Saltar ao contido

Bernardo Xosé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBernardo Xosé
Biografía
Nacementooutubro de 1947 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Bouzas, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantautor Editar o valor en Wikidata

BNE: XX855390 Discogs: 3567973 Editar o valor en Wikidata

Bernardo Xosé Rodríguez Ortiz, coñecido como Bernardo Xosé, nado en Bouzas (Vigo) en outubro de 1947, é un músico e cantante galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Alternou os estudos coa asistencia ao Conservatorio de Vigo onde cursou dou anos de solfexo e un de piano. Organizou un conxunto de música pop que durou moi pouco e despois montou o grupo Herva Nova, que interpretaba temas galegos. Despois converteuse en cantante solista facendo a súa presentación no Festival da nova canción galega organizado polos alumnos da Escola de Comercio de Vigo. Marchou a Madrid e interveu en programas radiofónicos e en Música 3 de TVE. Musicou poemas de Rosalía de Castro, Juan Ramón Jiménez e Gustavo Adolfo Bécquer e tamén creou temas propios.[1] Debutou como cantante no Festival de Benidorm de 1972 con letra de Pedro Rodríguez e música de Aniano Alcaide, onde obtivo o premio á mellor letra. Posteriormente integrouse no grupo A Roda.

  1. "Bernardo Xosé. Maestro y cantante", La Voz de Galicia, 22-11-1970, p. 23.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]