Anna Karina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAnna Karina

Anna Karina en 1977.
Biografía
NacementoHanne Karin Blarke Bayer
22 de setembro de 1940
Copenhague, Dinamarca
Morte14 de decembro de 2019 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
París (Francia) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 49 48°51′44″N 2°23′39″L / 48.862092, 2.394109
Grave of Karina (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancesa
Altura170 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilme Editar o valor em Wikidata
OcupaciónActriz, cantante, directora de cine e escritora
Período de actividade1959 Editar o valor em Wikidata - 2019 Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioAnna Karina Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJean-Luc Godard (1961-1967)
Pierre Fabre (1968-1974)
Daniel Duval (1978-1981)
Dennis Berry (1982-1994)
Maurice Cooks (2009-presente)
Cronoloxía
21 de decembro de 2019Funeral (Chapel of the Père-Lachaise Cemetery (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Premios
Orde Nacional da Lexión de Honra
Oso de Prata á mellor actriz
Bodil Honorary Award

IMDB: nm0439344 Allocine: 271 Rottentomatoes: celebrity/anna_karina Allmovie: p96782 13584
Facebook: AnnaKarinaOfficiel Musicbrainz: bd6155ce-d874-4258-bd27-bbdd77c6f181 Songkick: 283769 Discogs: 175485 WikiTree: Bayer-715 Editar o valor em Wikidata


Hanne Karin Blarke Bayer,[1] máis coñecida como Anna Karina, nada en Copenhague o 22 de setembro de 1940 e finada en París o 14 de decembro de 2019,[2] foi unha actriz, cantante, directora de cine e escritora danesa nacionalizada francesa. É coñecida polas súas colaboracións en filmes de Jean-Luc Godard, sendo unha das actrices máis destacadas da Nouvelle Vague.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

O seu pai, capitán de barco, abandonou a súa nai ao pouco tempo de nacer a nena. Viviu ata os catro anos xunto aos seus avós, idade na que comezou a vivir en varias casas de acollida. Aos oito anos trasladouse a casa da súa nai, da que intentou escapar varias veces durante a súa nenez.

Aos quince anos traballaba como secretaria ou en elevadores da cidade de Copenhague. Comezou a súa carreira no seu país natal, onde actuou como cantante en cabarets para afeccionados, tamén traballou como modelo de publicidade e como actriz. A súa primeira actuación foi nunha curtametraxe promocional de Ib Schemedes, a cal gañou un premio no Festival de Cine de Cannes.

Aos 17 anos trasladouse a París soa, buscando afastarse do seu país natal por mor da inestabilidade da súa vida familiar e os seus desexos de facer carreira en Francia, país que visitara anos atrás. Comezou con pouco diñeiro e foi nunha das súas visitas a un coñecido café do Barrio Latino de París, nos arredores da Rive Gauche do Sena, onde lle ofreceron traballar como modelo. Obtivo traballos para revistas como Jours de France e Elle, traballando no campo da modelaxe publicitaria e en casas de moda de alto prestixio como Chanel. O nome artístico polo que se lle coñece ata hoxe en día foi suxerido pola propia Coco Chanel, cando Hanne modelaba para esta casa.[3]

A súa primeira aparición nunha longametraxe, aínda que non autorizada, foi en On the Passage of a Few Persons Through a Rather Brief Unity of Time, drixida polo situacionista Guy Debord, na que se pode ver un anuncio que Anna realizou para unha marca de xabón. Ao fondo podíase escoitar a voz de Debord dicindo: "Os anuncios durante as interrupcións (dunha película) son o verdadeiro reflexo dunha interrupción da vida".

Carreira como actriz e directora de cine[editar | editar a fonte]

En 1959 coñece a Jean-Luc Godard, que despois de ver o mencionado anuncio ofreceulle interpretar un personaxe importante na súa primeira longametraxe O final da escapada, que Anna rexeitou por incluír escenas núas. A causa disto, Godard decidiu prescindir deste personaxe no filme.

Malia isto, Anna aceptou o papel protagonista no seguinte filme do director, Le petit soldat. Nese momento, Anna era menor de idade e non podía traballar sen a autorización da súa nai. O filme foi censurado en Francia porque mostraba tortura de parte dos dous bandos durante a Guerra de Independencia de Alxeria. En 1961 contraeron matrimonio durante a rodaxe da súa segunda película conxunta, titulada Une femme est une femme. A súa interpretación neste filme valeulle o premio á mellor actriz na Berlinale.

A partir dese momento Anna converteuse na musa de moitos dos seguintes proxectos do realizador, que se converteron nos máis recoñecidos da carreira dos dous, incluíndo filmes como Vivre sa vie, Bande à part, Pierrot le Fou, Alphaville e Made in U.S.A.. As súas colaboracións con Godard remetaron pouco antes que o seu matrimonio, en 1967.

Malia isto, a súa carreira non se limitou soamente aos filmes de Godard, nin durante o seu matrimonio nin despois. Proba disto foi a súa actuación en Suzanne Simonin, la Religieuse de Diderot, Palma de Ouro no Festival de Cannes, doutro recoñecido director francés da Nouvelle Vague, Jacques Rivette. Incluso antes de coñecer a Godard, Anna Karina foi a protagonista de Ce soir ou jamais, do destacado director francés Michel Deville. Tamén traballou con Luchino Visconti en Lo straniero, xunto a Marcello Mastroianni. Outros filmes destacados nos que actuou foron Justine de George Cukor, Laughter in the Dark de Tony Richardson, Après La Répétition de Ingmar Bergman, Chinese Roulette de Rainer Werner Fassbinder ou L'Œuvre au noir de André Delvaux.

Mantívose moi activa dende os seus inicios a principios da década dos 60 ata que na década dos 80 o número de papeis que realizaba por ano diminuíu, pois comezaba outras facetas da súa vida artística, como a de directora ou a de escritora. A súa carreira sempre tivo un enfoque internacional, pois ao longo de cinco décadas participou en filmes tanto na Europa (amais de Francia colaborou en obras de Italia, Alemaña, Hungría, Dinamarca ou o Reino Unido), os Estados Unidos, o Canadá e o norte de África.

En 1973 fundou a súa propia produtora cinematográfica, chamada Raska, na que editou o seu debut como directora, Vivre ensemble, filme no que tamén traballou como actriz. Como directora tamén rodou Les oeufs brouillés e Victoria.

Nas últimas década fixo aparicións en festivais de cine, como o Festival de Cine de Brasilia ou o Festival Internacional de Cine de Cannes. Anna Karina falaba francés, inglés, alemán, italiano e danés, e actuou en todas estas linguas ao longo da súa carreira.

Carreira como cantante[editar | editar a fonte]

Aínda que a súa carreira musical non foi prolífica, tamén destacou como cantante. Comezou interpretando cancións na comedia musical de Jean-Luc Godard Une femme est une femme, ao igual que noutro filme do mesmo director, Pierrot le Fou, onde interpretou por vez primeira «Jamais je ne t'ai dit que je t'aimerais toujours» e «Ma ligne de chance». En 1967 obtivo un notable éxito coa comedia musical Anna, realizada para a televisión francesa polo director Pierre Koralnik. As cancións do musical foron incluídas tamén no seu primeiro LP, titulado simplemente Anna, composto e producido por Serge Gainsbourg, co que interpretou a dúo varias cancións, algo habitual nas producións do músico francés. Este musical foi levado ao teatro no ano 2014.

No ano 2000 o cantante e compositor Philippe Katerine produciu e compuxo para ela o disco Une histoire d'amour, que foi acompañado dunha xira de concertos. No 2005 gravou Chansons de films, unha colección de cancións de películas.

Carreira como novelista[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa vida, Anna tamén escribiu catro novelas: Vivre ensemble (1973), Golden City (1983), On n'achète pas le soleil (1988) e Jusqu'au bout du hasard (1998) e fixo frecuentes aparicións en televisión.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Joseph F. Clarke (1977). Pseudonyms. BCA. p. 94. 
  2. "Anna Karina, légendaire actrice de la Nouvelle Vague, est morte" www.lemonde.fr. Consultado o 15 de decembro de 2019
  3. "Anna Karina - her life, films and style". newwavefilm.com (en inglés). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]