Manuel Muñiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Medalla de Galiza.svg
Manuel Muñiz
Nome completoJosé Manuel Muñiz Tubío
Nacemento1930
 Boiro
Falecemento28 de xullo de 2011
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncompositor e músico
editar datos en Wikidata ]

José Manuel Muñiz Tubío, nado en Boiro en 1929 ou 1930[1][2] e finado o 28 de xullo de 2011 en Santiago de Compostela, foi un músico e compositor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como intérprete, Muñiz tocaba o trombón de varas, o violín e a trompeta, mais a súa sona chegoulle da man da composición e da dirección de orquestras de música popular e lixeira.

En 1951 fíxose cargo do traballo de director da orquestra de música lixeira Compostela, que naquela altura xa levaba máis de tres décadas de existencia. Foi primeiro o seu director durante cincuenta anos, e despois ademais tamén o seu propietario, ata o 2001, cando se retirou definitivamente. Durante eses anos, ademais do seu traballo á fronte da Orquesta Compostela compuxo pezas para Ana Kiro, Pili Pampín, Sabela (da que ademais foi descubridor) ou Miguel Torres. Entre os varios centos de cancións compostas por el[3][4], estivo Galicia, terra meiga (1973) ou o himno do desaparecido clube de fútbol SD Compostela, que chegou a figurar na primeira división española masculina.

Ademais, Manuel Muñiz foi profesor da Banda Municipal de Santiago.

Honras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cancio, Miguel. "A la memoria de Manuel Muñiz". El Correo gallego. Consultado o 15 de maio de 2018. 
  2. https://www.rememori.com. "Esquela online de José Manuel Muñiz Tubío fallecido en Santiago de Compostela #DEP". www.rememori.com (en castelán). Consultado o 2018-05-15. 
  3. "Boiro recordó al músico Manuel Muñiz". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-12-09. Consultado o 2018-05-15. 
  4. "Fallece José Manuel Muñiz, director de la Orquesta Compostela". La Voz de Galicia (en castelán). 2011-07-30. Consultado o 2018-05-15.