Seinen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Seinen (青年) é unha palabra xaponesa que se podería traducir como "home xoven" e que aquí é utilizada para referirse a unha categoría de manga ou anime que ten por albo un público masculino adulto, normalmente entre os 18 e 40 anos. O seu equivalente feminino é o jōsei.

A variedade de estilos e de temáticas tratadas neste tipo de banda deseñada son moi amplos (puidendo ir desde o máis vangardista ao porno), mais ten como característica común o feito de que, a diferenza do manga shōnen, aborda as diferentes temáticas dunha maneira máis seria e adulta, puidendo chegar nalgún momento a ter unha linguaxe máis violenta e crúa. As tramas tamén están máis traballadas coidándose máis a posta en escena.

Unha maneira común de diferenciar o shōnen do seinen é ollar no kanji orixinal do texto. Se hai furigana na maior parte do kanji significa que a obra está orientada a un público máis novo. Tamén pode servir de orientación coñecer a revista ou magazine na que foi publicado pois, normalmente, se leva a palabra Young significa que estamos ante un manga seinen. Algúns exemplos de revista seinen son: Ultra Jump, Afternoon, Young Jump, Young Animal.


Exemplos[editar | editar a fonte]

Esta é unha lista dalgúns mangas e animes que soen ser catalogados como seinen:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]