A historia conta as vivencias dunha rapaza orfa chamada Candice "Candy" White. Foi despois adaptada nunha serie de anime por Toei Animation entre 1976 e 1979 que se distribuíu internacionalmente, tornándose moi popular en moitos países.
Anime
A serie animada ou anime foi producida por Toei entre 1976 e 1979 consistindo en 115 episodios de 23 minutos cada un, ademais de dous OVAs de 1978 e un filme de 1992. En Galiza estreouse en TVE1[1] mais non foron dobrados todos os capítulos por falta de audiencia. Porén, posteriormente foi rescatada por algunhas canles autonómicas coma TV3 (Cataluña) e tamén a Televisión de Galicia, que emitiu a serie completa dobrada ao galego e onde tivo moito éxito. En países como Italia, Francia, o Canadá, Indonesia e Corea do Sur, Candy Candy tivo enorme aceptación.
Controversia legal
Dende 1998 está prohibida a difusión da serie en todos os países do mundo por mor a un proceso legal entre Igarashi e Mizuki polos dereitos de autor de Candy Candy.