Rainer Werner Fassbinder
Rainer Werner Fassbinder | |
---|---|
![]() | |
Alcume/outros | Franz Walsch |
Nacemento | 31 de maio de 1945 |
Lugar | Bad Wörishofen, Baviera |
Falecemento | 10 de xuño de 1982 |
Lugar | Múnic, Baviera |
Causa | Parada cardiorrespiratoria e sobredose de barbitúricos |
Soterrado | Bogenhausener Friedhof |
Nacionalidade | ![]() |
Nai | Liselotte Eder |
Cónxuxe(s) | Ingrid Caven (1970–72) |
Profesión | Director |
Na rede | |
http://www.rainer-fassbinder.net | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Rainer Werner Fassbinder, nado en Bad Wörishofen (Baviera) o 31 de maio de 1945 e finado en Múnic o 10 de xuño de 1982 foi un director de cinema e guionista alemán, un dos principais representantes do novo cinema alemán.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado nunha familia burguesa, os seus pais separáronse en 1951, quedando coa súa nai. Porén, a tuberculose da súa nai mantívoos separados longas tempadas, sendo coidado por amigos. Fassbinder cada vez volvíase máis independente e incontrolable, pasando moito tempo nas rúas e escapándose da escola. Co diñeiro que lle daba a súa nai ía ao cine case cada día, e en ocasións, tres ou catro veces no mesmo día. Con quince anos marchou a Colonia a vivir co seu pai, co que discutía habitualmente. Aló estudou na escola nocturna e facía pequenos traballos. Tamén comezou a escribir obras, poemas e contos.
En 1963 mudouse a Múnic, tomando clases de interpretación. En 1965 escribiu e dirixiu unha curtametraxe, Der Stadtstreicher, financiado polo seu amante, o aspirante a actor Christoph Roser. Dous anos despois uniuse a unha compañía teatral, na que actuaba e dirixía.
A partir de 1969 concentrouse na súa carreira cinematográfica, pero volveu intermitentemente ao teatro ao longo da súa vida. Durante os quince anos que durou a súa carreira no cinema dirixiu máis de corenta filmes e telefilmes. Ademais tamén foi compositor, director de produción, director de fotografía, produtor e montador, recibindo premios en múltiples festivais.
Nos anos nos que rodaba o seu último filme, Querelle (1982), Fassbinder abusaba do alcohol e das drogas. A tarde do nove de xuño de 1982, entou no seu cuarto a traballar nun futuro filme, Rosa L, baseado na vida de Rosa Luxemburg. Á unha da madrugada falou por teléfono co seu amigo e axudante Harry Baer. Cando a parella de Fassbinder, a montadora Juliane Lorenz, chegou á casa, entrou no cuarto (sen permiso) e atopouno morto na cama. A causa da morte foi un dose letal de cocaína e barbitúricos.[1]
Filmografía[editar | editar a fonte]
Ano | Filme |
---|---|
1969 | Liebe ist kälter als der Tod |
1969 | Katzelmacher |
1970 | Götter der Pest |
1970 | Warum läuft Herr R. Amok? |
1970 | Der amerikanische Soldat |
1971 | Whity |
1971 | Warnung vor einer heiligen Nutte |
1972 | Händler der vier Jahreszeiten |
1972 | Die bitteren Tränen der Petra von Kant |
1974 | Angst essen Seele auf |
1974 | Effi Briest |
1975 | Faustrecht der Freiheit |
1975 | Mutter Küsters Fahrt zum Himmel |
1976 | Satansbraten |
1976 | Chinesisches Roulette |
1978 | Despair |
1978 | In einem Jahr mit 13 Monden |
1979 | Die Ehe der Maria Braun |
1979 | Die dritte Generation |
1981 | Lili Marleen |
1981 | Lola |
1982 | Die Sehnsucht der Veronika Voss |
1982 | Querelle |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "O du verhasst-geliebtes Gift", Der Spiegel, 21 June 1982
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rainer Werner Fassbinder ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Fassbinder's Satan's Brew
- Fassbinder Foundation
- Rainer Werner Fassbinder na IMDb (en inglés).
- Carreira
- Holy Whore: Remembering Rainer Werner Fassbinder
- Entrevista Arquivado 03 de abril de 2008 en Wayback Machine. con Hanna Schygulla sobre Fassbinder
- Artigo
- "We still miss him", artigo do Insituto Goethe (2010)