Vientiane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Coordenadas: 17°58′00″N 102°36′00″L / 17.96667, -102.60000

Vientiane
ວຽງຈັນ
Patuxai 57.jpg
Porta de Patuxai
Localización
Vientiane en Laos
Vientiane
Vientiane
País Flag of Laos.svg Laos
Xeografía
Altitude 174 msnm
Superficie 3.920 km²
Demografía
Poboación 783.000 2013
Densidade 200/km2
Outros datos
Alcalde Sombath Yialiheu

Vientiane ( en laosiano: Viangchan) é a capital de República Popular Democrática Laos. Aséntase na marxe esquerda do río Mekong, que serve de fronteira fluvial con Tailandia. As súas coordenadas son 17°58' de latitude norte, 102°36' de lonxitude leste.

A poboación estimada no ano 2005, era de 200.000 persoas, pero os habitantes da zona metropolitana alcanzaban arredor duns 730.000.

Centro de Vientiane
Pha That Luang, estupa de ouro símbolo de Laos

Subdivisións[editar | editar a fonte]

A cidade de Vientiane comprende os seguintes distritos:

Orixes da cidade[editar | editar a fonte]

Segundo relatos épicos laosianos (Phra Lak Phra Lam), o príncipe Thattaradtha fundou a cidade, mais os historiadores cren que se orixinou dun asentamento khmer localizado arredor dun antigo templo hindú. A partir do século XII os laosianos substitúen ou asimilan os khmers. Desde o ano 1354 Vientiane será xa unha importante cidade, mais non pasará a tornarse a capital até o ano 1560.