsquerra Republicana de Catalunya Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeCarme Bayo i Puig
FillosPere Pi-Sunyer i Bayo, Cèsar Pi-Sunyer (en) Traducir, Jaume Pi-Sunyer i Bayo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiJaume Pi i Sunyer (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsSantiago Pi Suñer (pt) Traducir e Carles Pi i Sunyer Editar o valor em Wikidata
Premios


August Pi i Sunyer, nado o 1879 en Barcelona e finado en 1965 na Cidade de México, México, foi un médico fisiólogo e político español, fillo do tamén médico Jaume Pi i Sunyer e irmán de Santiago e de Carles Pi i Sunyer.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Actividade médica e académica[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Medicina na Universidade de Barcelona en 1899 e cdoutorouse na Universidade de Madrid en 1900 cunha tese sobre a vida anaeróbica. En 1901 contraeu matrimonio con Carme Bayo i Puig. Traballou como profesor auxiliar de Fisioloxía en Barcelona en 1902 baixo as ordes de Ramon Coll i Pujol, e en 1904 obtivo a cátedra na Universidade de Sevilla. En 1906 presidiu a comisión executiva do Primeiro Congreso de Hixiene de Cataluña e en 1907 renunciou á cátedra para regresar a Barcelona a dedicarse á investigación. En 1914 foi nomeado profesor de Fisioloxía da Universidade de Barcelona, da que pasou a ser catedrático numerario en 1916.

Desde entón ata que marchou ao exilio dedicouse á medicina. Creou un centro de investigación fisiolóxica no Laboratorio Municipal de Barcelona, dirixido por Ramon Turró i Darder, quen foi o seu amigo e de quen se considerou discípulo. Dos seus experimentos con animais realizou diversas descubertas sobre os reflexos, os estímulos físicos e a súa influencia na respiración. En 1920 pasou a dirixir o Instituto de Fisioloxía da Mancomunitat, onde creou unha escola de certo prestixio internacional. En 1912 fundou a Sociedade Catalá de Bioloxía, foi presidente da Real Academia de Medicina de Barcelona entre 1926 e 1939, e foi director da publicación Treballs de la Societat de Biologia (1913-1938), onde publicou a maior parte dos seus traballos.

Máis tarde realizou unha intensa actividade académica dentro e fóra de España, participando en congresos universitarios cataláns en 1918 e 1919, e dando cursos nas Universidades de Buenos Aires e de Montevideo. En 1919 foi promotor dos congresos de médicos de lingua catalá e asistiu tamén aos congresos internacionais de Medicina de Madrid (1903) e Budapest (1909), de Psicoloxía en Moscova (1930) e París (1937), e de Fisioloxía e Ciencias fisiológicas de Heidelberg (1907) e en Bruxelas (1956).

Tras o estoupido da Guerra Civil Española exiliouse coa súa familia en París en 1939 e desde alí marchou a Venezuela, logo de recibir unha invitación do Goberno dese país para que traballase como profesor de Fisioloxía na Universidade Central de Venezuela. En 1940 fundou o Instituto de Medicina Experimental, onde formou unha escola de fisioloxía similar á de Barcelona. Desde 1946 traballou como profesor de Bioquímica e, desde 1942, como profesor de Bioloxía e Bioquímica no Instituto Pedagóxico Nacional de Caracas.

Actividade política[editar | editar a fonte]

Foi un dos fundadores da da Unión Federal Nacionalista Republicana en 1916 e amigo de Francesc Layret. No ano 1918 participou nas eleccións ao Congreso dos Deputados, onde foi elixido deputado do Partido da República Catalá polo distrito de Figueres. Foi reelixido en 1919 e 1920, pero abandonou o Congreso en 1923, cando ocorreu o golpe de estado de Miguel Primo de Rivera.[3]

Durante a Segunda República Española ocupou diversos cargos. Foi membro da Xunta de Ampliación de Estudos e Investigacións Científicas de España, do Consello de Cultura da Generalitat de Cataluña e do padroado de goberno da Universidade Autónoma de Barcelona (1933-1939). Tamén foi presidente da Asociación de Música de Cámara de Barcelona, e en 1918 foi elixido presidente do Comité Olímpico Español, logo de presidir diversos clubs e federacións deportivas de Cataluña.[4][5][6]

Na súa etapa venezolana, tamén foi fundador e o primeiro presidente do Centro Catalán de Caracas en 1945. Presidiu os Xogos Florais da Lingua Catalá de 1953 e colaborou nas revistas catalás do exilio en México Quaderns de l'Exili (1943-1947) e La Nova Revista (1955-1958).

En 1963 instálase en México, onde faleceu dous anos despois. En 1980 os restos mortais do doutor August Pi i Sunyer foron trasladados ao cemiterio municipal de Roses desde a Cidade de México.[7]

En memoria deste insigne médico escolleuse o seu nome para o Instituto de Investigacións Biomédicas August Pi i Sunyer, creado en Barcelona en 1996.[8]

Obras[editar | editar a fonte]

Científicas[editar | editar a fonte]

  • La vida anaerobia (1901).
  • La antitoxia renal (1907).
  • La unidad funcional (1919).
  • Sistema neurovegetativo (1947).
  • The Bridge of Life (1950).
  • Classics of Biology (1955).
  • Manual de medicina interna (1922).
  • Traité de physiologie normale et pathologique (1931).
  • Fisiología humana (1962), con Santiago Pi i Sunyer.

Literarias[editar | editar a fonte]

  • L'ordinari Henschel (1900) tradución de Gerhart Hauptmann.
  • Màrtirs (1900).
  • La novel·la del besavi (1944).
  • Sunyer metges, pare i fill (1957).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "August Pi i Sunyer". En Enciclopèdia.cat.
  2. Enciclopèdia de l'Esport Català. Enciclopèdia Catalana. Barcelona, 2012. ISBN 978-84-412-2106-2
  3. Ficha no Congreso dos Deputados.
  4. Historial de presidentes da FCA. Federacio Catalana d'Atletisme.
  5. Gallen Utset, Carles. Les Federacions Esportives catalanes i els seus presidents. Barcelona. UFEC, 2013. ISBN Gi.1233-2013.
  6. Santacana, Carles. FC d'Atletisme. Història de l'atletisme a Catalunya, 2012. ISBN 978-84-615-8281-5
  7. Arquivo Municipal de Roses, 12.4. Fondo Familia Magester Flaquer. Certificado do Consulado Xeral de España sobre o traslado dos restos mortais. 25 de agosto de 1980.
  8. Institut d'Investigacions Biomèdiques August Pi i Sunyer (IDIBAPS). Universitat de Barcelona.