Bandar Seri Begawan
Epónimo | Omar Ali Saifuddien III (pt) | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Brunei | |||
Distrito (pt) | Brunei e Muara | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 50.000 (2015) (498,21 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 100.360.000 m² | |||
Bañado por | Río Brunei e Mar da China Meridional | |||
Altitude | 14 m | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | municipal-bsb.gov.bn |
Bandar Seri Begawan, é a capital de Brunei, situada no Mar da China Continental. No ano 2010 tiña 140 000 habitantes. Antigamente coñecida como Brunei Town cambiou o seu nome o 3 de outubro de 1970.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A primeira parte do nome da cidade, Bandar provén do persa بندر e significa "porto" ou "refuxio". A segunda parte do nome, Seri Begawan ten orixe nas palabras Sri e Bhagwan do sánscrito, que significa a bendita.
Historia
[editar | editar a fonte]A historia da capital de Brunei remóntase ó século VI. Inicialmente era unha aldea da auga (Kampong Ayer), preto da actual localización de Kampong Kota Batu e o edificio nacional do museo. Dende entón, o crecemento e o desenvolvemento da capital ligou varias poboacións en Sungai Brunei que proporcionou unha base cidadá que potenciou diversas actividades económicas, especialmente as relacionadas co mar.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Entre os seus edificios destacan o Palacio Real do Sultán, un dos máis grandes do mundo, e a mesquita de Omar Ali Saifuddien, o Royal Cerimonial Hall, o Royal Regalia Building, e o Brunei History Center. A mesquita de Omar Alí Saifuddin, construída en 1958, destaca pola súa enorme cúpula dourada e un luxoso interior de mármore italiano.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bandar Seri Begawan |
- Información do Goberno Municipal Arquivado 03 de novembro de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)